"Fer" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2007.

  • GALICIA

    Político e xurista. Membro de Esquerda Galega desde a súa fundación, foi deputado por Pontevedra no Parlamento de Galicia na II lexislatura polo Partido Socialista Galego-Esquerda Galega (1985-1989).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor e xornalista. Emigrou a México e alí comezou a súa actividade literaria e xornalística. Entre as súas obras destacan Se adoraban (1924), El hombre que no encuentra mujer (1925) e Ella tuvo la culpa (1928).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Futbolista. Foi xogador do R.C. Celta de Vigo, do Real Valladolid, do C.E. Sabadell e chegou a ser internacional absoluto en 1970. Xogou na selección europea na homenaxe a Columna en Lisboa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor e historiador da arte. Doutor en Belas Artes pola Universidade de Vigo, foi crítico da arte en diversas publicacións. Escribiu Camilo Nogueira (1904-1982) (1996) e A pintura galega (1850-1950). Escola, Contextualización e Modernidade (1998).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor, fillo de Vicente Martínez-Risco Agüero. Desenvolveu unha importante actividade como crítico literario e como docente en diversas universidades de Francia, EE UU e Canadá. Dos seus estudios literarios cómpre salientar A figuración literaria (1991) e Antoloxía da literatura fantástica en lingua galega (1991). No apartado da súa produción literaria, que se caracterizou polo xogo entre fantasía e realidade en relatos cheos de condicionantes teóricos, destacan Memorias dun emigrante (1987, Premio de la Crítica Española), Xogo de gardas e ladróns (1989), O caso (1989), As metamorfoses de Proteo (1989, Premio da Crítica Galicia 1990), Tres situacións elementais (1991), A noite de sábado (1991), Margarida d Ouridac (1993), Hipogrifo (1994) e Os fillos do río (1997), coa que foi finalista do Premio Torrente Ballester. Postumamente publicouse a súa obra O embrión (2002).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Copista. Capelán do cabaleiro Fernán Pérez de Andrade, copiou en galego, tomando como referencia unha copia castelá, a Crónica Troiana. Este códice formou parte, durante moitos anos, da biblioteca do marqués de Santillana, para pasar logo a mans dos duques do Infantado e posteriormente á Biblioteca Nacional.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Médico. Foi o fundador e director da revista Angiología (1949), especializada en cirurxía vascular. Entre as súas obras destacan Tromboflebitis de los miembros inferiores (1943), Úlcera hipertensiva (1953) e o tratado Angiología. Enfermedades vasculares (1967).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Químico. Foi reitor da Universidade de Santiago de Compostela (1972-1974) e publicou numerosos artigos científicos relacionados coa química en revistas. Recibiu a Gran Cruz de Alfonso X el Sabio e a Gran Cruz al Mérito Militar con distintivo branco.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antiga fortaleza situada en Ferreira de Pantón (Pantón). Vinculado aos Arias de Masid e aos condes de Lemos, construíuse no s XI. Foi derrubado durante as Guerras Irmandiñas (s XV). No s XIX restaurouno Xoaquín Arias Sanjurjo. A torre da homenaxe é de planta cadrada e ten dúas portas de arco semicircular cos tímpanos apoiados sobre ménsulas con decoración escultórica. Consérvase parte do muro de peche que o circundaba. O muro e a torre están coroados por ameas. Na fachada conserva unha ventá plateresca datada no s XVI. Foi declarado Ben de Interese Cultural en 1994.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Historiador e escritor. Doutor en Historia pola Universidad de Madrid, foi alcalde de Mondoñedo e deputado provincial. Das súas obras destacan Breve guía histórico-artística de Mondoñedo (1975), Manoel Ledo Bermúdez, o pallarego (1991) e Historia de Mondoñedo: desde sus orígenes hasta 1833, en que dejó de ser capital de provincia (1994). Foi nomeado académico correspondente da Real Academia de la Historia e, en 2001, cronista oficial de Mondoñedo. Recibiu a Cruz da Orden Civil de Alfonso X el Sabio en 1960.