Llano Cabado, Pedro de
Arquitecto. Catedrático da Escola Técnica de Arquitectura da Coruña. Realizou, entre outros proxectos, a rehabilitación do pazo de Raxoi para o Consello da Cultura Gallega (1996), a rehabilitación da aldea de Piornedo nos Ancares (1997-1999), o ambulatorio e a ampliación do concello de Vedra (1998-1999), diferentes vivendas unifamiliares como a casa Blanco Ons en Bertamiráns (1999) e a casa Cid en Rois (2001), e o Centro social en Santa Cristina de Fecha (2002). Membro fundador e coordinador da Sección de Arquitectura do Consello da Cultura galega (1988-1998), a súa actividade investigadora centrouse na arquitectura popular de Galicia. Escribiu Arquitectura Popular en Galicia I e II (1982), Piornedo. Estudio básico para a rehabilitación integrada dunha aldea galega (1988), Alejandro de la Sota, o nacemento dunha arquitectura (1994) Arquitectura popular: razón e construción (1996). Así mesmo foi responsable de diversos informes e estudios, como Catálogo tipolóxico da arquitectura popular galega (1984) Inventario gráfico do patrimonio arquitectónico do tramo galego do Camiño de Santiago (1993). Ocupouse tamén da edición dos libros Alvaro Siza, obras e proxectos (1995) e Le Corbusier, viaxe ao mundo dun creador a través de 25 arquitecturas (1997). Foi director da revista Obradoiro (1978-1982). Membro do comité de expertos e director do Inventario Base da Arquitectura Española (1996), entre outros galardóns recibiu o Premio da Crítica Galicia de Ensaio (1982), o Premio da Crítica Galicia de Ciencias e Artes da Comunicación (1988) e o VII Premio de Rehabilitación do COAG (1997).
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : A Coruña