"AN" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • CAPITAIS

    Capital da rexión de Alto Congo, República Democrática do Congo (417.517 h [estim 1994]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Obra médica en cinco libros escrita en árabe por Avicena, considerada durante a Baixa Idade Media e o Renacemento a obra clásica da medicina. A tradución ao latín de Gherardo da Cremona, do s XII, foi impresa, por enteiro ou parcialmente, 36 veces nos ss XV e XV. O primeiro libro, al-kullīyāt, contén a parte xeral (definicións, fisioloxía, nosoloxía, etioloxía e sintomatoloxía); o segundo ocúpase dos medicamentos; o terceiro é unha patoloxía específica; o cuarto estudia as enfermidades que afectan a todo o organismo, as fracturas e luxacións e a cosmética e o quinto é unha farmacopea.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (Järgerspris, Sjaelland 1849 - Tisvilde, Sjaelland 1900) Químico danés. Investigou sobre o método de determinación do nitróxeno.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (Düsseldorf 1849 - Göttingen 1925) Matemático alemán. Fixo traballos sobre a aplicación da teoría de grupos na xeometría. Estudiou tamén diversos aspectos da xeometría riemanniana e da xeometría diferencial, e as funcións hiperelípticas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (Viena 30.3.1882 - Londres 22.9.1960) Psicanalista. Estudiou psicanálise en Budapest e Berlín e despois trasladouse a Londres. Aplicou, por primeira vez, a técnica psicanalítica nos nenos e interpretou os xogos infantís como o lugar de expresión das fantasías insconscientes. Estableceu unha época moi primeiriza (o primeiro ano de vida) para o complexo de Edipo e para a estruturación da personalidade. As súas obras máis importantes son The Psychoanalysis of Children (1932) e Envy and Gratitude (1957).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (St. Louis, Missouri 1947) Actor. Comezou a súa carreira no teatro, onde recibiu dous premios Tony (1978 e 1982). É moi versátil e alterna papeis dramáticos e cómicos. Traballou nos filmes Silverado (1985), A Fish Called Wanda (1988), Grand Canyon (1991), In & Out (1999) e Orange County (2002).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (Frankfurt 1752 - Peterburgo 1831) Dramaturgo e novelista alemán. Dunha gran fecundidade, escribiu os dramas Sturm und Drang (Tempestade e impulso, 1777), que deu nome a unha importante corrente romántica, Die Zwillinge (Os xemelgos, 1776) e Simsone Grisaldo (1776).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (Halberstadt, Magdeburg 1932) Realizador cinematográfico e escritor alemán. Impulsou o “novo cine” alemán e os seus filmes posúen un estilo frío e intelectual. Das súas películas destacan Abschied von Gestern (Adeus ao onte, 1966), Gelegenheitsarbeit einer Sklavin (O traballo ocasional dunha escrava, 1973), Die Patriotin (A patriota, 1979), Die Maht der Gefühle (O poder dos sentimentos, 1983) e Vermischte Nachrischten (Informacións mesturadas, 1987).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (Sankt Veit an der Gla, Estiria 1892 - Graz, Estiria 1970) Médico austríaco. Famoso, sobre todo, polas investigacións sobre os períodos fecundos da muller, estableceu xunto co médico xaponés Kyusako Ogino o método contraconceptivo natural chamado método de Ogino-Knaus (1930).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (? 1458? - Nuremberg 1513) Impresor alemán. Cara a 1471 estableceuse en Nuremberg, onde se especializou en obras de teoloxía e filosofía escolástica. Representado nas principais cidades europeas, foi o primeiro en posuír unha organización industrial e comercial importante.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Proclama publicada na cidade de Koblenz polo duque de Brunswick o 25 de xullo de 1792, no nome do emperador de Austria e do tsar de Rusia. Conminaba os franceses a restablecer a plena soberanía de Luís XVI. O pobo de París, indignado polo manifesto, atacou o palacio das Tulleries (10 de agosto) e prendeu o rei.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (Clausthal 1843 - Baden-Baden 1910) Médico e microbiólogo alemán. Sendo novo exerceu a medicina rural ata que os seus traballos de laboratorio chamaron a atención dalgúns sabios coetáneos, como F. Cohn ou J. Cohnheim, e lle valeron un cargo importante no departamento imperial de hixiene de Berlín, onde proseguiu as súas investigacións e creou novos métodos de cultivo de bacterias. Descubriu o bacilo da tuberculose (1882) e o virus colérico (1883). Estableceu a lei que leva o seu nome para saber se un microbio é axente causal dunha enfermidade. Profesor na Universidade de Berlín, publicou importantes traballos sobre a teoría xeral da enfermidade infecciosa e, en particular, sobre a tuberculose. En 1890 obtivo a tuberculina que non respondeu ás esperanzas creadas ao redor do mundo como remedio infalible, pero que foi utilizada con éxito no diagnóstico precoz da tuberculose. Tamén inventou novas técnicas de cultivo de microorganismos, atopou os microorganismos causantes da disentería amébica...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (Bremen 1603 - Leiden 1669) Teólogo protestante. Coñecido como Johannes Cocceius, os seus comentarios críticos, reunidos na Summa doctrinae de foedere et testamento Dei (1648), fan del o primeiro representante dunha teoloxía sobre a Alianza.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (Sycyna, preto de Radon 1530 - Lublin 1584) Poeta polaco. Representante do Renacemento polaco, foi un dos iniciadores da literatura nacional polaca. Tradutor da Biblia e dos clásicos, é tamén autor de diversos ensaios, como Szachy (Os cadros, 1566) e Muza (Musa, 1567).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (Kecskemét 1882 - Budapest 1967) Compositor, musicólogo e pensador húngaro. Creou un estilo propio inspirado pola auténtica música folclórica húngara. A popularidade das súas obras, que unen o carácter nacional coa tradición universal, posúe unha instrumentación eficaz e unha liña melódica facilmente identificable. Creou un método pedagóxico universal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (Telki, Pest 1899 - Budapest 1969) Escritor e publicista húngaro. As experiencias da infancia, os campesiños e o campo predominan na súa obra. Destacan o conto Sötétségr (Escuridade, 1922), a novela Atyai hajlék (Casa paterna, 1927) e o drama Földindulás (Terremoto, 1939). O avance do fascismo e o perigo de debilitamento da conciencia nacional movérono a escribir novelas históricas, como A vas fiai (Os fillos do ferro, 1936) e de temática bíblica como Az égo csipkebokor (A silva ardente, 1957).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (Greifswald, Rostock 23.6.1906 - Múnic 15.3.1996) Escritor alemán. Foi autor de Tauben im Gras (Pombas na herba, 1951), Das Treibhaus (O invernadoiro, 1953) e Der Tot im Rom (A morte en Roma, 1954). Escribiu tamén libros de viaxes, como Nach Russland und anderswohin (Cara a Rusia e outros lugares, 1958) e New York (1977), e relatos, como Romanisches Café (Café románico, 1972) e Jugend (Xuventude, 1976).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (Basilea s XV - ? s XVI) Impresor alemán. Estableceuse en València (1494-1517) e publicou numerosas obras en castelán, entre elas, o Cancionero general, de Hernando del Castillo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do fu de Toquio, na illa de Honshū, Xapón (107.430 h [1991]).

    VER O DETALLE DO TERMO