"AN" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
PERSOEIRO
Moralista. É autor de Caractères (1688), a súa única obra, onde se recollen as súas observacións sobre os costumes do século na corte de Luís XIV e en París. O libro presenta unha galería de retratos case caricaturescos e irónicos, ás veces crueis, e unhas observacións de moralistas que o enriquecen e lle dan a súa verdadeira dimensión. A nobreza, para o autor, perdeu a súa característica esencial de referente moral para o conxunto do país. Posiblemente é a superficialidade o punto máis fraco da súa obra, que non se pode comparar á visión pesimista pero profunda de La Rochefocauld.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta e narrador francés. De orixe burguesa, publicou primeiro unha adaptación de L’eunuque (1654) de Terencio, e poemas de circunstancias, de agradecemento a Fouquet, Aux nymphes de Vaux (1661) e Ode au roi (1663). Entre 1665 e 1674 publicou os seus Contes, inspirados en narradores italianos e franceses, e as primeiras escollas de fábulas: as seis primeiras apareceron en 1668 co título de Fables choisies mises en vers. Dez anos máis tarde seguiron os libros VII e VIII; en 1679, os IX, X e XI, e, finalmente, en 1693, o XII, onde tentou dar unha nova forma, que supera pola versificación as composicións dos autores antigos, como Isopo ou Fedro. Servíndose dos animais, esbozou unha moral discretamente epicureísta. As fábulas, nos últimos libros, manifestan un pensamento máis maduro, unha intransixencia máis forte ante os vicios da humanidade, un elevado...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta e crítico. Escribiu traxedias convencionais, pero a súa actividade máis importante foi o exercicio da crítica literaria. Das súas obras destacan Le Lycée, ou cours de littérature ancienne et moderne (1799).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Moralista. Despois de participar en diversas conspiracións, retirouse da vida política e redactou Sentences et maximes de morale (1655) onde, a partir da constatación de que as virtudes a miúdo non son máis que vicios disfrazados, organizou unha visión lúcida e pesimista do home.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor francés. Secretario e preceptor de moitos membros da alta nobreza, escribiu numerosas obras didácticas e unha divertida novela de costumes, Histoire du petit Jehan de Saintré.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
san (Reims 30.4.1651 - Rouen 7.4.1719) Sacerdote e pedagogo francés. Despois de ser ordenado sacerdote en 1678, fundou a congregación dos Irmáns das Escolas Cristiás. Ademais das constitucións da congregación de 1693, escribiu Les devoirs du chrétien (1703). O seu sistema pedagóxico, exposto en La conduite des écoles (1717), prescribiu unha pedagoxía racional e a adopción da lingua materna en lugar do latín. Foi canonizado en 1900 e proclamado patrón dos educadores en 1951. A súa festa celébrase o 7 de abril.
-
PERSOEIRO
Poeta francés. Participou nas guerras de relixión entre hugonotes e católicos e reclamou a paz no tratado Le Prince nécessaire. É autor das dúas traxedias bíblicas Saül furieux (1572) e La Famine ou les Gabéonites (1574); a primeira ten como prólogo o ensaio L’ art de la tragédie, verdadeiro tratado de estética teatral.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Aristócrata. Princesa dos Orsini polo seu segundo matrimonio co príncipe Flavio degli Orsini, duque de Bracciano (1675). En 1701 nomeárona camareira maior de María Luísa Gabriela de Savoia, primeira esposa de Filipe V, e converteuse na principal representante do partido francés na corte española. Foi desterrada pola segunda muller do rei, Isabel de Farnesio, e retirouse a Roma en 1716.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
División administrativa de Finlandia.
-
PERSOEIRO
Místico e reformador francés. Foi xesuíta, oratoriano, sacerdote rural e cóengo en Amiens, e entregouse á predicación. Adherido AO calvinismo (1650), a súa doutrina, o labadismo, con tendencia a unha sorte de comunismo cristián, foi condenada en 1688 polo sínodo de Dordrecht. Formou unha comunidade disidente que se extinguiu en 1740.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Coreógrafo. Foi unha figura clave no desenvolvemento da danza contemporánea, tanto no plano teórico coma no práctico e no pedagóxico. Formouse en París, onde prestou atención aos bailes e danzas de carácter popular de todo o mundo, e realizou viaxes de estudo por África, China e América do Norte. Despois de varias experiencias en Berlín, Viena e Dresden, onde colaborou como director de movemento de numerosas compañías de teatro, estableceuse en Múnic en 1910, onde creou un centro de formación que en 1937 trasladou a Manchester. En 1946 creou o Art of Movement Studio, e entre os seus discípulos destacaron Mary Wigman ou Kurt Jooss, que espallaron e desenvolveron o seu método, recollido en libros como El dominio del movimiento ou Danza educativa moderna. Das súas achegas máis transcendentais destacan os seus estudos arredor do movemento expresivo...
