"Bo" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 4083.

  • Nome co que tamén é coñecido o Océano Ártico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fase climática holocena que se desenvolve entre 8700-8000 BP. Caracterízase por un clima cálido e seco que favorece o desenvolvemento do piñeiro primeiro e das abeleiras despois.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ento do norte.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Deus do vento do norte. Divindade alada que, segundo a mitoloxía grega, era fillo de Astreo e de Eos (a Aurora). Represéntase como un vello vestido cunha túnica flotante.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome que reciben os peixes fósiles do xénero Boreaspis.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de peixes fósiles da orde dos osteostráceos, de principios do Devónico. Acadaban ata 13 cm de lonxitude, tiñan o rostro alongado e presentaban coirazas frontais triangulares e longas protuberancias óseas aos lados da cabeza.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor romántico. Atacou as institucións vixentes con Champavert (1833) e Madame Putiphar (1839).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calquera conxunto que poida ser obtido a partir dunha colección numerable de conxuntos abertos ou pechados na recta real mediante unha serie numerable de operacións de unión, de intersección ou de compleción.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Matemático, epistemólogo e político francés. Profesor na Universidade da Sorbonne e na École Normale Supérieure de París a partir de 1903, director do Institut Henri Poincaré (1927) e membro da Académie des Sciences dende 1921. Formulou a base da moderna teoría da integración. Fundador dunha Collection de monographies sur la théorie des fonctions (Colección de monografías sobre a teoría das funcións, 1898), deu fundamento á integral de Lebesgue ao conseguir estender a noción de medida nos conxuntos, e obtivo a existencia de funcións monóxenas non analíticas. O Traité du calcul des probabilités et de ses applications (Tratado do cálculo de probabilidades e as súas aplicacións, 1925) introduciu novas nocións no cálculo de probabilidades e defendeu o empirismo matemático. Foi deputado socialista por Avairon (1924) e ministro de Mariña en dous gabinetes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nun espazo topolóxico E, tribo xerada polos abertos de E. Na recta real R, tribo xerada por todos os intervalos abertos de R. Tamén se coñece como tribo boreliana ou σ -álxebra de Bole.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Teorema referente á intersección E dunha infinidade numerable de sucesos Ei, de probabilidades respectivas Pi, que establece que se a serie ΣPi converxe, a probabilidade que se realice unha infinidade destes sucesos Ei é nula. Se, ademais, estes sucesos son independentes dous a dous, a converxencia da serie é non só suficiente, senón tamén necesaria.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Propiedade dun espazo topolóxico E que se satisfai cando de todo recubrimento aberto de E se pode extraer un sobrecubrimento finito. Un espazo topolóxico que satisface o axioma de Borel-Lebesgue denomínase espacio case-compacto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Teorema nun espazo de norma definida e dimensión finita E, os intervalos pechados fixos son as partes compactas de E. Así, na recta real R, os compactos son as unións finitas de intervalos pechados.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Cotobade baixo a advocación de san Martiño.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe oriúnda dos arredores de Santiago de Compostela. Ao pasar a Castela, empregaron a forma Borilla. Outra forma que adoitan empregar é Borella. As súas armas levan, en campo de goles, cinco barras de sinople, perfiladas de ouro.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Borel ou a un ente matemático que leva o seu nome.

    2. Elemento dunha tribo de Borel ou, ás veces, a tribo propiamente dita.

    3. Aplicación entre dous espacios topolóxicos X e Y, de tal xeito que a antiimaxe dun boreliano de Y é un boreliano de X.

    4. Espacio que se pode medir.

    5. Tribo de Borel.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Matemático, físico e médico. Condiscípulo de Torricelli, profesor de Matemáticas en Messina e en Pisa, creou, en Medicina, a escola iatromecánica. Na súa obra fundamental De motu animalium (Sobre o movemento dos animais, 1680-1681), intentou por primeira vez aplicar métodos matemáticos ao estudo dos problemas da mecánica do movemento dos animais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma prefixada de orixe grega que significa ‘setentrional’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ártico-alpino.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Rexión boreal do Mediterráneo.

    2. Provincia boreal da rexión mediterránea que corresponde sobre todo ao dominio climático dos aciñeirais.

    VER O DETALLE DO TERMO