"RM" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 2589.
-
-
Relativo ou pertencente ao grupo leucodermo ou aos seus representantes.
-
Individuo do grupo leucodermo.
-
Grupo étnico de pel branca ou lixeiramente escura, cabelos crechos e nariz xeralmente estreito. Habitan en Europa, no SO de Asia e no N de África.
-
-
PERSOEIRO
Economista. Publicou Camiños para mellorar a rendibilidade das empresas socialistas (1956) e Principais problemas da mecanización e a automatización da produción (1961).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Informe da Unesco que se realiza desde 1993, en que se evalúa o estado das linguas do mundo, tanto das linguas xa mortas como das linguas en perigo de extinción ou das linguas máis ou menos estabilizadas. Segundo este documento, só 45 das 94 linguas europeas están fóra de perigo de ser substituídas. Neste informe o galego aparece como unha lingua potencialmente en perigo.
-
PERSOEIRO
Químico. Fixo achegas á industria dos colorantes e estableceu o ensaio que leva o seu nome para determinar o colesterol.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor alemán. Formouse en Berlín, Weimar, París e Barbizon. Seguiu a tradición realista de Menzel e introduciu na arte alemá características impresionistas, posiblemente a través de Hals. Da súa obra, declarada dexenerada polos nazis, destacan Muenchner Biergarten, Old Vinck e Papageienallee.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Técnica de análise clínica para a determinación do colesterol, que foi descuberta en 1885.
-
PERSOEIRO
Compositor. Procedente do círculo de H. Scherchen, foi director da Ópera de Hamburgo (1959) e da Ópera de París. Utilizou a técnica dodecatónica con gran liberdade e das súas obras destacan as óperas Leonore (1952) e Penelope (1954), e Furioso, para orquestra (1947).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pedagogo alemán. Fundou con C. Reddie, a primeira escola nova alemá (1898), que se caracterizou pola vida en común no campo, sobre a base dun ensino realista e práctico. Da súa obra teórica destaca Deutsche Landerziehungsheime. Grundsätze und Einrichtungen (Casas de educación campestre alemanas. Bases e orientacións, 1917).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Iluminadores de manuscritos de orixe holandesa, chamados Herman, Jean e Paul , falecidos os tres en 1416. A súa obra anunciou a análise naturalista da paisaxe e expresou formalmente o estilo o gótico internacional. Paul e Jean traballaron para o duque Filipe II de Borgoña, e xunto a Herman, a partir de 1411 para o duque Xoán de Berry para quen iluminaron as Belles Heures e as Très Riches Heures.
-
PERSOEIRO
Escritor e xornalista. Despois dun período social, pasou a escribir poesía lírica de carácter erótico. É autor de Tal till mitt hjärta (Parlamento á miña cor, 1912) e Pa marsch (En marcha, 1934).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Que presenta os tegumentos externos lisos.
-
liocarpo.
-
-
PERSOEIRO
Antropólogo. Catedrático de Antropoloxía Social na Universidad Complutense de Madrid (1970), realizou numerosos traballos de campo relacionados con Galicia e ensaios relacionados coa bruxería e o demo, como Antropología cultural de Galicia (1971), Endemoniados en Galicia hoy (1984), Perfiles simbólico-morales de la cultura gallega (1984) e La Santa Compaña (1998). Membro da Real Academia de Ciencias Morales y Políticas, recibiu o Premio Aragón das Ciencias Sociais e Humanas (1993).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Profesor. Foi membro fundador e presidente do Ateneo Ferrolano e formou parte dos consellos de administración das revistas Concepción Areal e Ferrol Análisis. Da súa produción destacan Ferrolterra na colección Guillermo Escrigas de tarxetas postais e Historia da prensa ferrolá: (1845-1992) (1993). Recibiu o Premio de Investigación J. Quintanilla Martínez (1986).
VER O DETALLE DO TERMO -
CONDADOS
Condado de Leinster, Irlanda (2.367 km2; 104.371 h [1996]). A capital é Loch Garman (10.330 h [1992]).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Astrónomo inglés. Inventou un sistema para observar as protuberancias solares e en 1868 descubriu o helio na atmosfera do Sol. Considérase que foi el quen determinou a temperatura na superficie do Sol. Foi o fundador do Museo de Ciencias de Londres e da revista cinetífica Nature (1869), que editou durante 50 anos.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Ermida situada en Carballeda (Carballeda de Avia). A súa advocación está adicada á Nosa Señora de Orarlo. O seu estilo é románico de transición, cunha soa nave con porta de arco apuntado e dúas arquivoltas sostidas por columnas de capiteis case uniformes. A nave non ten bóveda e o tellado sostense con vigas ao descuberto. O testeiro e a sancristía son dunha época posterior. Puido desempeñar as funcións de igrexa parroquial de Carballeda de Avia baixo o coidado dos templarios de Beade, e no seu interior destaca a imaxe da virxe do Lodairo de mediados do s XVII.
-
-
Relativo ou pertencente aos lofiformes.
-
Peixe da orde dos lofiformes.
-
Orde de peixes, da clase dos osteíctios, que presentan o corpo nu ou cuberto de tubérculos espiñosos. Teñen as aletas pectorais pedunculadas, os primeiros radios das aletas dorsais libres e transformados e os filamentos pescadores e as fosas branquiais reducidas a un simple furado situado detrás de cada aleta pectoral. Inclúe especies mariñas e bentónicas, como o Lophius budegassa (peixe sapo).
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Fronte armada que se articulou dentro da organización Galiza Ceibe e levou a cabo diversas accións terroristas, entre 1978 e 1980, como a queima de camións en Santiago de Compostela, bombas contra a construción da autoestrada Vigo-Santiago e o intento de asalto á polvoreira de Noia. A detención pola policía dos dirixentes do grupo entre setembro e novembro de 1980 provocou o seu esmorecemento.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Institución financeira xaponesa fundada en 1952, que centrou a súa actuación no financiamento e no fomento da industria do país.