"ILi" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1725.

  • PERSOEIRO

    Economista ruso. Participou na Revolución Rusa, e foi coautor do Primeiro Plano Quinquenal soviético. Experto en planificación, participou na discusión sobre os criterios de selección de investimentos, rexeitando aqueles que incorporasen magnitudes típicas dunha economía de mercado e formulando criterios alternativos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Categoría taxonómica inferior á familia e superior ao xénero.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Exopeptidase alcalina producida por algunhas especies de bacterias do xénero Bacillus (B. subtilis, B. amyloliquefaciens), que cataliza a hidrólise de certos enlaces peptídicos de determinadas proteínas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor, director e actor cinematográfico ruso. O guión Živet takoj paren (Así vive un mozo) e o filme correspondente gañaron o Leone d’oro do festival de Venecia de 1964. Nas súas narracións, cheas de sentido cómico e tráxico, amosou un interese especial polos seres que cambian de ambiente social. En 1976 foille concedido postumamente o Premio Lenin para directores de cine.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ácido sulfónico aromático que se aplica na síntese de colorantes e na preparación das sulfamidas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Oxiácido do xofre, non coñecido en estado libre, do que derivan formalmente os sulfoxilatos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calidade de superable.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á sobrecella.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Categoría taxonómica inferior á suborde, que inclúe familias con certa afinidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • superciliar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade de susceptible.

    2. Parámetro que mide a facilidade de polarización dun dieléctrico, que é igual ao cociente entre a polarización dieléctrica P e o produto da intensidade de campo E e a permitividade do baleiro.

    3. Cociente entre a polarización magnética P m e a intensidade de campo H. Represéntase por χ m , ou sexa χ m = P m /H = μ 0 (μ r - 1) = μ - μ 0 . É sempre moi pequena (negativa nos corpos diamagnéticos e positiva nos paramagnéticos), agás nos corpos ferromagnéticos, en que é moi elevada.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao pobo swahili ou á súa lingua.

    2. Individuo do pobo swahili.

    3. Pobo mixto e islamizado que habita as costas orientais de África, entre Somalia e Moçambique. Sen ningunha unidade étnica que ligue os distintos grupos bantús que habitan estas rexións, o nome de swahili refírese sobre todo á lingua.

    4. Lingua bantú do phylum níxer-congo que se fala na costa oriental de África, en Tanzania (Tangañika e Zanzíbar) e Kenya, onde é lingua oficial, en Uganda, xunto ao inglés, e en territorios da República Democrática do Congo. Escrito primeiramente en caracteres árabes, a partir do s XIX foron introducidos os caracteres latinos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade de táctil.

    2. Facultade cerebral pola que se perciben as sensacións táctiles.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antibiótico que deriva da ampicilina. Quimicamente é o éster da ampicilina con 3-hidroxiftahida. O seu clorhidrato preséntase en forma de pos brancos que se funden a 154-157°C. Non ten acción antibacteriana intrínseca pero, se se administra por vía oral, absórbese case totalmente e con máis rapidez ca a ampicilina libre, en que se converte mediante os enzimas do tecido intestinal. Emprégase para o tratamento da bronquite, a pneumonía e outras infeccións.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calidade de tanxible.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor e xornalista. Foi director de El Lucense, El Eco de Galicia e El Norte de Galicia e fundou El Correo de Lugo. Tamén foi vicepresidente da Deputación de Lugo e publicou Cosas íntimas (1903).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • idro de composición basáltica que se produce a causa do enfriamento rápido dun magma.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Altiplano de area cunha fronte moi acusada característica do N e S do Sáhara. A súa superficie atópase máis ou menos erosionada pola auga.

    VER O DETALLE DO TERMO