Loita Armada Revolucionaria
Loita Armada Revolucionaria
Fronte armada que se articulou dentro da organización Galiza Ceibe e levou a cabo diversas accións terroristas, entre 1978 e 1980, como a queima de camións en Santiago de Compostela, bombas contra a construción da autoestrada Vigo-Santiago e o intento de asalto á polvoreira de Noia. A detención pola policía dos dirixentes do grupo entre setembro e novembro de 1980 provocou o seu esmorecemento.