"RM" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 2589.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que ten forma de lágrima.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que é semellante ao leite.
-
PERSOEIRO
Pintor. Formouse na escola de debuxo de Molenbeck e na Académie Royale des Beaux-Arts de Bruxelas. Expuso por primeira vez no Cerlce Voorwaarts en 1891. Enfermo desde neno, a súa obra manifestou unha visión pesimista da vida. Destaca Véspera da Folga (1893).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintora y escultora. Formada inicialmente co profesor de debuxo Manuel González Santos, proseguiu os seus estudos na Escuela Superior de Bellas Artes de Santa Isabel de Hungría de Sevilla e rematounos na Real Escuela de Bellas Artes de San Fernando en Madrid en 1954. Ampliou os seus estudos por Europa grazas a unha bolsa do Ministerio de Educación e percorreu Roma, Viena e Holanda, entre outras cidades. No 1958 expuxo por primeira vez de xeito individual, no Ateneo de Madrid e no Club La Rábida de Sevilla. Entre 1960 e 1962 estableceuse en Madrid, onde formou parte do cículo da galerista Juana Mordó. Establecida de novo en Sevilla, creou a escola de debuxo, pintura e gravado El Taller e iniciou a súa actividade docente, xunto con Teresa Duclós e Javier Soto. En 1975 conseguiu a Cátedra de Debuxo do Natural na Escuela de Bellas Artes de Sevilla, onde permaneceu ata 1981.
VER O DETALLE DO TERMO
A súa pintura é intimista,... -
PERSOEIRO
Novelista. En 1944 gañou a primeira edición Premio Nadal de Novela con Nada, unha obra de ton realista e cotián, reflexo do ambiente de posguerra, que se sitúa en Barcelona e que protagoniza unha adolescente, víctima dunha familia na que a violencia é algo cotiá. Publicou tamén La isla y los demonios (1952), La llamada (1954), La mujer nueva (1955, Premio Nacional de Literatura 1956), La insolación (1963), Paralelo 35 (1967) e La niña y otros relatos (1970).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Debuxante e ilustrador. Coñecido como Leandro, foi colaborador das revistas Aturuxo e O Badueiro, e editou diversos cómics no semanario XO! Ademais da súa actividade como profesor de debuxo, realizou as ilustracións do libro História da Galiza em banda desenhada (1995), de Gonçalo Grandal Crespo.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Pintora. Coñecida como Menchu Lamas, comezou a súa andaina artística no Colectivo Imaxe (1976-1978) e realizou diversas propostas en Galicia e Madrid. Participou na mostra Princesa 76 organizada por Antón Patiño en Vigo. Nestes anos comezou a súa colaboración co grupo de Comunicación Poética Rompente, co que colaborou en diversas publicacións. En 1980 viaxou con Ánxel Huete, Guillerme Monroy e Antón Patiño a Nova York, onde coñeceu o expresionismo abstracto. Ao regreso da viaxe fundou con estes artistas a proposta Atlántica, coa que se pretendía renovar a situación artística de Galicia. As obras presentadas amosan signos-símbolos dunha iconografía indefinida. Tralas mostras de Atlántica a súa obra acadou unha maior repercusión e en 1982 realizou en Madrid a súa primeira exposición individual. A súa obra caracterízase polo carácter alegórico, polo emprego de grandes formatos nos que sobresae a mancha de cor e sobre as que se sitúa unha figuración de tipo primitivista, que co paso...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Que ten a forma dunha lamela.
-
CIDADES
Cidade da provincia de Catanzaro, en Calabria, Italia, situada na costa do golfo de Sant’ Eufemia, no mar Tirreno (70.513 h [2001]). Formouse en 1969 pola unión de Nicastro, Sambiase e Sant’ Eufemia Lamezia. Destacan as súas augas termais.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente aos lamniformes.
-
Peixe da orde dos lamniformes.
-
Orde de peixes cartilaxinosos, da subclase dos elasmobranquios, que presenta corpo alongado e fusiforme, fociño apuntado, cinco pares de fendas branquiais e sempre con aleta anal. As súas especies son depredadores rápidos e voraces que habitan xeralmente nas áreas peláxicas.
-
-
-
Relativo ou pertencente aos lampridiformes.
-
Peixe da orde dos lampridiformes.
-
Orde de peixes, da clase dos osteíctios, que presenta aletas sen radios espinosos, ventre en posición torácica, boca protráctil, sen dentes, cos ollos moi grandes e co corpo de formas moi variadas. As súas especies son animais mariños, peláxicos ou abisais, con distribución cosmopolita.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de fungos basidiomicetos, da orde dos licoperdais, que presenta un carpóforo branco, irregularmente redondo coa superficie lisa ou un pouco reticulada.
-
PERSOEIRO
Escritor. Reflectiu os acontecementos da época na súa obra. Publicou ensaios, Bonjour Monsieur Zola (1954); poesía, Le Colporteur (1953); e novela La nef des fous (1947), Les lézards dans l’hortage (1953) e a triloxía Margot l’enragée: le Commandant Watrin (1956), le Rendez-vous de Bruges (1958) e Quand la mer se retire (Prix Goncourt 1963). Foi membro da Académie Goncourt (1969).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Dada unha función real f tal que f(t) = 0 para t<0, función F (s) definida pola expresión F(s) = c∞0 f(t)e-stdt, sendo s un número complexo. Desígnase a miúdo por L(f) ou ben por Lf Permite transformar ecuacións diferenciais en ecuacións alxébricas e emprégase na análise de circuítos eléctricos e de servosistemas.
-
PERSOEIRO
Físico irlandés. Creou importantes teorías sobre a estrutura atómica e o comportamento dos electróns, e ampliou os conceptos clásicos da termodinámica.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Teorema segundo o que, ao colocar no seo dun campo magnético débil e uniforme un sistema de partículas cargadas, como os electróns dun átomo, o eixe da órbita de cada partícula experimenta un lento movemento de precisión ao redor da dirección do campo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Qué é semellante ou ten forma de larva.
-
PERSOEIRO
Escritor e mestre. Membro do consello editorial da Revista Galega de Educación, foi coordinador, xunto con Gonzalo Navaza, do Dicionario Xerais da Lingua (1986) e director dos libros O libro de Merlín (1985), O noso galego (1985), Nobelos de papel (1988), Ámote, mundo! (1988) e Canles (1989). É coautor do libro Animación á lectura (1992).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xeógrafo alemán. É o creador dunha metodoloxía de estudo orixinal dentro do eido da xeografía da paisaxe. Gran coñecedor da Península Ibérica, escribiu Portugal (1932-1937) e Die Iberische Halbinsel (A Península Ibérica, 1964).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Novela anónima en castelán titulada orixinalmente Vida del Lazarillo de Tormes y de sus fortunas y adversidades, escrita entre 1526 e 1535, e editada ao redor de 1554. Atribuíuselle a diversos autores, como Diego Hurtado de Mendoza, Lope de Rueda ou Sebastián de Horozco, aínda que, segundo os últimos estudios, podería corresponder a Alfonso de Valdés. Considerada o arquetipo da novela picaresca, está dividida en sete capítulos e redactada en primeira persoa cunha linguaxe sinxela. O seu protagonista, un neno de baixa clase social, descúbrelle ao lector, a través da súa relación con diversos amos, un mundo cheo de mesquindade e cobiza, onde domina a aparencia, a corrupción do clero e a fame.