estroboscópico -ca
estroboscópico -ca
(
-
adx
Relativo ou pertencente ao estroboscopio ou á estroboscopia.
-
efecto estroboscópico
[FÍS/TECNOL]
Efecto que consiste nunha modificación aparente do movemento real dun obxecto cando se ilumina mediante unha luz intermitente de frecuencia apropiada. É o fundamento do estroboscopio e da estroboscopia.