"AN" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • Persoa que estudia con profundidade a cultura, a lingua ou a literatura italiana.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que amosa unha tendencia favorable á lingua ou á cultura italiana.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Asumir os costumes, a cultura ou a lingua italiana.

    2. Adoptar os costumes, a cultura ou a lingua italiana.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Italia, aos seus habitantes ou á súa lingua.

    2. Natural ou habitante de Italia.

    3. Lingua románica oriental, que pertence ao subgrupo italorrománico. É oficial en Italia, San Marino, Cidade do Vaticano e Suíza. Existen focos de fala italiana en Córsega e Malta, así como en Francia, Alemaña, Reino Unido e Bélxica, e está moi estendida en Mónaco. Hai importantes comunidades de italofalantes en EE UU, Arxentina (onde, en contacto co castelán, deu lugar ao cocoliche), Canadá, Australia e Brasil. Consérvase como un vestixio do dominio colonial en países como Eritrea e Somalia. Fálana uns 62 millóns de persoas (estim 2002).
      Evolución histórica
      Na Península Itálica formáronse numerosas variedades romances. A primeira documentación segura dunha delas é o Placito capuano (960), aínda que, de considerarse escrito en lingua vulgar, o Indovinello veronese sería anterior (finais do s VIII-principios do IX). Existe así mesmo unha alba do s X e a Carta do Montamiata, do XI. Os primeiros textos literarios proceden case todos...

    4. Arte desenvolvida en Italia. Os vestixios máis numerosos da Italia prehistórica pertencen ao Neolítico. A chegada dos itálicos trouxo a introdución da metalurxia do bronce, unha segunda ondada protagonizou a inicios da Idade do Ferro a cultura vilanoviana, non identificable totalmente cos etruscos. Do pobo etrusco destacan as tumbas de Cerveteri e Tarquinia, entre outras, e poboados como os de Veyes; e no eido da escultura o Apolo de Veyes e O sarcófago de Cerveteri. As mostras artísticas do Imperio Romano non só están presentes na cidade de Roma, onde destacan os diversos foros, o Coliseo, o Ara Pacis Augustae, o Panteón e as numerosas mostras escultóricas, senón que se atopan por toda Italia. As primeiras manifestacións da arte paleocristiá, as pinturas das catacumbas e os sarcófagos, continuaron coas características formais da arte romana. No eido da arquitectura, sobresaen as basílicas de Santa Sabina e Santa Maria Maggiore...

    5. Arte cinematográfica realizada en Italia. No ano 1904 o inventor Filoteo Alberini formou, xunto con Santoni, a produtora Manifattura Cinematografica Alberini e Santoni, realizadora de La presa di Roma (1905), filme que inaugurou a serie histórico-espectacular continuada por Gli ultimi giorni di Pompei (1908), de Arturo Ambrosio; Quo Vadis? (1912), de Guazzoni, e, sobre todo, Cabiria (1913), de Piero Fosco. O monumentalismo histórico e o divismo feminino levaron o cine italiano a unha mediocridade total, da que intentou sacalo Benito Mussolini (creación do Centro Sperimentale di Cinematografia en 1935 e construción dos estudios de Cinecittà en 1937). O descontento co cine oficial, fascista e grandilocuente, por parte dos alumnos do Centro Sperimentale (De Santis, Antonioni, Pietro Germi, Luigi Zampa) fixo que xurdisen os primeiros xermolos neorrealistas en plena ditadura (Ossessione, 1942, de Luchino Visconti; Quatro passi fra le nuvole,...

