mostra
(< mostrar)
-
s
f
-
Porción ou unidade dalgunha cousa, especialmente dunha mercadoría, que se mostra para facer coñecer a súa calidade.
-
[ECON]
Signo convencional que se pon nunha tenda para indicar aquilo que se vende.
-
[MAT]
Porción finita dunha poboación que é utilizada para extrapolar conclusións sobre diversas características da poboación total. En xeral, a elección dunha mostra estatística é levada a cabo con bases aleatorias. Ao medir unha característica nunha mostra obtéñense os valores da mostra ou distribución empírica da mostra, da que se extraen os parámetros estatísticos esenciais, como a media ou a varianza, entre outras, que son os que permiten extraer conclusións. A elección de mostras dá lugar á teoría da mostraxe estatística, que achega as condicións para garantir a representatividade das mostras e as ferramentas matemáticas que hai que utilizar para extraer conclusións.
-
[FÍS/QUÍM/TECNOL]
Anaco ou pequena cantidade dun material que se utiliza para analizalo ou determinar as súas propiedades.
-
-
s
f
Exposición pública de obxectos ou produtos.
Ex: Veñen de visitar a feira de mostras.
-
s
f
Cousa que se emprega como exemplo ou modelo para un traballo, en especial o modelo caligráfico que os nenos copian para aprender a escribir.
-
s
f
Acción e efecto de mostrar.
Ex: Fixeron unha mostra do seu funcionamento.
Sinónimos: demostración. -
s
f
Demostración ou proba de algo.
Ex: Non había mostras de que se quixesen reconciliar.
Confrontacións: indicio, sinal, síntoma.