VER O DETALLE DO TERMO -
PRAIAS
Praia do litoral L da Illa de Arousa, situada entre as puntas Con Cerrado e Labanqueira, no concello da Illa de Arousa.
VER O DETALLE DO TERMO -
PUNTA
Punta da costa L da Illa de Arousa, situada entre a praia do mesmo nome e a de Camacho, no concello da Illa de Arousa.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Biólogo. Doutor en Ciencias Biolóxicas E investigador do CSIC desde 1972, foi secretario (1979-1983) e director (1990-1994) do Instituto de Investigacións Mariñas do CSIC en Vigo. É membro do Seminario de Estudios Galegos e do Consello da Cultura Galega (1991-1993). Estudiou principalmente a pesca nas costas galegas e publicou artigos de prensa, informes e libros, como A pesca galega e a súa investigación (1978) e A Galicia mariñeira. Foi deputado do Parlamento galego na IV lexislatura (1993-1997) polo PSdeG-PSOE.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor. Coñecido cos pseudónimos de Ibalan e Aspaldiko, a súa obra esténdese a todo o que se relaciona co teatro, do que foi un grande impulsor. Deu a coñecer as principais correntes europeas co seu traballo como tradutor. Pola contra, na súa obra orixinal seguiu a traxectoria de antes da guerra, con pezas costumistas e dramas históricos. En 1932 fundou e dirixiu a revista teatral Antzerti e escribiu unha historia do teatro vasco.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Que labora.
-
Persoa que coida de certos traballos auxiliares de laboratorio.
-
-
PERSOEIRO
Militar e escritor. Foi guía de Napoleón nas guerras da independencia española (1808) e austríaca (1809). Deputado por París (1822), interveu na insurrección que obrigou a Carlos X a exiliarse (1830) e foi axudante de campo do rei Luís Filipe I de Francia. Home dunha gran cultura, escribiu máis de trinta obras, das que destacan Voyage pittoresque et historique de l’Espagne (1807-1818), ilustrada con gravados, algúns deles debuxados por el mesmo, e L’itinéraire descriptif de l’ Espagne (1808).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Cantautor, escritor e político. Fundador da revista Andalán e do Partido Socialista de Aragón (PSA), foi deputado nas Cortes de Aragón pola Chunta Aragonesista (1999-2000) e deputado no Congreso de los Diputados desde 2000. Como intérprete gravou o disco Cantar y callar (1974). Publicou Las sonatas (1965), Con la voz a cuestas (1982), Diario de un náufrago (1988), Un país en la mochila (1995), froito dos doce documentais sobre España rural emitidos por TVE, e Dulce sabor de días agrestes (2003).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Cantautor, profesor, escritor e político. Licenciado en Filosofía e Letras en 1960, exerceu a docencia ata que se dedicou en exclusiva ás súas facetas creativas. Participou na fundación da revista cultural Andalán, xunto con Eloy Fernández Clemente, e do Partido Socialista de Aragón (PSA). Foi deputado nas Cortes de Aragón pola Chunta Aragonesista (1999-2000) e deputado no Congreso de los Diputados na VII e VIII lexislaturas (2000-2008).
VER O DETALLE DO TERMO
Da súa discografía destacan os títulos Cantar y callar (1974), Tiempo de espera (1975), Que no amanece por nada (1978), Las cuatro estaciones (1981), Aguantando el temporal (1985), Diario de un náufrago (1988), Canciones de amor (1993), Paisajes (1997) e Vayatrés (2009). Publicou, entre outras obras, Sucede el pensamiento (1959), Recuerdos... -
VER O DETALLE DO TERMO
Dialecto do éuscaro situado entre o alto navarro e o baixo navarro.