palladianismo

palladianismo

(< antropónimo A. Palladio)

s m [ARTE]

Rexurdimento do estilo de A. Palladio que se produciu durante os ss XVII e XVIII en Italia, Francia e Inglaterra. O palladianismo inglés iniciouno a principios do s XVII I. Jones e continuárono, entre outros, W. Chambers e sobre todo Colin Campbell, quen publicou Vitruvius Britannicus (1715-1717) e construíu o Mereworth Castle de Kent (1723) e Richard Boyle, conde de Birlington, que axudou á publicación de diversas obras. En Italia desenvolveuse no Veneto.

Palabras veciñas

palla | pallabarro | Palladas | palladianismo | Palladio, Andrea | pallal | pallar