"Est" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 2747.
-
PERSOEIRO
Político dinamarqués. Líder do Partido Conservador, foi ministro do Interior (1865) e presidente do Consello de Ministros e titular de Finanzas (1875-1894).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Disposición das partes ou dos órganos dun ente, substancia ou corpo.
-
Conxunto de elementos resistentes dunha edificación tendo en conta a súa configuración e disposición, que se determinan pola maneira de soster e construír a cuberta e os teitos das plantas que ten. As armazóns das plantas teñen que ser planas e horizontais, mentres que a cuberta ten que facer pendente para que por ela escorregue a auga da chuvia. Nas construcións máis antigas, formadas por dúas paredes separadas uns 4 ou 5 m e por trabes de madeira que van dunha parede a outra, obtíñase a pendente colocando sobre as trabes mestras outras trabes inclinadas en que o extremo máis alto se asentaba sobre un piar de obra ou de madeira. Esta construción non era aínda unha armadura, pero permitiu descubrir que as trabes inclinadas podían unirse rixidamente entre elas e tamén coa horizontal formando un triángulo. Neste caso, a trabe horizontal xa non traballa a flexión, senón que recibe só esforzos de tracción, que permiten aumentar a lonxitude dende uns 5 m ata 10 ou 12 m. A estrutura de obra,...
-
-
Sistema ordenado de regras que describen á vez os elementos que o compoñen e as súas relacións ata un determinado grao de complexidade.
-
estructura profunda
Nivel ou aspecto da linguaxe que, na gramática xenerativa, determina a interpretación semántica da oración, en oposición á estrutura superficial, que determina a súa forma fonética. Segundo a gramática xenerativa, o efecto final dunha gramática é relacionar unha interpretación semántica cunha representación fonética; isto é, expresar cómo se interpreta unha oración. O compoñente sintáctico da gramática, que constitúe a súa única parte “creativa”, serve de mediador nesta relación e constitúe a meta final da gramática, no sentido de que só ela permite establecer unha relación entre o contido semántico dos signos e a súa forma fonética, isto é, é a que permite determinar cómo se ha de interpretar unha frase, mediante unha serie de regras transformacionais.
-
estructura superficial
Nivel ou aspecto da linguaxe que, en gramática xenerativa, determina a forma fonética da oración a partir da súa estrutura profunda.
-
-
Conxunto de leis, organismos e forzas sociais, políticas e económicas que caracterizan unha sociedade e manteñen a orde establecida, fronte ás forzas disidentes e opostas ao sistema. Pretende resolver os problemas e responder ás necesidades inherentes ao sistema: manter as partes que o integran e superar as súas tensións, adaptalo á súa medida, conseguir os seus fins e integrar os individuos e os seus grupos.
-
Interrelación entre o sistema ou conxunto psíquico e os seus elementos integrantes. A consideración dos fenómenos psicolóxicos como un todo xurdiu como reacción ao atomismo vixente na psicoloxía do s XIX (que levaba ás dicotomías individuo-sociedade, psique-soma, conduta-consciencia, etc) e foi establecida a partir da chamada psicoloxía da forma (Gestaltpsychologie). Fálase, neste sentido, da estrutura da personalidade, da situación, do campo psicolóxico, etc. En psicopatoloxía, así mesmo, téndese a ver o cadro clínico -máis alá da súa comprensión como unha adición de síntomas illados- como un conxunto ou sistema de organización de diferentes trastornos (estrutura paranoica, obsesiva, etc).
-
Configuración dun dispositivo electrónico. Fálase de homoestrutura cando o dispositivo está composto polo mesmo elemento, e de heteroestrutura cando está composto de diferentes elementos ou dos mesmos elementos con distinta composición estequiométrica.
-
Constitución e disposición dos elementos que compoñen os órganos ou os corpos vivos, especialmente cando se fai referencia aos elementos anatómicos.
-
...
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de estruturar.
-
-
-
Relativo ou pertencente á estrutura.
-
Que afecta á estrutura.
-
-
Relativo ou pertencente ao estruturalismo.
