demostración
(
-
s
f
Acción de demostrar.
Ex: Fixo unha demostración da súa paciencia ante unha audiencia exaltada.
-
s
f
Argumento ou cousa que demostra a veracidade de algo.
Ex: As súas palabras son a demostración evidente do noso acerto. A axuda que lles presta ós pobres é unha demostración de cooperación.
Confrontacións: mostra, proba. -
s
f
Exhibición de algo, especialmente habilidades físicas, funcionamento de obxectos, etc.
Ex: Diante de todos fixo unha demostración de forza que foi espectacular.
-
s
f
[FILOS]
Razoamento polo que se reducen a verdades evidentes ou xa demostradas, mediante a aplicación dunhas determinadas regras lóxicas, proposicións que non teñen un fundamento claro. Calquera cadea de demostracións debe partir dun conxunto finito de premisas non demostrables ou axiomas. A análise exhaustiva dos procedementos de demostración débese a Aristóteles, quen definiu o termo como aquela forma especial de siloxismo polo que se deduce unha conclusión a partir de principios verdadeiros, evidentes e indemostrables en si mesmos. A escolástica adheriuse ao esquema aristotélico, que consideraba a demostración un proceso superior, e elaboraba unha clasificación da mesma: propter quid, ad intellectum, ad sensum, a priori e a posteriori. Na época moderna propuxéronse varios tipos de demostración, que se poden reducir a dous grupos: un de carácter empirista e outro de carácter racionalista. Ao longo do s XX formuláronse diversas formas de demostración, unhas recollen as posicións clásicas e outras fundaméntanse na teoría pragmática da proba. As modernas análises da demostración dependen da importancia do papel do suxeito na aceptación dunha proposición como demostrada ou non demostrada e da valoración do empírico, fundamentándose na análise dos conceptos, ou do formal, analizando o proceso da proba.