    6. Filosofía producida no ámbito cultural italiano. A aparición do italiano como lingua filosófica vai unida do xurdimento das actitudes de pensamento que se acostuman designar como modernas. É tanto a lingua empregada por Maquiavelo (1469-1527) como a que xeralmente utilizaba Galileo Galilei (1564-1642) nas obras divulgatorias da súa produción científica. Destaca tamén Giordano Bruno (1548-1600) e Tommaso Campanella (1568-1639). Despois deste destacado inicio, a filosofía italiana permaneceu nun segundo plano detrás da produción francesa e inglesa. Así e todo, no s XVII sobresaíu Giambattista Vico (1668-1744). A Ilustración italiana tendeu a seguir os modelos das nacións que dominaban o panorama cultural, Francia e o Reino Unido. As figuras máis importantes foron Cesare Bonesana (1738-1794) e Antonio Genovesi (1712-1769). O pensamento italiano coñeceu un momento álxido con Il Risorgimento, momento no que conviviron dúas tendencias: por unha banda, un pensamento que partía da metafísica tradicional...

    7. Literatura cultivada en lingua italiana.
      As orixes e o dolce stil novo
      Os primeiros testemuños en lingua vulgar maniféstanse xa a principios do s XI. Malia todo, a diferenza doutras linguas da Romania, o italiano “vulgar” estivo situado nun segundo termo, diante dunha tradición latina fortemente consolidada. No s XIII o gran desenvolvemento do poder das cidades fixo de Italia o lugar onde converxeron e se fusionaron as diversas experiencias culturais europeas (a especulación en latín, a lírica occitana e a narrativa francesa). Cara a 1230 un grupo de poetas da corte de Suabia traduciron temas trobadorescos á lingua vulgar siciliana; no momento no que o centro cultural da Península se trasladou a Toscana, os temas cortesáns pasaron a escribirse en toscano (Guittone d’Arezzo). Xurdiron nese momento outros xéneros literarios nas diversas linguas vulgares rexionais: os laudes relixiosos na Italia central, en que se pode enmarcar o Cantico delle Creature (1225), a primeira...

    8. Arte musical cultivada en Italia. A primeira música relixiosa cristiá identifícase co denominado canto gregoriano. A ars nova italiana foi cultivada en forma de madrigais, caccie ou baladas. No s XIV os cantantes que trouxo o papa de Aviñón introduciron en Italia a música franco-flamenga. A música vogal italiana culminou coa obra a capella de G. P. Palestrina (1525-94), imitada pola chamada escola romana. A outra escola de música relixiosa foi a veneciana, impulsada polo flamengo A. Willaert (1480-1562) e continuada polos irmáns Gabrieli. Esta escola caracterizouse polas intervencións dos instrumentos e a policoralidade. Na música profana hai canzoni e madrigais polifónicos cultivados polos flamengos instalados en Italia e polos italianos C. Merulo (1533-1604), L. Marenzio (1553-99), G. Gesualdo (1560-1613) e C. Monteverdi (1567-1643), que fixeron innovacións harmónicas e rítmicas. A música instrumental emancipouse con formas autónomas, como o ricercare,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actriz cinematográfica. Coñecida como Anne Bancroft, en 1963 conseguiu o Oscar á mellor actriz por The Miracle Worker de A. Penn. Participou, entre outros, nos filmes The Graduate (1967), The elephant man (1980) e Agnes of God (1986).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos italoalbaneses.

