"AN" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
REXIÓNS
Rexión montañosa de Paquistán, cerca da fronteira con Afganistán. A altitude media da cordilleira é de 1.500 m.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
(Múnic 1946 - Friburgo 1995) Biólogo alemán. Doutor pola Universidade de Friburgo (1974), estudiou o control xenético da síntese dos anticorpos, que abriron as portas á consecución de anticorpos clonais contra calquera antíxeno. Por estas investigacións recibiu en 1984 o Premio Nobel de Fisioloxía e Medicina, xunto con K. Jerne e C. Milstein.
-
VER O DETALLE DO TERMO
(Moscova 1902 - París 1968) Filósofo. Discípulo de K. Jaspers, foi unha das figuras fundamentais do pensamento contemporáneo sen ter realizado obra onde sostivera teses propias. Os seus cursos, recollidos en Introdution à la Lecture de Hegel (1947), retornaron a Hegel a un primeiro plano da actualidade. O seu maxisterio constituíu a formulación máis triunfante dunha doutrina historicista.
-
CIDADES
Cidade da oblast’ de Fergana, Uzbekistán (192.500 h [1999]). A súa economía baséase na industria química.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
(Elliehausen, Baixa Saxonia 1818 - Leipzig 1884) Químico alemán. Foi discípulo de Wöhler e Bunsen. Sintetizou o ácido acético e o ácido salicílico e, xunto co R. Schmidt, descubriu a síntese que leva o seu nome.
-
VER O DETALLE DO TERMO
(Mošovce, Eslovaquia 1793 - Viena 1852) Poeta. A súa obra inicial foi a colección de sonetos, en checo, Slávy dcera (A filla do eslavo, 1824). Fundou o paneslavismo romántico e non chegou a comprender o movemento de emancipación nacional e lingüístico eslovaco, polo que se opuxo cunha serie de cancións nacionais (1834-1835).
-
VER O DETALLE DO TERMO
(Peterburgo 1872 - Moscova 1952) Revolucionaria rusa. Tralo triunfo da Revolución de Outubro foi comisaria do pobo para a Asistencia Pública, cargo desde o que desenvolveu un traballo en prol de reformas sociais e institucionais, especialmente no que respecta á situación social e familiar da muller. Membro do Comité Central do PCUS (1918), foi apartada da política activa en 1924 por reclamar a democratización interna do partido e unha maior participación dos traballadores. Desde aquela dedicouse a exercer funcións de embaixadora no estranxeiro.
-
VER O DETALLE DO TERMO
(Tambov 1903 - Moscova 1988) Matemático ruso. Foi profesor na Universidade de Moscova. Fixo importantes investigacións sobre a teoría das funcións reais, sobre a teoría da medida e sobre lóxica intuicionista. Propuxo a axiomática da teoría matemática moderna da probabilidade, coñecida co nome de axiomática de Kolmogorov.
-
VER O DETALLE DO TERMO
(Nivnice 28.3. 1592 - Amsterdam 15.11.1670) Pedagogo e teólogo checo. Coñecido como Johann Amos Comenius, pertenceu á Unión dos Irmáns Moravos, da que tamén foi bispo, e isto supúxolle ser un proscrito en seis países. Escribiu a Didactica Magna (1627-1632) -obra que deu paso ao paradigma do realismo pedagóxico, distanciado do humanismo e antecedente do empirismo-, Ianua linguarum reserata e Orbis pitus. Con estas obras converteuse no gran pedagogo europeo do s XVII. No seu derradeiro libro, Unum Necessarium (1668), propugnaba a pansofía, desenvolvemento orgánico de toda a sabedoría divina.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Okrug de Rusia (32.900 km2; 151.400 h [estim 1999]). A súa capital é Kudymkar (33.451 h [1995]). As principais actividades económicas son a explotación forestal, a agricultura e a gandería bovina.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome ruso de Kost´antynivka.
-
VER O DETALLE DO TERMO
(s’Gaveland 1910 - New Haven, Connecticut 1985) Economista. Escribiu Three essays on the state of economic science (1957). Recibiu o Premio Nobel de Economía en 1975, xunto con L.V.Kantorovic, pola súa contribución á teoría da asignación óptima de recursos e a formación de prezos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Pequenas manchas abrancazadas, localizadas nas mucosas da cavidade bucal que aparecen na fase prodrómica do sarampelo e desaparecen unha vez que sae a erupción cutánea característica da enfermidade.
-
VER O DETALLE DO TERMO
(Esmirna 1748 - París 1833) Filólogo e escritor turco. Estudiou en Amsterdam, Montpellier e París. Investigou e editou a maioría dos autores gregos antigos. Interveu tamén na denominada “cuestión da lingua”.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sándor Laszlo Korda
-
VER O DETALLE DO TERMO
(Turkeve, Jasz-Na-gykun-Szolnok 1893 - Londres 1956) Produtor e director cinematográfico húngaro. Coñecido como Alexander Korda, fundou as produtoras London Film (1932), en Londres, e Alexander Korda Film (1941), en Hollywood. Dirixiu The Private Life of Henry VIII (1933), Rembrandt (1936), The Hamilton Woman (1941), Perfect Strangers (1945) e An Ideal Husband (1947).
-
VER O DETALLE DO TERMO
(Brno 1897 - Hollywood 1957) Compositor e director de orquestra. Neno prodixio, á idade de once anos compuxo o ballet Der Schneemann, ao que seguiron as óperas Der Ring des Polykrates (1916), Violanta (1916) e Die tote Stadt (1920). Dirixiu a orquestra do teatro de Hamburgo (1921-1927) e marchou a EE UU (1934), onde compuxo música para películas e gañou dous Oscar (1936 e 1938).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nove fadas da mitoloxía bretona. Poden predicir o futuro, curar enfermidades, moverse no espazo tan rápido como queiran, e poden verse xeralmente nas proximidades das fontes. Son moi fermosas e visten túnica branca e peitean a súa cabeleira dourada cun peite de ouro.
-
CIDADES
Cidade da oblast’ de Doneck, Ucraína (108.000 h [estim 1991]). É un núcleo industrial que conta con fábricas siderúrxicas e metalúrxicas.
VER O DETALLE DO TERMO