"lla" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 2798.
-
PERSOEIRO
Fotógrafo. Colaborou inicialmente co seu pai, Francisco Llanos Mas. Ademais de traballar para Faro de Vigo, organizou o seu propio estudo na rúa Policarpo Sanz, en Vigo.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Arquivo de fotografía histórica en que se recollen diferentes imaxes de Francisco Llanos Mas, Francisco Llanos Trápaga e Ángel Llanos González. Na súa maior parte corresponden a fotografías da cidade de Vigo e dos seus arredores, así como da cidade da Coruña. O 14 de setembro de 2001 o Concello de Vigo organizou a exposición O que Vigo lle debe ao mar, onde se incluíron algunhas imaxes deste arquivo.
-
PERSOEIRO
Pintor. Parece ser que colaborou con Leonardo da Vinci na Batalla de Anghiari. De 1507 a 1510 pintou, con Yáñez de la Almedina, as portas do retablo maior da catedral valenciana.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Extensa rexión de América do Sur, que ocupa unha gran parte de Venezuela central e o NL de Colombia (300.000 km2). É unha ampla chaira, comprendida entre o macizo de Güiana e os Andes, en que se distinguen diferentes subrexións: Los Llanos altos occidentais, os centrais, os baixos, os de Monagas e Las Mesas. O clima é tropical e é característico o vento fresco guarinés. A vexetación é de sabana herbácea e de selva en Los Llanos altos. Está moi pouco poboada e as cidades máis importantes son Ciudad Bolívar e Calabozo. A gandería é a actividade máis destacada.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cuarta serie do Ordovícico, intercalado entre o Llandeilo e o Caradoc.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente ao Llanvirniano.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe que trae por armas, en campo de goles, unha banda de prata, cargada dunha cadea de azul e acompañada no alto dunha coroa real de ouro, e no baixo, dun león rampante, de prata e bordo tamén de ouro.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo da verba dos arxinas ou xerga dos canteiros que corresponde á voz ‘capador’.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo do latín dos chafoutas, ou xerga dos albaneis, e tamén do verbo dos daordes, ou xerga dos telleiros, que corresponde ás voces ‘camiñar’ ou ‘marchar’.
-
PERSOEIRO
Militar. Capitán do exército, foi fusilado en Carral pola súa participación no Levantamento de Solís no ano 1846.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xeólogo. Publicou traballos sobre tectónica e morfoloxía dos Prepireneos e do Pireneo catalán e a hidroloxía cárstica do Sistema Mediterráneo. Foi catedrático de Xeografía física de Oviedo e centrou as súas investigacións na estrutura e na tectónica da Cordilleira Cantábrica, especialmente do Carbonífero. Fundou as revistas Breviora Geologica Asturica e Speleon, e en 1949 colaborou na fundación da Editorial Alpina, onde publicou numerosos traballos de divulgación. Primeiro catedrático de estratigrafía en Madrid, introduciu esta especialidade nas universidades españolas.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Antigo cenobio de monxas beneditinas situado en Lobios (Sober), do que se descoñece a data da súa fundación. Por unha bula do Papa Xulio II de 1504, incorporouse ao mosterio de San Paio de Antealtares. Posuía un couto que no s XVI tiña 33 veciños que pagaban as rendas. Consérvase a igrexa románica dos ss XII e XIII con algún elemento gótico. Ten planta de nave única e ábsida rectangular. A sancristía é posterior e a espadana é plenamente barroca. A portada principal está formada por catro arquivoltas e sobre ela sitúase unha fiestra enmarcada dentro doutra, con arcos apuntados.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de aves cantoras, da familia dos sílvidos, que presentan pequeno tamaño e peteiro fino. Os machos son iguais ás femias e aliméntanse de insectos. En Galicia pódense atopar as especies L. naevia (folosa pintada) e L. luscinoides (folosa unicolor).
-
ILLAS
Illa de Dinamarca situada no Mar Báltico, ao S das illas de Sjaelland e Fyn, separada delas polos estreitos de Smålandsfarvandet e Lagelands Baelt, respectivamente. Unida por dúas pontes á illa de Falster, forma con ela o amt de Sotrstrøm. A súa capital é Maribo.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente aos lollards.
-
Seguidor dunha asociación relixiosa, probablemente derivada das beguinas, que xurdiu en Anveres cara ao ano 1300. Aínda que sospeitosos de herexía, practicaban obras de misericordia.
-
Seguidor de John Wycliffe. Estenderon a súa predicación en Inglaterra e adoptaron tendencias revolucionarias, feito que motivou, en 1401, a condena eclesiástica e civil e unha dura persecución.
-
-
GALICIA
Antropólogo e escritor. Coñecido como Florentino López Cuevillas, foi membro da Xeración Nós e do Seminario de Estudos Galegos. Formouse no Instituto de Ourense, onde recibiu as influencias do catedrático de Retórica e Poética Marcelo Macías. Ao rematar o bacharelato marchou a Santiago de Compostela, onde estudiou farmacia, e a Madrid. Na capital do Estado iniciou a carreira de Filosofía e Letras, unha licenciatura que non chegou a rematar, e comezou o seu labor profesional como funcionario do Ministerio da Gobernación. De regreso a Ourense compaxinou o seu labor político e investigador cun emprego na delegación de Facenda da súa vila natal. Os seus primeiros escritos políticos e literarios apareceron no periódico El Miño e posteriormente en La Centuria, con traballos de temática sociopolítica. 1920 é a data da fundación da revista Nós, na que participou moi directamente xunto con Vicente Risco, R. Otero Pedrayo e Castelao, entre outros. Alí editou o seu primeiro e máis destacado artigo,...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Florentino López Alonso-Cuevillas.
-
GALICIA
Piloto de motociclismo. Foi campión de España de super-bike (1990) e o primeiro español en conseguir un podio nesta modalidade no campionato do mundo. Foi nomeado Deportista lucense do ano (1990).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Xornalista e escritor. Delegado de El Progreso en Sarria e correspondente da axencia EFE en Lugo desde 1970, traballou nunha emisora local (1961-1964) e foi redactor en Radio Cadena e RNE. Director e fundador da Asociación de Periodistas y Estudiosos del Camino de Santiago (APCSA), é cronista oficial de Portomarín. Publicou Sarria, capitalidad del Camino Francés en Tierras de Lugo (1984), Del viejo al nuevo Portomarín (1985), Paradela y su Concello (1990), en colaboración, El Camino Francés en Galicia (1992) e O Cebreiro (2003). Recibiu o Premio Belén de Begonte, o Premio Meigas e Trasgos de Sarria e o Premio Xacobeo 93.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Sindicalista e tipógrafo. Membro do consello federal da Federación Regional Española da Asociación Internacional de Trabajadores (AIT), foi delegado na Conferencia de Londres da AIT (1871). Estableceuse en Barcelona (1874) e ingresou na Federación de Trabajadores de la Región Española (FTRE) en 1885. Realizou unha intensa actividade de publicista e formou parte da redacción de Acracia (1886-1888) e El Produtor (1887-1893). Foi o introdutor do sindicalismo revolucionario francés, xunto con José López Montenegro. Desterrado polos feitos da Semana Tráxica de 1909, volveu a Barcelona en 1910 e escribiu El estado (1985), El banquete de la vida (1905), El proletariado militante I e II (1901-1910), El pueblo (1910) e Vida anarquista (1912).
VER O DETALLE DO TERMO