Kasach, Hermann

Kasach, Hermann

Escritor alemán. Cofundador do PEN Club alemán,   foi presidente da Academia Alemana de Lingua e Literatura (1953-1963). En Die Stadt hinter dem Strom (A cidade detrás do río, 1947), amosa a sociedade occidental levada á apocalipse por mor da mecanización e da despersonalización. Cunha temática similar, escribiu tamén as escolmas poéticas Der Mensch (O home, 1918), Gesang des Jahres (Canto do ano, 1921) e Aus dem chinesischen Bilderbuch (Do libro de estampas chinesas, 1955); e as novelas Der Webstuhl (O tear, 1949) e Das grosse Netz (A gran rede, 1952).

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Postdam

  • Deceso

    Lugar : Stuttgart