"CIO" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 4772.
-
-
Acción e efecto de delimitar.
-
-
Conxunto de accións derivadas da facultade que teñen os propietarios para clarificar os límites dos seus terreos cos limítrofes dos seus veciños.
-
delimitación administrativa
Procedemento mediante o que a Administración pública determina os límites do dominio público ou privado. Esta actuación só establece estes límites, pero non resolve problemas de propiedade.
-
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción de delinear.
-
-
Acción e efecto de demarcar, de fixar un límite.
-
Terreo demarcado.
-
Liña de separación, natural ou convencional, entre dous ou máis territorios. Considérase natural se o trazado se adapta aos principais accidentes do relevo. Pode referirse ás fronteiras entre os estados ou ben ás divisións ou subdivisións dentro do propio Estado. Ademais destas demarcacións de tipo político, pódense trazar, sobre a base destas, outras como as eclesiásticas, as militares, as sanitarias ou as universitarias.
-
Parte do terreo de xogo que se lle asigna a cada xogador nos deportes de oposición.
-
-
PUBLICACIÓNS
Publicación en castelán aparecida en febreiro de 1990 en Vilagarcía de Arousa co subtítulo de “Periódico mensual de temas empresariales”. Editouno a Cámara Oficial de Comercio, Industria y Navegación de Vilagarcía de Arousa. Coordinada por Lucrecia Maldonado, contaba cun consello editorial formado por José A. Gago, Luis Jueguen e José M. Siso, e cun consello de redacción nos que figuraban Pablo Vioque e Ignacio García Sánchez. Dividiuse nas seccións: “Editorial”, “Energía”, “Tribunales”, “Opinión”, “Navegación”, “Comarcas” e “Legislación”.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Acción de democratizar.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Proceso de extraer a información dunha onda portadora que se modificou para permitir a transmisión.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción de demoler.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de demonizar.
-
-
Acción de demostrar.
-
Argumento ou cousa que demostra a veracidade de algo.
-
Exhibición de algo, especialmente habilidades físicas, funcionamento de obxectos, etc.
-
Razoamento polo que se reducen a verdades evidentes ou xa demostradas, mediante a aplicación dunhas determinadas regras lóxicas, proposicións que non teñen un fundamento claro. Calquera cadea de demostracións debe partir dun conxunto finito de premisas non demostrables ou axiomas. A análise exhaustiva dos procedementos de demostración débese a Aristóteles, quen definiu o termo como aquela forma especial de siloxismo polo que se deduce unha conclusión a partir de principios verdadeiros, evidentes e indemostrables en si mesmos. A escolástica adheriuse ao esquema aristotélico, que consideraba a demostración un proceso superior, e elaboraba unha clasificación da mesma: propter quid, ad intellectum, ad sensum, a priori e a posteriori. Na época moderna propuxéronse varios tipos de demostración, que se poden reducir a dous grupos: un de carácter empirista e outro de carácter racionalista. Ao longo do s XX formuláronse diversas formas de demostración,...
-
-
-
Acción de denegar.
-
Termo introducido por Anne Übersfeld nos estudios dramáticos para denominar unha das características fundamentais da comunicación teatral. Ten a súa orixe no eido da psicanálise, nas teorías de Sigmund Freud e Octave Mannoni. A base do concepto reside en que o receptor dunha peza teatral considera que a mensaxe que se lle transmite é unha fición, ou sexa, que non é verdadeira. Os obxectos e seres dunha representación teatral existen sobre o escenario pero non pertencen ao mundo e sonlles negados ao espectador. Este rexeitamento do seu estatuto de realidade é a clave do pracer da mímese, isto é, o espectáculo discorre como se fose verdade, pero o espectador sabe que non o é.
-
Delito que comete o funcionario público que, requirido por unha autoridade ou por un particular para prestar a axuda á que está obrigado polo seu cargo, se abstén de facelo sen causa xustificada.
-
Decisión do xuíz ou tribunal de non admitir a proba proposta polas partes, xa sexa por non efectuar a petición no momento procesual oportuno ou ben pola impertinencia da proba proposta.
-
Actitude contraria aos deberes que as leis procesuais impoñen a xuíces e maxistrados respecto dos prazos, termos e límites procesuais dos procedementos xudiciais. Estes incumprimentos fanos incorrer no delito de denegación de xustiza ou no de restrición de xustiza.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción de denigrar.
-
-
Acción e efecto de denominar.
-
designación.
-
Lugar ou área de fabricación, elaboración ou extracción dun determinado produto. As denominacións de orixe están controladas pola Inspección Xeral de Denominacións de Orixe, adscritas ao Rexistro de Propiedade Industrial. Cando se rexistra constitúe unha marca colectiva. En Galicia existen oito denominacións de orixe, sete referidas a producións específicas. Das denominacións específicas, dúas posúen relación con producións derivadas do gando bovino (Ternera Gallega e Queixo de Tetilla) e cinco refírense ao viño (Monterrei, Rías Baixas, Ribeira Sacra, Ribeiro e Valdeorras). Aínda que a denominación protexida por excelencia é a Denominación de Orixe, a Administración ampara outras figuras que teñen unha funcionalidade similar (protección da denominación e da tipicidade, fomento da súa produción e industrialización -segundo unhas normas que garanten un nivel de calidade que verifica o órgano rector-, promoción do produto no mercado e garantía de orixe). Na Denominación Específica e na Denominación...
-
-
-
Acción e efecto de denotar.
-
Tipo de significado dunha unidade lingüística, normalmente a palabra, que ten como espello o termo connotación. Forman a denotación todos aqueles aspectos semánticos que pertencen ao mundo real ou a un mundo ficticio ou posible. Por exemplo, a denotación de rato, en galego, inclúe ‘mamífero roedor’, ‘de cor gris ou parda’, ‘con rabo’ e ‘vive nas casas ou no campo’, mentres que formarían parte da connotación ‘noxento’, ‘daniño’ ou ‘propagador de pragas’. A denotación pode opoñerse á designación: mentres na denotación o concepto remite á clase dos obxectos, na designación remite a un obxecto illado (ou a un grupo de obxectos) que forma parte do conxunto. Por exemplo, no signo lingüístico casa, a denotación estaría constituída pola clase das casas existentes que existiron ou poderían existir, mentres que esa casa ou as dúas casas constituirían a designación do signo casa no discurso. O concepto foi introducido polo pensador inglés Stuart Mill en...
-
-
-
Acción e efecto de densificar.
-
Proceso de concentración da poboación dentro dunha área urbana. Orixinouse no s XVIII coa industrialización, que impulsou a emigración cara á cidade.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Proceso polo que unha articulación non dental se volve dental ou adquire esta pronuncia por influencia doutra articulación dental veciña (por exemplo, o n de diante [di’ãn9te]).
-
-
Conxunto dos fenómenos de formación e erupción dos dentes. Nos humanos e nos mamíferos, en xeral, prodúcense dúas denticións: a primeira, decidua ou de leite, e a segunda, permanente ou definitiva.
-
Conxunto dos dentes dun vertebrado, que se define polo tipo, número e disposición destes.
-
-
-
Acción e efecto de denudar ou denudarse.
-
Conxunto de procesos que determinan a degradación da superficie terrestre.
-
Acción e efecto de perder as follas, os pelos ou calquera outra estrutura vexetal.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Proceso de abertura dos botóns florais.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de depilar ou de depilarse.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Diminución da cantidade dun fluído, especialmente do sangue, contido nun organismo ou nun órgano.