Loita
Loita
Publicación mensual de información xeral editada en México a partir de xaneiro de 1943. Cesou no mesmo ano. Impresa por F. Mendoza e dirixida por Luís Soto, subtitulouse “Segunda época do Boletín Galego de Informazón. Editado pola Comisión Galega do PC de Hespaña”. Tratouse do primeiro xornal de tendencia comunista escrito integramente en galego.