"RC" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2791.

  • Revista mensual editada en Bos Aires a partir de 1917 pola Federación de Sociedades A. I. de la provincia de La Coruña. Subtitulouse “Tribuna independiente” e encargouse da difusión de novas de interese para os emigrantes da provincia da Coruña na capital arxentina.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Grupo editorial fundado na Coruña en 1985 e presidido por Francisco Rodríguez Iglesias. Está formado por Hércules de Edicións en Galicia, Hércules Astur de Ediciones en Asturias, Publicaciones Comunitarias en Andalucía e mais a Fundación Rodríguez Iglesias, establecida en 1997. O seu labor fundamental céntrase na difusión do Proxecto Galicia, conformado por 50 tomos que atenden as áreas de historia, xeografía, cartografía, antropoloxía, literatura, arte e natureza.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Duque de Alençon e de Anjou, quinto fillo de Enrique II de Francia e de Caterina de Medici. Tamén coñecido como Francisco Hércules d’Anjou, converteuse en 1574 en lugartenente xeneral dos exércitos franceses, polo que se enfrontou aos hugonotes nas Guerras de Relixión e aos españois nas Guerras de Flandres.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Faro de orixe romana situado na Coruña. Segundo unha inscrición latina que se atopa preto del, foi construído no s II polo arquitecto lusitano Caio Sevio Lupo de Aeminium (Coimbra) cumprindo un voto. A lenda conta que Hércules cortou a cabeza de Xerión neste lugar, onde levantou un monumento para acoller os seus restos. Remodelada en diversas ocasións, entre outras na encargada polo duque de Uceda ao arquitecto Amaro Antune en 1682, o aspecto exterior é produto da reforma realizada en 1791 polo arquitecto Eustaquio Gianini, pola que presenta unha planta cadrada cunha altura de 68 m. Antes da reforma era un corpo prismático con base cadrada e un muro exterior de pedra con dúas portas na parte baixa e fiestras asimétricas ata o piso superior. No interior conserva a estrutura romana. Para acceder ao faro habería unha rampla helicoidal que puido estar situada no exterior da torre ou ben no interior dela. E. Gianini marcou a rampla con franxas helicoidais que dividen o corpo central en cinco...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á cidade da Coruña ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante da Coruña.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Diplomático e político, conde de Ofalia e marqués de Heredia. En 1832 foi nomeado ministro de Fomento. A finais de 1837 encabezou un goberno moderado que caeu ao ano seguinte. Foi senador pola provincia de Lugo nas lexislaturas 1837-1838 e 1840-1841.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Iniciador dunha herexía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor e investigador. Inspector de educación, director da colección “Narrativa de Onte” da Editorial Galaxia e asesor de Literatura da Enciclopedia Galega Universal (EGU). Estudiou maxisterio en Ourense e Filoloxía Románica nas universidades de Santiago de Compostela e Oviedo. Membro destacado do Círculo Ourensán-Vigués, exerceu como director literario de Ir Indo Edicións. Colaborou en diversas publicacións, como Boletín galego de literatura, Dorna, Faro de Vigo e Grial. Coñecedor e estudoso da obra de Rosalía de Castro, Castelao, Celso Emilio Ferreiro e da narrativa do Rexurdimento, publicou diversos artigos especializados e os libros Castelao e Os dous de sempre (1980) e Castelao para nenos (1988). Reflectiu as súas investigacións no campo da prensa periódica en As revistas literarias en Galicia na Segunda República (1987). Participou nos proxectos de Lingua Galega 6 (1981) e Lingua Galega 8 (1984) para SM Ediciones....

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase á aleta caudal integrada por dous lobos desiguais, un dorsal ou superior, sostido pola columna vertebral, e un ventral, moito máis pequeno, sostido polos raios córneos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa que ocupa un lugar de autoridade na xerarquía dunha organización, especialmente referido á Igrexa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Fisiólogo inglés. Estudiou, a partir de 1910, a condución nerviosa, a transmisión neuromuscular e os fenómenos fisiolóxicos, bioquímicos e biofísicos relacionados. En 1922 recibiu o Premio Nobel de Fisioloxía e Medicina, que compartiu con Otto Meyerhof, polas súas achegas ao coñecemento da actividade muscular.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xeneral de cabalería na antiga Grecia, que se ocupaba de recrutar e instruír os xinetes. En Atenas había dous hiparcas elixidos para un período dun ano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Tirano de Atenas. Gobernou xunto co seu irmán Hipias (527 a C - 514 a C). Ordenou a recompilación dos poemas homéricos e fundou a biblioteca de Atenas. Foi asasinado por Harmodio e Aristoxiton.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Astrónomo grego. Entre 161 e 127 a C fixo en Rodas a maioría das súas observacións científicas, das que destacan o cálculo do ano solar en 365 días e 6 horas e a redacción do primeiro catálogo de estrelas. Atribúeselle a invención do astrolabio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Exceso de calcio no sangue.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Exceso de potasio no sangue.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Exceso de anhídrido carbónico no sangue.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Magnitude física dos barións, igual á suma do número bariónico e a estrañeza: Y=B+S. É unha carga que se conserva, exclusivamente, nas interaccións fortes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Motilidade excesiva.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aumento excesivo da concentración de ácido clorhídrico no zume gástrico.

    VER O DETALLE DO TERMO