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintora. Vinculada ao grupo Atlántica nos seus comezos, empregou unha estética neoexpresionista cun tratamento primario da cor e unha exaltación cromática para manifestar a brutalidade do ser humano animalizado. Indagou na condición bestial do home a través do retrato e evolucionou cara a composicións simbólicas cun atenuamento da cor. Nas súas obras destacan os motivos animais, sobre todo os cans, aínda que a partir da década de 1990 se interesou polas impresións dixitais. Da súa obra destacan Mans ávidas (1986) e O comedor de terra (1987-1988), e o libro Repertorio (no clasificado) de amores que dejan huella (1997).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor húngaro. Estudiou pintura e escultura en París, onde acadou un estilo baseado en formas macizas para composición pechada. Da súa obra destacan as esculturas O pensador gordo (1911) e Muller fregando (1913), os relevos Fuxitivos (1909) e Bailaríns (1912), e numerosos monumentos fúnebres.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Burgos, Castela e León, bañado polo río Pisuerga (1.948 h [2001]). Destaca a agricultura de regadío con cultivos de remolacha azucreira, hortalizas e forraxe.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que leva ou ten mel.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e empresario. Iniciou a súa carreira política como alcalde de Maceió (1979). En 1982 foi elixido deputado federal polo partido socialdemócrata e posteriormente foi gobernador do estado de Alagoas (1986-1989). En 1989 creou o Partido da Reconstrução Nacional (PRN), polo que foi elixido presidente da República de Brasil (1990). Cun programa neoliberal, o “Plan Mello”, iniciou o seu mandato implantando un drástico plan de reaxuste económico para controlar a inflación, pero tivo que dimitir polas acusacións de corrupción e tráfico de influencias en decembro de 1992. Dirixiu o xornal Gazeta de Alagoa e presidiu o grupo empresarial da familia, que controla negocios editoriais e audiovisuais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (Ourense 7.9.1938) Escritor e profesor. Doutor en Filoloxía e catedrático de Literatura Galega de Ensino Medio, colaborou en diversas iniciativas políticas e culturais da sociedade galega, como o grupo Brais Pinto, creado en 1957 en Madrid, ou as Redes Escarlata, establecidas en 2001. Participou na fundación da UPG e avanzou nun activismo político marxista que lle levou tamén a intervir na formación da ANPG, a UPG liña proletaria, o PGP e Galicia Ceibe. Fundador e director da revista A Trabe de Ouro, colaborou xa desde moi novo en diversas publicacións periódicas, como Alba, Faro de Vigo, Litoral, La Noche, La Trinchera e Vieiros. Moitas das súas composicións poéticas, narracións e artigos xornalísticos foron asinados cos heterónimos de Heriberto Bens, Laín Feixóo ou Dosinda Areses. O conxunto da súa obra, practicamente marcada pola súa ideoloxía e o seu activismo político, abrangue unha multiplicidade de temas, espacios e circunstancias dunha enorme riqueza literaria...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar e político, terceiro marqués de Leganés, marqués de Mairena e de Morata de la Vega e cuarto duque de Sanlúcar la Mayor. Comendador maior na orde de Santiago, foi lugartenente de València (1667-1669), de Catalunya (1678 e 1685-1688) e gobernador de Milán (1691-1698). Responsable da caída do ministro Oropesa, mostrouse partidario de Carlos de Austria como sucesor de Carlos II. Filipe V condenouno á cadea durante a Guerra de Sucesión Española (1705), ao descubrir que facilitara información ás forzas de Carlos de Austria.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Capa da Terra que se sitúa entre a astenosfera e o centro do planeta.

    2. Capa da atmosfera da Terra que se estende entre os 40 e os 80 km de altitude e que se caracteriza pola ausencia de vapor de auga, pola rarefacción do aire e pola presenza de ozono. Aos 55 km hai unha franxa cálida (máis de 100°C), a partir da que as temperaturas empezan a baixar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conferencia internacional que se celebrou o 1 de marzo de 1955 en que participaron os ministros dos sete países pertencentes á Comunidade Europea do Carbón e do Aceiro (CECA). Estableceron as bases para o Tratado de Roma (1957).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que contén metal ou minerais metálicos.

    VER O DETALLE DO TERMO