indicio

indicio

(

  1. s m

    Signo que permite inferir a existencia de algo que non se coñece.

    Ex: A enerxía que ten é indicio de que se vai recuperar.

    Confrontacións: mostra, proba, sinal, síntoma.
  2. s m

    Manifestación dunha pequena cantidade de algo.

    Ex: Encontraron indicios de seme no corpo.

Refráns

  • A bodega cheira ao viña que ten.
  • Allos mallan: ben comerán -dixo o gato ao pe do lar.
  • Cada cuba cheira ao viña que lle botan/que ten.
  • Cada un coñécese palas súas obras.
  • Cando a pita cacarexa, algo sente ou algo quere.
  • Cando a tixela roxe, é que hai guisote.
  • Cando as pedras do Xalo choran, auga ventan.
  • Cando canta a tixola, sinal de que hai encherola.
  • Cando está o pelexo á porta, sinal de que a burra está morta.
  • Cando non se sente o mal, é mal sinal.
  • Cando o arrieiro vende a bota, ou sabe ao pez ou é que está rota.
  • Casa varrida e mesa posta hóspedes agarda.
  • Como come a besta, dío a bosta.
  • Corvos veñen, preada hai.
  • De pequeno verás o boi que terás.
  • En pan cortar e viño botar ben vexo quen me quere ben e quen me quere mal.
  • En pan partir e viño botar saberás quen che quere ben e quen che quere mal.
  • Galo que non canta, algo ten na gorxa.
  • O boi que terás, de tenreiro o verás.
  • O can, pola caste; e o novelo, polo fío.
  • O fume descobre onde está o lume.
  • Onde hai fume, hai lume.
  • Onde non hai lume non sae polo tellado fume.
  • Onde non hai lume non se levanta fume.
  • Onde roxe a tixela, ou parida ou larpadela.
  • Ou o can mente ou vén xente.
  • Polo canto coñécese o paxaro.
  • Polo fío sácase o novelo.
  • Quen moito se confesa, será porque moito peca.
  • Vós que arrotades é porque fartos estades.

Palabras veciñas

indiciar | indiciario -ria | indicible | indicio | indición | 1 índico -ca | 2 índico -ca