    2. Natural ou habitante das comunidades italoalbanesas.

    3. Pobo de orixe albanés que se estableceu en Italia meridional desde mediados do s XV. O proceso de migración prolongouse ata finais do último cuarto de s XVIII. As colonias italoalbanesas, que crearon novos pobos ou repoboaron outros, estendéronse por Calabria, Basilicata e Puglia, e pola parte occidental de Sicilia. A pesar das dificultades, moitos destes pobos conservan os rituais bizantinos, os costumes albaneses e a súa lingua. Coñeceron un rexurdimento durante o s XX. Eclesiasticamente están organizados en dúas dioceses de rito bizantino.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ao grupo de linguas románicas que se fala en Italia. Divídese, á súa vez, en linguas italorrománicas do norte (piemontés, lombardo, ligur, véneto, emiliano e istriota) e italorrománicas do centro e sur (marquesano, umbro, romano, abrucés, molisano, pullés, campano, lucano, calabrés, salentino e siciliano, toscano e corso).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Médico. Traballou no Instituto de Xordomudos de París e escribiu o primeiro tratado importante de otoloxía Traité des maladies de l’oreille et de l’audition (1821). As súas investigacións no campo da educación constituíron o punto de partida da pedagoxía científica de M. Montessori. Está considerado un dos fundadores da endocrinoloxía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que vai dun lugar a outro sen un establecemento fixo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor e pedagogo suízo. Profesor da Bauhaus en Weimar (1919-1923) e director da escola de artes e oficios de Zúric (1938-1954), cultivou o cubismo e a abstracción. Publicou Kunst der Farbe (A arte da cor, 1961).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Tsar de Bulgaria. Procedente dunha familia de boiardos da rexión de Târnovo, dirixiu, xunto co seu irmán Pedro, o levantamento de búlgaros e valacos contra o emperador bizantino Isaac II Anxo e obtivo (1178) o recoñecemento do segundo Imperio Búlgaro, con Târnovo como capital.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (1304? - 1341) Gran príncipe de Moscova (1325-1341) e de Vladimir (1328-1341), fillo de Daniel I. Sucedeu o seu irmán Alexandre II. Estendeu o dominio do principado a unha gran parte de Rusia e estableceu a hexemonía sobre outros principados (Tver) e cidades (Novgorod, Pskov).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Gran príncipe de Moscova (1462-1505), fillo e sucesor de Basilio II. Unificou unha gran parte de Rusia (centralización do poder e unificación do sistema xudicial, entre outras medidas) e loitou contra Suecia, os grandes príncipes lituanos e os livonianos. Estableceu relacións diplomáticas con diversas nacións europeas e abriu o país á influencia da cultura occidental. Chamou ao arquitecto italiano Aristotile Fieravanti para refacer e embelecer o Kremlin, onde construíu a catedral da Asunción(1476-1479).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Gran príncipe de Moscova (1533-1547) e tsar de Rusia (1547-1584), fillo e sucesor de Basilio III. A súa política estivo ligada á expansión no exterior e á centralización do poder estatal no interior. Reformou a administración das provincias, revisou o código legal ruso e constituíu un exército permanente. Estendeu os seus dominios ata o Volga e abriu o camiño cara á colonización de Siberia. Unha segunda fase do seu reinado caracterizouse pola persecución dos boiardos (aristocracia feudal) e o establecemento dun goberno ditatorial, apoiado na súa garda persoal (opričnina). Potenciou o desenvolvemento da cultura rusa e foi un bo estratega.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Tsar de Rusia (1682-1696), fillo de Aleixo I. O seu reinado foi nominal e a súa irmá Sofía detentou efectivamente o poder, ata que foi derrocada por Pedro I (1689). Conservou o título de tsar ata a súa morte.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Oblast’ de Ucraína (13.900 km2; 1.463.600 h [estim 1998]). A súa capital é Ivano-Frankisvs’ke (234.256 h [1999]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor búlgaro. Coñecido como Elin Pelin, foi profesor e redactor da revista literaria Selska Razgovorka (Conversos do pobo). Iniciador da poesía realista búlgara, escribiu Mectateli (Os soñadores) ademais de diversas novelas infantís. Pertenceu á Academia das Ciencias de Bulgaria.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor ruso. Coñecido como Chadr, formouse en París e Roma. Representou a corrente romántica do realismo. Realiou os bustos de K. Marx, Rosa Luxemburgo e Lenin e en 1951 o monumento a Gorki en Moscova.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Patriota búlgaro. Coñecido como Vasil Levski, foi líder do independentismo búlgaro contra os turcos. Participou na revolta búlgara de 1867. Traicionado, morreu a mans dos turcos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta, dramaturgo e historiador. Máximo representante do simbolismo realista ruso. Rector da Universidade de Bakú, emigrou a Italia (1924) e converteuse ao catolicismo. Escribiu Rimskije sonety (Sonetos romanos, 1925) e Svet vecěrnyj (Luz de tarde, 1914-1944).

    VER O DETALLE DO TERMO