contagotas

contagotas

(< contar + gota)

  1. s m

    Tubo de vidro cunha capucha de goma nun extremo e acabado, no outro, en forma capilar, que serve para botar gotas de líquido de forma controlada.

    Ex: Teño que botar o medicamento con contagotas.

  2. s m [INFORM]

    Ferramenta utilizada para seleccionar unha cor dispoñible en programas de debuxo ou retocamento fotográfico que permite adaptar unha cor da imaxe existente e facer que se converta na cor activa. Faise clic co contagotas na área de cor que se desexe e esa convértese na cor seleccionada. Pódense tomar mostras das cores primaria, secundaria e de fondo. Nunha fotografía en cor de 24 ou máis bits hai millóns de cores dispoñibles, e o contagotas permite recoller a cor correcta que se quere empregar.