palla
(
-
-
s
f
Cana do trigo, do orxo e doutras poáceas, seca e separada do gran.
Ex: Uns mallaban o centeo e outros ataban a palla. Recolleron o millo e deixaron a palla.
-
s
f
Conxunto de talos de poáceas despois de mallalos.
Ex: Colocou as mazás nunha cama de palla.
-
palla centea
Palla de centeo.
-
palla colma
Palla de centeo ou de trigo.
-
palla milla
Palla de millo.
-
palla paínza
Palla de paínzo.
-
palla restreba
Palla que queda despois de segar o trigo e o centeo.
-
palla triga
Palla do trigo.
-
palla triga
Comida que se dá ás vacas que acaban de parir.
-
s
f
-
s
f
Cana de vidro ou plástico, de aproximadamente un palmo de longo, que se usa para chuchar bebidas.
Ex: Bebeu o refresco por unha palla.
-
s
f
Aquilo que resulta superfluo ou de pouca importancia nalgunha cousa.
Ex: Subliña o importante do texto, a palla podes riscala.
-
s
f
Acción e efecto de masturbar ou marturbarse.
-
palla real
[PLANTA]
Planta herbácea perenne, de ata 2,5 m de altura, que presenta rizomas reptantes, follas planas, longas e que envaíñan o talo, e flores unisexuais agrupadas en espigas, as masculinas de cor amarela e as femininas de cor acastañada, estas nunha mata de pelos suaves. Florece entre maio e agosto en charcas e marxes de lagoas de toda Galicia. As canas utilízanse para facer foguetes.
Frases feitas
-
Estar nas pallas. Ser moi pobre.
-
Estar máis seco ca as pallas/Estar seco coma as pallas. Estar moi delgado.
-
Non lle caber unha palla polo cu. Estar moi orgulloso e fachendoso.
-
Non mover unha palla. Non facer nada.
Refráns
- De palleiro que se queima faíscas saen.
- Palla triga fai medida.