"lla" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2798.

  • MUNICIPIOS

    Municipio situado na provincia de Girona, Catalunya (5.186 h [2001]). O territorio é accidentado e está drenado por diversos torrentes. Na economía segue a destacar o sector primario aínda. O sector industrial é o que actualmente ocupa a maioría da poboación activa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Mamífero, da orde dos artirodáctilos, que chega a ter 115 cm de altura na cruz, de tronco esguío, pescozo longo, cabeza pequena co fociño aguzado, orellas longas e anchas, cola curta e patas delgadas. Ten o corpo cuberto dunha la espesa e longa que comercialmente é moi apreciada. Habita en Perú, na zona O de Bolivia e ao NO de Arxentina, onde se emprega como animal de carga.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e médico. Foi elixido secretario xeral do Partido Comunista de Asturias (PCA) e coordinador xeral de Izquierda Unida na mesma comunidade (1988-2000). En outubro de 2000 foi elixido coordinador xeral de Izquierda Unida.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio situado na provincia de Girona, Catalunya, na costa, ao N da península do cabo de Creus, entre o cabo Ras, ao N, e o sector rectilíneo chamado porto da Vall, ao S (3.890 h [2001]). Destaca o cultivo da viña, e tamén son importantes as canteiras de feldespato e pegmatita e o sector servicios.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cuarta serie (e época) do Ordoviciano, interxacente entre o Llanvirniano e o Caradociano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao Llandeiliano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor. Cultivou inicialmente o xornalismo, primeiro en Galicia e despois en Chile. Destacou como autor de teatro con O amor é ceguiño (1911), Otro diario y van cien, Los tres berretines e Así es la vida.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Primeira serie ou piso (e época ou idade) do Silúrico Inferior, que xace sobre o Ashgiliano e baixo o Wenlockiano. A localidade tipo está en Llandovery (Gales).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao Llandoveriano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio de Asturias, situado ao N de Oviedo e regado polo río Nora (12.302 h [2001]). O sector terciario ocupa máis da metade da poboación activa. Na industria, xunto coas manufacturas da madeira, predomina o sector químico e siderúrxico. O sector primario é esencialmente agrícola con cultivos forraxeiros e de patacas. Conta con xacementos de arxila e carbón.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Ciclista. Cinco veces campión do mundo en pista (1996, 1998 e 2000 na proba de puntuación, e 1997 e 1999 na proba de americana), foi campión olímpico na proba de puntuación en Sydney 2000. En 2001 foi galardoado co Premio Nacional del Deporte Don Felipe de Borbón e co Premio Ramon LLull á actividade deportiva.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a rexión de Los Llanos ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante da rexión de Los Llanos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio de Asturias, estendido entre a serra de Cuera e a costa cantábrica (13.276 h [2001]). O sector servicios, especialmente o turismo, é o máis desenvolvido, seguido da gandería bovina e a industria láctea. Tamén destaca o sector da madeira e do moble. O conxunto histórico da vila foi declarado Ben de Interese Cultural en 1971.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Arquitecto. Catedrático da Escola Técnica de Arquitectura da Coruña. Realizou, entre outros proxectos, a rehabilitación do pazo de Raxoi para o Consello da Cultura Gallega (1996), a rehabilitación da aldea de Piornedo nos Ancares (1997-1999), o ambulatorio e a ampliación do concello de Vedra (1998-1999), diferentes vivendas unifamiliares como a casa Blanco Ons en Bertamiráns (1999) e a casa Cid en Rois (2001), e o Centro social en Santa Cristina de Fecha (2002). Membro fundador e coordinador da Sección de Arquitectura do Consello da Cultura galega (1988-1998), a súa actividade investigadora centrouse na arquitectura popular de Galicia. Escribiu Arquitectura Popular en Galicia I e II (1982), Piornedo. Estudio básico para a rehabilitación integrada dunha aldea galega (1988), Alejandro de la Sota, o nacemento dunha arquitectura (1994) Arquitectura popular: razón e construción (1996). Así mesmo foi responsable de diversos informes e estudios, como Catálogo...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • REXIÓNS

    Rexión no centro-sur de EE UU, situada no extremo SL das Grandes Chairas. Está situada no O do estado de Texas e no L de Novo México. É unha rexión árida, atravesada polo río Pecos, ao S, e o Canadian River, ao N. O petróleo e a agricultura son a orixe das aglomeracións de Amarillo e Lubbok.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xornalista. Coñecido como Bocelo, dirixiu La Voz de Galicia (1950-1968), El Ideal Gallego (1968-1971) e El Progreso (1972-1980). Como xornalista destacou pola súa columna titulada “De sol a sol”. Publicou El periodismo por dentro (1974) e Wenceslao Fernández Flórez. El autor y su obra (1985). Foi galardoado co Premio Pérez Lugín (1987) e co Premio da Asociación de Periodistas de Galicia (1997).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Comerciante e político. De ideoloxía liberal, foi tesoureiro do club La Esperanza. Foi denunciado e perseguido polos absolutistas trala volta de Fernando VII (1814). Participou na conspiración e sublevación de Díaz Porlier (1815) e foi membro da Xunta constituída na Coruña para organizar a administración da sublevación e exercer o poder político. Trala caída de Díaz Porlier exiliouse en Reino Unido e foi condenado a morte en rebeldía. Volveu á Coruña despois da sublevación de Riego (1820) e apoiou o novo réxime. Participou na Sociedade Patriótica e foi rexedor da cidade desde 1821. En maio de 1823 exiliouse en Liverpool.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Santa Cruz de Tenerife, Canarias, na Illa da Palma, situado no val de Aridane (17.720 h [2001]). A economía baséase sobre todo no cultivo de regadío, concretamente na produción de plátanos. É o segundo núcleo urbano da illa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Fotógrafo. Comezou como fotógrafo con seu pai, Francisco Llanos Trápaga. Colaborou, entre outros medios comunicación, con Faro de Vigo, La Voz de Galicia, El Pueblo Gallego, La Noche e El Correo Gallego. Durante a Guerra Civil Española colaborou na fronte de guerra co tamén fotógrafo Jalón Ángel. Realizou diversas exposicións en Vigo e na   Coruña, en que incluíu sobre todo imaxes históricas de ambas as dúas cidades. Foi galardoado con dúas cruces ao Mérito Militar e co título de Vigués Distinguido (1986). Recibiu o titulo de asociado de honra (1994) da Federación de Asociaciones de la Prensa de España.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor e escenógrafo. Comezou como escenógrafo cun espectáculo de monicreques. En 1880 instalouse en Vigo, onde abriu un estudo na rúa Elduayen e montou un cine na Alameda. A partir deses anos decidiu dedicarse ao mundo da fotografía e da cinematografía. En 1910 un incendio destruíu parte da súa obra.

    VER O DETALLE DO TERMO