italocelta
italocelta
(
adx e s
m
[LING]
Aplícase ao grupo lingüístico indoeuropeo (quizais relacionado co ilirio) que tiña características comúns co itálico e o céltico. Pertencen a este grupo o ligur, estendido polo N e o centro de Italia e polo S da Galia, o lepóntico, na rexión dos grandes lagos de Italia, e o sículo, falado en Sicilia e en Italia central antes do latín; máis problemática é a pertenza do rético, moi influído polo etrusco.