italoalbanés -sa

italoalbanés -sa

(

  1. adx

    Relativo ou pertencente aos italoalbaneses.

  2. s [HIST]

    Natural ou habitante das comunidades italoalbanesas.

  3. s m pl [HIST]

    Pobo de orixe albanés que se estableceu en Italia meridional desde mediados do s XV. O proceso de migración prolongouse ata finais do último cuarto de s XVIII. As colonias italoalbanesas, que crearon novos pobos ou repoboaron outros, estendéronse por Calabria, Basilicata e Puglia, e pola parte occidental de Sicilia. A pesar das dificultades, moitos destes pobos conservan os rituais bizantinos, os costumes albaneses e a súa lingua. Coñeceron un rexurdimento durante o s XX. Eclesiasticamente están organizados en dúas dioceses de rito bizantino.

Palabras veciñas

itálico -ca | italiota | italo- | italoalbanés -sa | italocelta | italorrománico -ca | Italoturca, Guerra