estrutural

estrutural

(< estructura)

  1. adx
    1. Relativo ou pertencente á estrutura.

    2. Que afecta á estrutura.

  2. adx

    Relativo ou pertencente ao estruturalismo.

  3. análise estrutural [SOCIOL]

    Método de análise formalista propio do estruturalismo. Oposto ao empirismo, busca a lóxica interna de cada estrutura, e estudia o sistema de relación dos distintos elementos que a compoñen e as leis que a regulan, na procura sempre dunha explicación, non en función de elementos externos senón no interior da mesma estrutura estudiada. Tamén estudia a relación entre distintos conxuntos de sistemas.

  4. lingüística estrutural [LING]

    estruturalismo.