-
Método de análise formalista propio do estruturalismo. Oposto ao empirismo, busca a lóxica interna de cada estrutura, e estudia o sistema de relación dos distintos elementos que a compoñen e as leis que a regulan, na procura sempre dunha explicación, non en función de elementos externos senón no interior da mesma estrutura estudiada. Tamén estudia a relación entre distintos conxuntos de sistemas.
-
estruturalismo.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Escola lingüística do s XX, que se caracteriza por concibir as linguas como estruturas ou sistemas, isto é, conxuntos organizados de elementos que se definen pola súa relación cos demais elementos formais, polo tanto, non materiais. O que importa non é o fenómeno en si, considerado illadamente, senón o seu valor, manifestado a través da súa situación no interior da estrutura. O estruturalismo xorde como reacción ao atomismo e positivismo propios da lingüística histórico-comparativa do s XIX. Sinálase ao profesor suízo Ferdinand de Saussure como o iniciador do estruturalismo, a raíz da publicación póstuma en 1916 dunha recompilación das súas principais teorías, baixo o título Cours de Linguistique Générale. F. de Saussure pon a base de conceptos como signo lingüístico e distincións fundamentais como materia/ obxecto, lingua/fala ou significante/significado. A consolidación do estruturalismo vén da man do Círculo Lingüístico de Praga (1926), constituído, entre outros, polos lingüistas Nikolaj...
-
-
Relativo ou pertencente ao estruturalismo.
-
Que ou quen é seguidor do estruturalismo.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Dar a algunha cousa unha estrutura determinada, distribuíndo ou ordenando as partes que a compoñen de acordo cuns criterios determinados.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Corrente artística baseada na creación dunhas formas tridimensionais, regulares e pintadas con cores planas, e estruturadas sobre un soporte. Propúxoa Charles Biederman fronte ao expresionismo abstracto.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe que se estableceu no lugar homónimo, na Pastoriza. As súas armas levan, en campo de ouro, unha árbore de sinople e, pendente do seu lado destro, unha caldeira de sable; no sinistro, unha aspa de inquirir. Outra variante trae escudo partido e cortado; primeira partición, cun caldeiro; segunda partición, cunha sapa; cortado, cunha ave que semella unha cegoña. Tamén se atesta coa forma Estoa.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Subir e baixar a marea.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
esteiro.
-
-
de estucar.
-
Revestimento de estuco.
-
Operación de estucar unha superficie que se aplica a miúdo sobre os paramentos exteriores das paredes.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Persoa que fai obras ou traballos de estuco.
-
-
Cubrir ou revestir de estuco unha superficie.
-
Colocar ou decorar unha superficie con pezas de estuco.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Pasta feita con cal ou xeso e po de mármore e cola que se aplica, a xeito de lucido, nas superficies, tanto interiores como exteriores, en paredes e columnas, e tamén na decoración arquitectónica; tamén se utiliza para motivos decorativos. Coñecido polos gregos, os romanos empregárono asiduamente. Na Idade Media utilizouse o dourado para imitar a ourivería, nos frontais e nos retablos. O estuco policromado foi a base das decoracións renacentistas e barrocas.
-
-
de estudiar.
-
Que non é natural nin espontáneo.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Persoa que cursa estudios, especialmente de ensinanza media ou superior.
-
PUBLICACIÓNS
Publicación aparecida en Santiago de Compostela o 23 de novembro de 1866. Subtitulouse “Suplemento al Correo de Galicia” e saía dúas veces ao mes. Trátase do suplemento estudantil de El Correo de Galicia, de carácter romántico e dirixido aos alumnos dos colexios, da universidade e da Escuela Compostelana.
VER O DETALLE DO TERMO -
PUBLICACIÓNS
Publicación aparecida en Pontevedra o 30 de outubro de 1879. Cesou a súa edición en novembro de 1880 (nº105). Subtitulouse “Redactado por alumnos del Instituto Provincial de esta ciudad” e “Hoja aspirante a periódico, publicada en Pontevedra”. Fundada e dirixida por Julián Rodríguez de Cea, saía os luns e os xoves. Reapareceu probablemente o 25 de novembro de 1880 co subtítulo de “Periódico bisemanal de literatura e intereses materiales” e dirixido por Rogelio Quintáns. Cesou o 2 de decembro de 1881 (nº190), pero reapareceu o 27 de abril de 1884.
VER O DETALLE DO TERMO