Kollontaj, Aleksandra Mikhajlovna

Kollontaj, Aleksandra Mikhajlovna

(Peterburgo 1872 - Moscova 1952) Revolucionaria rusa. Tralo triunfo da Revolución de Outubro foi comisaria do pobo para a Asistencia Pública, cargo desde o que desenvolveu un traballo en prol de reformas sociais e institucionais, especialmente no que respecta á situación social e familiar da muller. Membro do Comité Central do PCUS (1918), foi apartada da política activa en 1924 por reclamar a democratización interna do partido e unha maior participación dos traballadores. Desde aquela dedicouse a exercer funcións de embaixadora no estranxeiro.

Palabras veciñas

kolkhoz | Kollár, Jan | Kölliker, Rudolf Albert von | Kollontaj, Aleksandra Mikhajlovna | Kollwitz, Käthe | Kolmogorov, Andrej Nikolajevič | Kolomna