"Est" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2747.

    1. Atar ou soster algo cun estrobo.

    2. Poñer ás vacas pouco mansas un torniquete nunha pata.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Proceso de reprodución de moitas especies polizoicas nas que se diferencian novos proglótides na parte anterior dos animais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ten forma de estróbilo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Infrutescencia formada por un eixe leñoso arredor do que se dispoñen, en ciclo ou helicoidalmente, brácteas protectoras que levan no seu interior escamas seminíferas que soportan de 1 a 9 rudimentos seminais, chamándose cono o dos piñeiros e galbulo o do xanebreiro, que é esferoidal, carnoso e indehiscente.

    2. Conxunto de esporofilos das equisetais e das licopodiais.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Anel formado por un anaco de cabo encapelado ao tolete dunha embarcación que, envolvendo a punta do remo, serve como ligadura para suxeitalo; esta faena, ademais de actuar como punto de apoio, facilita a acción de bogar.

    2. Lazo que vai no centro do xugo dos bois e que serve para suxeitalo ao temon do carro ou do arado por medio da chavella.

    3. Aro ou lazo feito dunha corda ou dunha póla verde retorta que suxeita a cancela ao posto en que se apoia para xirar.

    4. Pao ou madeiro en que descansan diferentes obxectos ou pezas.

    5. Lazo de corda ou de varas que se emprega para suxeitar ou amarrar distintos aparellos.

    6. Anaco de cabo unido polos chicotes que se emprega en diferentes faenas marítimas, especialmente para supender os obxectos pesados que se queren embarcar ou desembarcar.

    7. Espeque ou puntal para soster a tapa dunha arca cando se abre.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Procedemento de observación e estudo de movementos periódicos moi rápidos, como vibracións ou rotacións. O seu fundamento, explicado por J. Plateau en 1836, baséase no feito de que o ollo pode apreciar unha serie de imaxes intermitentes dunha frecuencia determinada, pero non pode reter o movemento excesivamente rápido. Desta maneira, o obxecto en movemento aparece como se estivese parado. Estas series de imaxes obtéñense por medio do estroboscopio.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao estroboscopio ou á estroboscopia.

    2. Efecto que consiste nunha modificación aparente do movemento real dun obxecto cando se ilumina mediante unha luz intermitente de frecuencia apropiada. É o fundamento do estroboscopio e da estroboscopia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aparato que se emprega en estroboscopia e que produce unha serie de imaxes intermitentes a partir dun movemento periódico, obstruíndo intermitentemente a visión do obxecto ou ben iluminándoo instantánea e periodicamente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tetrodo con atmosfera de gas que produce resplandores de luz a un ritmo controlable pola frecuencia dunha corrente alterna aplicada. Emprégase no estroboscopio electrónico.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Grupo de versos que constitúe un período rítmico e que adopta denominacións diversas, segundo o número de versos que o integren e a combinación das súas rimas.

    2. Primeira parte do canto lírico, no coro da traxedia grega, constituída por versos de métrica diversa, que vai seguida dunha antístrofa exactamente igual e que se executa de dereita a esquerda. Cada conxunto dunha estrofa e mais unha antístofra vai, á súa vez, seguido por unha estrofa simple denominada épodo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Mestura de glicósidos que se obtén a partir das sementes de arbustos do xénero Strophanthus, co 19% de α-glicosa, o 19% de β-glicosa, o 15% de cimarosa e o 47% de estrofantidina. Soluble en auga e alcohol, emprégase en medicina como cardiotónico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Arbusto de follas coriáceas e flores azuis, de orixe africana, empregado por diversos pobos sudafricanos para envelenar as frechas coas que cazan os elefantes, e que serve na medicina moderna como tónico cardíaco.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á estrofa.

    2. Que se divide en estrofas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Curva plana, cúbica circular da ecuación cartesiana y2(a-x)=x2(a+x), onde a>0. A orixe é un punto dobre. A ecuación en coordenadas polares é r=-acos2 ϴ /cos ϴ . A liña x=a é unha asíntota.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Masa compacta que se forma pola aglomeración de hifas, frecuente nos ascomicetos e nos basidiomicetos, sobre a que se forman esporas ou esporocarpos.

      2. Substancia que enche a cavidade interna do cloroplasto. É unha disolución de sales minerais e proteínas (sobre todo enzimas) en auga, que contén tamén grans de amidón, ribosomas, ADN, ARN ou glóbulos osmiófilos.

      1. Tecido conxuntivo que forma a substancia fundamental ou matriz dun órgano.

      2. Capa superficial, especialmente a parte externa dos ovarios, cuberta polos ovisacos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Impulso sexual esaxerado. No caso das mulleres recibe o nome específico de ninfomanía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Rochas laminadas, de orixe microbiana, formadas pola acumulación de capas constituídas por interacción entre procesos orgánicos e sedimentarios. A parte biolóxica prodúcena microorganismos, procariotas filamentosos e fotoautótrofos as máis das veces cianobacterias, que segregan unha mucilaxe composta principalmente por carbohidratos que aglomera as células formando tapetes microbianos. A parte inorgánica procede da captación de sedimentos, por parte do mucílago, procedentes de partículas arrastradas por correntes ou por precipitación química de carbonato cálcico. Estas estruturas medran moi lentamente, un milímetro por ano. Mentres que as primeiras capas son brandas, segundo se avanza en profundidade, localízanse materiais máis endurecidos. Os estromatolitos precisan dunha boa luminosidade, ademais dunha alta concentración de sales e nutrientes para desenvolverse. Comezaron a ser frecuentes hai uns 3.000 millóns de anos acadando o máximo hai 2.300 millóns de anos. A proliferación dos estromatolitos...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ao volcán que se caracteriza por frecuentes erupcións explosivas. Ten unha lava pouco fluída que orixina cotras que, periodicamente, se fragmentan polos gases acumulados debaixo deste. O cono está formado por capas alternas de lava e de materiais piroclásticos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Hormona pertencente ao grupo dos estróxenos, considerada unha das principais, é a responsable da proliferación da mucosa uterina e intervén no ciclo menstrual, xuntamente coa proxesterona e outras hormonas da hipófise. Prodúcese no organismo por oxidación do estradiol.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Forquiña grande que se emprega para levantar pesos, sobre todo as varas e os remos das embarcacións.

    2. Parte do aparello que se emprega na pesca do polbo.

    3. Anzol grande para pescar congros con liña.

    4. Cordel cunha pedra atada no extremo e un nó corredizo que se fai escorregar pola liña; serve para cortar a liña polo medio dun tirón co fin de salvar a maior parte dela cando o anzol está prendido.

    VER O DETALLE DO TERMO