"AN" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • DIARIOS

    Diario francés fundado en 1665 en París. O seu inspirador foi J. B. Colbert, coa intención de que servise para dispoñer a cultura ao servizo do Estado. Incluía información literaria e científica. Desapareceu en 1792 e reeditouse a partir de 1816; en 1902 foi adquirido polo Institut de France e converteuse en órgano das cinco academias francesas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor francés. Decorou en Versailles o salón de Marte e a capela, e pintou a serie de catro teas para a igrexa de Saint-Martin-des-Champs de París e o Descendemento (1697).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Empresario. Presidente fundador de FADESA. Exerceu como presidente da Asociación Provincial de Promotores Inmobiliarios da Coruña, e foi membro do comité executivo da Asociación Nacional de Promotores de España, membro do comité organizador de Barcelona Meeting Point e membro do comité organizador do Salón Inmobiliario de Madrid. Conseguiu situar a FADESA entre as principais inmobiliarias de España. En 2001 foi galardoado co premio ao mellor Empresario Inmobiliario Nacional.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Francisco Cónsul Jove.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor e político. Foi alcalde do crime en Sevilla (1767) e alcalde de casa e corte (1778) en Madrid, cidade na que contactou cos ilustrados. Coa chegada ao poder de Godoy, foi perseguido, detido e deportado a Mallorca, confinado primeiro na cartuxa de Valldemossa (1801) e, posteriormente, no castelo de Bellver (1802). Liberado en 1808, trala abdicación de Carlos IV, negouse a participar no equipo afrancesado, e formou parte da Junta Suprema Central y Gubernativa del Reino, onde representaba a tendencia ilustrada oposta ao Antigo Réxime e ao liberalismo político. Distinguiuse polas súas ideas renovadoras (humanización da xustiza, fomento das obras públicas, regalismo, loita contra a Inquisición, racionalización do ensino -que consideraba o motor máis potente de transformacións-, liberalismo económico). Expuxo as súas ideas político-económicas no Informe sobre el Banco de San Carlos (1782) e, especialmente, en Informe en el expediente de ley agraria (1795). Escribiu...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Formouse en Madrid e Roma. Pintou os frescos da cúpula da capela de San Antonio de Cádiz e de San Francisco el Grande de Madrid. Adquiriu o mosteiro gótico de Fresdeval (Burgos) e salvou o seu claustro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Provincia de Afganistán (25.553 km2; 616.000 h [estim 1982]). A súa capital é Sheberghan (20.000 h [estim 1988]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Joan Boscá i Almogàver.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Joan Macip i Navarro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Novelista e xornalista. Preocupado polo existencialismo e cunha depurada técnica narrativa, é autor de diversas obras en catalán e castelán, como Camins de nit (1935), Tino Costa (1947), Sobre las piedras grises (Premio Nadal 1948) e Los hombres de la tierra y el mar (1961).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xoán Luís López García.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Sobriño de Afonso X o Sabio, entregouse ás letras, ás armas e á política. Deulle un pulo decisivo á prosa en castelá. Destacan as súas obras Libro del cavallero et del escudero, Libro de la caza, Libro de los estados e, sobre todo, Libro de los enxiemplos del Conde Lucanor et de Patronio, un conxunto de 51 apólogos de intencionalidade didáctica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Profesor. Foi inspector de ensino primario en Ourense e profesor na Escola Normal de Mestres de Pontevedra desde 1890, centro no que tamén ocupou o cargo de secretario (1911-1929). É autor de Elementos de agricultura. Nociones teórico-prácticas (1894) e dunha guía lexislativa de instrución primaria.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Juana de Asbaje.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Historiador. Doutor en Historia (1979). Catedrático de Historia Contemporánea na Universidade de Vigo desde 1993, foi director do Colexio Universitario de Ourense (1988-1989), vicerrector do campus de Ourense (1989-1993), director do centro asociado da UNED (1994-1996 e desde 2000). Foi gobernador civil e subdelegado de goberno en Ourense (1996-2000) e deputado na VI lexislatura. Desde 1993 promove, con Xavier Castro, as Xornadas de Historia de Galicia. Foi autor, entre outras obras, de Aproximación al pensamiento e ideología de Vicente Risco:1884-1963 (1985), La posición centrista durante la Segunda República: el periódico Ahora, 1930-1936 (1988) e Historia do mundo contemporáneo, 1870-1945 (2002), con Julio Prada, e dirixiu a colección Galicia en comarcas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xogador de baloncesto. Foi internacional junior, sub 23 e absoluto. Xogou no Bosco, Obradoiro, OAR Ferrol, Fórum, Tau e Granada. Foi membro da xunta directiva da Asociación de Baloncestistas Españoles.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Médico italiano. Ao servizo de Xoán Xosé e Austria, pasou boa parte da súa vida en España. Seguidor das correntes iatroquímicas, a súa obra Discurso físico e político (1679) constitúe o primeiro texto español que emprega os saberes médicos e químicos do momento para solucionar problemas de hixiene pública.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Limnólogo. Os seus estudios sobre a distribución vertical dos gases disoltos en lagos de Wisconsin, efectuados en 1911 coa colaboración de E. A. Birge, así como sobre a hidrografía, a morfoloxía e o plancto destes lagos, supuxo unha contribución fundamental á síntese limnolóxica actual.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de árbores, da familia das xuglandáceas, ao que pertencen as nogueiras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Juli Antoni Rodríguez i Hernández.

    VER O DETALLE DO TERMO