"ILi" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1725.

    1. Calidade de sociable.

    2. Modo en que se agrupan as especies dunha comunidade vexetal. Os individuos poden estar illados, reunidos en grupos máis ou menos grandes, ou constituíndo unha poboación continua.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Institución benéfica creada en Puerto Rico en 1883 por emigrantes españois, moitos deles galegos. ; Fundouse co propósito de proporcionar asistencia sanitaria aos emigrantes españois.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Propiedade dalgúns materiais de soldarse ou de poder ser soldados con outros da mesma materia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor francés. De nome Philippe Joyaux, deuse a coñecer coa novela de análise Une curieuse solitude (1959). Cultivou tamén o ensaio e recolleu unhas conversas con David Hayman no libro Vision à New York (1981). Tamén destacan as súas obras Le Secret (1993) e Venise Éternelle (1993).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Propiedade dunha substancia de formar unha solución con outra substancia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aumento da solubilidade dunha substancia, a causa da presenza doutra substancia denominada solubilizante ou axente solubilizante. Desde un punto de vista físico, a solubilización ocorre mediante a diminución do coeficiente de actividade da substancia que se quere disolver pola acción do axente solubilizante. Pode ocorrer por varios tipos de interacción entre o axente solubilizante e a substancia que se quere disolver, como a coordinación, o enlace por puntos de hidróxeno, a interacción de dipolos e a formación de complexos. Aplícase na preparación de fármacos co fin de que sexan solubles na auga e de colorantes para conseguir tonalidades máis uniformes, na eliminación dos haloxenuros de prata do papel fotográfico ou na preparación de aceites lubrificantes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase á substancia que se emprega para solubilizar especies insolubles nun medio determinado. OBS: Tamén se denomina axente solubilizante.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Facer soluble algo.

    2. Facer unha solubilización.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Mineral do grupo dos silicatos que se caracterizan pola presenza de grupos tetraédricos dobres independentes, formados por dous tetraedros SiO4 unidos polo vértice e compartindo un osíxeno.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xeógrafo francés. Foi un dos principais expoñentes da xeografía humana no s XX. Colaborou na Geographie Universelle de Vidal de la Blache e escribiu Les Pyrénées méditerranéennes (1913) e Les fondements de la géographie humaine (1943-1952).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Mestre. Trasladouse a Francia e Alemaña para coñecer os novos métodos e procedementos de ensino. Foi inspector de ensino primario en Ávila, e reflectiu as súas experiencias no estranxeiro nos artigos publicados en Faro de Vigo e no seu libro Por la Europa pedagógica (1913).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Músico, escritor e relixioso franciscano. Formado cos mestres Koechlin, Bertelin e Palau, en Tetuán fundou e dirixiu a Coral Polifónica Hispano Arábiga. Das súas composicións destacan Misa de Requiem (Ego Sum), Miserere, Cantares de amanecer e Cantigas Galaicas, con textos de Rosalía de Castro. Publicou Origen de la música marroquí (1957).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor e xornalista. Formou parte do movemento dadá e fundou, con A. Breton e L. Aragon, a revista surrealista Littérature (1919), onde publicou, en colaboración con Breton, Les champs magnetiques (1920). Dos seus libros poéticos destaca Poèmes retrouvés 1918-1981 (1982).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor. Destacou como creador dalgunhas marchas, como Stars and Stripes. Foi o inventor do helicón, tamén coñecido como sousáfono.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Químico e físico alemán. Fixo investigacións sobre a gravidade, os explosivos e a expansión dos líquidos, aínda que é coñecido polos seus estudos sobre o baleiro e por idear unha bomba de baleiro (1856) que se empregou na fabricación de lámpadas eléctricas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor italiano. Coñecido como Cecco d’Ascoli, ensinou astroloxía en Boloña e Florencia, onde foi queimado acusado de herexía. Escribiu o poema alegórico-didáctico Acerba, no que se opuxo a Dante.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político austríaco, conde de Stadion. Ministro de Asuntos Exteriores (1806-1809), declarou a guerra a Francia (1809). Tras a derrota de Wagram e a Paz de Schönbrunn foi substituído por Metternich.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Músico austríaco. Amigo de Haydn e Mozart, do que terminou algunhas das súas obras inacabadas, destacou como organista e compuxo música sagrada e instrumental.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor alemán, fillo de J. W. A. Stamitz. Educado polos compositores da escola de Mannheim, sobresaíu como violinista. Compuxo concertos para clarinete, música de cámara, concertos para piano, sinfonías e un concerto para viola e orquestra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor inglés. Formouse en Gloucester e en París (1882-84), onde descubriu os impresionistas. Cofundador con Sickert do New English Art Club (1886), foi o principal paisaxista inglés do seu tempo. Evolucionou cara a un impresionismo máis persoal (Girls Running, 1894).

    VER O DETALLE DO TERMO