"AN" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
PERSOEIRO
Escritor alemán. Cofundador do PEN Club alemán, foi presidente da Academia Alemana de Lingua e Literatura (1953-1963). En Die Stadt hinter dem Strom (A cidade detrás do río, 1947), amosa a sociedade occidental levada á apocalipse por mor da mecanización e da despersonalización. Cunha temática similar, escribiu tamén as escolmas poéticas Der Mensch (O home, 1918), Gesang des Jahres (Canto do ano, 1921) e Aus dem chinesischen Bilderbuch (Do libro de estampas chinesas, 1955); e as novelas Der Webstuhl (O tear, 1949) e Das grosse Netz (A gran rede, 1952).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Realizador cinematográfico estadounidense. Escribiu os guións de The Empire Strikes Back (1980), Raiders of the Lost Ark (1981) e Return of the Jedi (1983). Como realizador frecuentou diversos xéneros sen deixar de lado un ton persoal, como en Body Heat (1981), Silverado (1985), The Accidental Tourist (1988) ou Grand Canyon (1991).
VER O DETALLE DO TERMO -
CIDADES
Cidade da oblast´ de Markazī, Irán, situada nun deserto no extremo da cadea montañosa central iraniana (201.372 h [1996]).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Serie (e época) inferior do Carbonífero.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente ao Kasimoviano.
-
CABOS
Cabo máis occidental da Península Calcídica, na rexión de Macedonia, Grecia, proxectado cara ao Mar Mediterráneo.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Tipo de escritura xaponesa baseada nos ideogramas chineses, dunha forma máis simple e dun uso máis limitado ca o hiragana.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Grupo creado na Escola de Maxisterio de Pontevedra por Antón Lamapereira e Manuel F. Vieites en 1987, ao abeiro da Aula de Teatro da citada escola universitaria. Despois de estrear Colorín Colorado en 1987, en 1988 presentaron Pimpirulandia, un espectáculo do que se realizaron máis de 65 funcións. En 1990 presentaron o espectáculo Rodatola, unha creación colectiva dirixida por Manuel F. Vieites e Manuela Rodríguez Lorenzo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Rexión da República Democrática do Congo (496.877 km2 ; 5.602.000 h [estim 1994]). A súa capital é Lubumbashi. Son importantes as súas riquezas minerais, como o cinc e o cobre. Estivo baixo o control de compañías mineiras europeas e en 1960 acadou a independencia. A ONU rematou coa guerra civil e permaneceu dentro da República Democrática do Congo, aínda que houbo intentos secesionistas.
-
CAPITAIS
Capital de Nepal, situada no centro do país, preto da confluencia dos ríos Bāghmati e Vishnumati (696.852 [2001]). A aglomeración abrangue tamén as cidades de Bhaktapur e Patan. É o centro administrativo e comercial do país, onde se concentran a maior parte das instalacións industriais nepalís. Centro relixioso budista, conserva numerosos santuarios.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintora suíza. Foi retratista da alta sociedade de Londres e de Roma, cidade onde tivo un salón literario e artístico. As súas obras principais son Autorretrato e A baronesa de Krudner e a súa filla.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Físico alemán. Estudiou os raios catódicos e mediu, independentemente de J. J. Thomson, o cociente e/m entre a carga e a masa do electrón. Comprobou que a masa dos electróns medra coa velocidade, de acordo coa teoría relativista.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Estadista, príncipe de Kanitz-Rietberg (1764). Foi chanceler (1753-1792) baixo os reinados de María Tareixa, Xosé II e Leopoldo II. Foi un clásico representante do despotismo ilustrado.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político e ideólogo alemán. Colaborador de Engels e Marx, difundiu en Alemaña a ideoloxía marxista e fundou o partido socialdemócrata (1880), e o seu voceiro Die Neue Zeit (1884). Defendeu o marxismo revolucionario fronte ao revisionismo de Berstein, aínda que evolucionou cara a posicións máis moderadas. Trala toma do poder por Hitler refuxiouse en Bohemia e despois en Amsterdam. Entre a súa obra teórica cómpre salientar As doutrinas económicas de Karl Marx (1887) e Concepción materialista da historia (1927).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta grego. Escribiu unha obra poética de extensión limitada e única na súa totalidade, na que revelaba o seu sentimento tráxico ante a vida, coa excepción da evocación dos amores prohibidos e da vontade que ofrecen. Inspirados nunha lectura e nunha reflexión constante da historia, os seus poemas nunca foron recollidos en libro. En 1935, en edición póstuma, publicáronse uns 154, dentro do corpus que o autor destinou á súa publicación. Posteriormente, editáronse en 1963 algúns artigos en prosa e, en 1968, uns 75 poemas novos que o autor desaconsellara difundir.
VER O DETALLE DO TERMO -
CIDADES
Cidade do ken de Saitama, na illa de Honshū, Xapón,situada ao S da conurbación de Osaka (110.570 h [1991]).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Nome bantú do río Cuang.
-
CIDADES
Cidade do ken de Hyogō, na illa de Honshū, Xapón, situada na beira O do río Ina (141.280 h [1991]).
VER O DETALLE DO TERMO -
ENTRADA LARGA
Estado de Asia central que limita con China ao L, con Kirguizistán e Uzbekistán ao S, co Mar Caspio e unha pequena parte de Turkmenistán ao O e con Rusia ao N (2.724.900 km2; 14.842.000 [estim 2001]). A capital é Astana (313.000 h [1999]).
VER O DETALLE DO TERMO
Xeografía física
A maior parte do territorio do país está ocupado por chairas, depresións e altiplanos; as do Caspio e Turan ao O, o deserto de Betpak-Dala no centro e no S, e a chaira de Siberia occidental ao N. Nos extremos oriental e occidental érguense elevadas aliñacións montañosas, as cordilleiras de Altai e Tarbagataj, o Alatau de Jungaia e as cadeas montañosas setentrionais e occidentais do Tian Shan, onde se rexistran altitudes superiores aos 4.500 m. Os sedimentos de area depositados polos ríos que drenan a chaira de Turan deron lugar á formación dos desertos de Barsuki, Karakumy e o Kyzylkum. A rede fluvial do país está integrada por máis de 7.000 cursos, que, na súa maioría, desembocan nas concas endorreicas... -
VER O DETALLE DO TERMO
Oblast’ de Kazakstán (117.300 Km2; 1.976.689 h [1999]). A capital é Symkent (360.100 h [1999]).