"Ōta" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 576.

    1. Atribuír unha información semántica a unha unidade lingüística, engadida á significación primaria en función do contexto ou da subxectividade.

    2. Implicar cun atributo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que connota.

    2. Relativo ou pertencente á connotación.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Tubo de vidro cunha capucha de goma nun extremo e acabado, no outro, en forma capilar, que serve para botar gotas de líquido de forma controlada.

    2. Ferramenta utilizada para seleccionar unha cor dispoñible en programas de debuxo ou retocamento fotográfico que permite adaptar unha cor da imaxe existente e facer que se converta na cor activa. Faise clic co contagotas na área de cor que se desexe e esa convértese na cor seleccionada. Pódense tomar mostras das cores primaria, secundaria e de fondo. Nunha fotografía en cor de 24 ou máis bits hai millóns de cores dispoñibles, e o contagotas permite recoller a cor correcta que se quere empregar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ás árbores e arbustos que por ambos os lados teñen cortadas as súas pólas de forma desigual.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cabo co que se reforza a escota para facilitar a manobra cando vai vento forte ou temporal.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Corfú ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante de Corfú.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Antiga peza de vestir longa e con mangas semellante a unha bata, que cubría o corpo dende o pescozo ata case os pés. Usábana tanto os homes coma as mulleres e, entre as clases privilexiadas, adoitábase adornar con peles polos costados.

      2. cota de armas/armar

        Túnica exterior e lixeira sen mangas que se levaba sobre o arnés cinguida por un cinto, con aberturas en ambos os lados. Utilizábase para impedir que o sol quentase a armadura, que a chuvia penetrase nas mallas e como obstáculo fronte ás frechas inimigas. A finais do s XIII blasonáronas cos emblemas heráldicos sobrepostos ou bordados que servían para recoñecer a estirpe do guerreiro. Orixinariamente era característica dos cabaleiros, despois empregárona os homes de armas que a levaban coas cores do seu capitán. O seu uso era obrigatorio nas batallas persoais e nos torneos para poder identificar os loitadores. Dende o s XVI usárona só os heraldos de armas, adornadas cos emblemas do reino ao que pertencían. Na heráldica, a cota de armas do cabaleiro está simbolizada polo bordo que arrodea o campo do escudo e que concedían os reis -como sinal de protección, favor e recompensa- aos esforzados guerreiros que saían do combate manchados coa sangue do inimigo.

      3. cota de malla/mallas

        Peza de vestir usada polos guerreiros medievais que lles cubría todo o corpo desde a cabeza aos pés, elaborada con arames de ferro entretecidos. Constituía unha protección lixeira contra as armas brancas e podíase complementar co casco, con coirazas e outras pezas de armadura que se colocaban enriba dela. Os normandos foron os primeiros en empregala, e o seu uso xeneralizouse no s XIII.

    1. estidura litúrxica semellante a un sobrepeliz cunha abertura cadrada para a cabeza, usada sobre todo polos acólitos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Parte situada na parte oposta ao gume das ferramentas cortantes.

    2. Pao ou ferro onde están incrustados os dentes dalgúns aveños, como o angazo.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Cantidade de cartos que lle toca pagar a cadaquén nun gasto común, no pagamento dun imposto ou como contribución a algún colectivo no que se participa para o seu mantemento.

      2. cota sindical

        Contribución económica dos traballadores afiliados a un sindicato, destinada a cubrir os gastos de organización e das actividades sindicais.

      3. cota tributaria

        Cantidade que debe ser aboada ao ente público en concepto de tributo, como resultado de aplicar o tipo impositivo á base. Non coincide necesariamente coa débeda tributaria, ao estar esta integrada, ademais da cota, polos recargos legalmente esixibles, os intereses de demora, as recargas por aprazamentos ou prórrogas, as recargas de prema e as sancións producidas.

    1. Cantidade máxima establecida de persoas ou cousas.

    2. Cantidade de bens ou servicios que se poden exportar ou importar no comercio internacional.

    3. Cantidade máxima que se pode producir ou capturar dun ben, determinada polas autoridades gobernamentais. O seu obxectivo é evitar a caída dos prezos por mor dunha superprodución, favorecer a entrada nos mercados dos produtos de determinadas áreas que, noutras circunstancias, quedarían relegados polos seu competidores ou, no caso de produtos que se cazan, pescan ou colleitan sen sementalos antes, protexer as poboacións e garantir unha serie de condicións precisas para a súa reprodución.

      1. Altura dun punto.

      2. Número que nos planos topográficos representa a altitude dun punto respecto a un nivel de base, xeralmente o nivel do mar, ou ben respecto dalgún outro plano convencional que se poida tomar eventualmente como orixe de altitudes.

    4. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Friol baixo a advocación de san Martiño.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte da serra das Penas Libres que lles serve de límite ás parroquias (e concellos) de Piornedo (Castrelo do Val), Trasestrada (Riós) e Fumaces e a Trepa (Vilardevós). O seu cumio acada os 1.119 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor e humanista prerrenacentista. No Cancionero General de 1511 publicou “Diálogo entre el amor y un caballero viejo”.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade da illa de Mindanao, Filipinas, situada preto da desembocadura do río Mindanao, no Golfo Moro (127.000 h [1990]). A base da súa economía é a agricultura, que ocupa o 62% da poboación activa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo da xerga dos cesteiros de Mondariz que corresponde á voz ‘canteiro’.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Talo da xesta.

    2. Resto da planta do millo que permanece unido á terra despois de segala.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Inverso da tanxente dun ángulo: cotxα=1/txα.

    2. Función cotx: O - {kπ, kÎM}→O definida pola asignación x→1/txx, onde tx é a función tanxente.

    3. Función cotx: L - {kπ, kÎM}→O definida pola asignación z→1/txz, onde tx é a función tanxente complexa.

    4. Función coth: O-{0}→O definida pola asignación x→1/thx, onde th é a función tanxente hiperbólica.

    5. Función coth: L - {ikπ, kÎM}→L definida pola asignación z→1/thz, onde th é a función tanxente hiperbólica complexa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acometer un animal cos cornos contra algo ou alguén.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cota que empregaban homes e mulleres na Baixa Idade Media, axustada ao van, coa parte superior abombada mediante un recheo de algodón ou calquera tipo de material almofadado.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Elevación pouco pronunciada nun terreo situada, polo xeral, nunha chaira.

    2. Parte máis elevada dun monte.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Apelido de orixe toponímica. Trátase dunha forma diminutiva da voz común coto. Documéntase no século XVIII: “Francisco Rodríguez do Cotarel” (doc ano 1753 en Tuy 1753 según las Respuestas Generales del Catastro de Ensenada, p 113).

    2. Liñaxe asturiana que leva como armas un escudo cortado: primeira partición, en campo de azul, con tres flores de lis de ouro, ben ordenadas; segunda partición, en campo de goles, cunha cota de malla de prata; bordo de ouro, con oito aspas de goles.

    VER O DETALLE DO TERMO