"AGN" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 267.

  • Medida dos campos magnéticos e das propiedades magnéticas dos corpos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aparato para medir a intensidade dun campo magnético, por medio da acción que este exerce sobre unha agulla imantada. Pode estar calibrado, co fin de permitir lecturas directas, aínda que nalgúns tipos fai a lectura mediante un magnetómetro patrón. Emprégase en medidas relativas ao magnetismo terrestre.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que produce un fluxo magnético ou que tende a producilo.

    2. Forza capaz de producir un fluxo magnético nun circuíto magnético. Defínese como a integral da liña do vector intensidade de campo H ao longo dunha línea pechada. Esta magnitude presenta unha analoxía formal coa forza electromotriz que no caso dun campo magnético creado por unha bobina ou un electroimán, é igual á excitación magnética. A unidade SI de forza magnetomotriz é o ampere, ou no caso dunha bobina, o ampere volta.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Momento magnético atómico elemental. Diferénciase entre o magnetón de Bohr e o de Weiss, aínda que nada máis que o primeiro corresponde coa realidade.

    2. Unidade natural de medida dos momentos magnéticos dos nucleóns, introducida por analoxía co magnetón de Bohr.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Parte da física que trata da emisión, propagación e absorción da luz sometida á acción de campos magnéticos, e das aplicacións correspondentes. Dos fenómenos que constitúen os fundamentos da magnetoóptica, destacan o efecto Faraday, o efecto Zeeman, o efecto Voigt e o efecto magnetoóptico de Kerr.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á magnetoóptica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Superficie circunterrestre a partir da que non ten acción o campo magnético terrestre.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estudio do comportamento magnético das substacias químicas sometidas á acción dun campo magnético.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Resistencia que ten un valor variable que depende do campo magnético presente. Son feitos con substancias semicondutoras, como o antimonio de indio, e baseadas no efecto Hall.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aparato que rexistra as imaxes e os sons asociados, nunha cinta magnética, con posibilidade de reprodución inmediata na pantalla dun receptor de televisión. Mentres que no rexistro sonoro as frecuencias non pasan de 20 kHz, as dos sinais de vídeo poden alcanzar diversos MHz. Para iso, pásase, a gran velocidade, a cinta magnética por un tambor ou disco que leva dúas ou catro cabezas magnéticas de rexistro situadas, equidistantes, sobre a súa periferia, e que xira a velocidade constante en sentido perpendicular ao de avance da cinta (rexistro transversal), ou ben en sentido oblicuo respecto ao de avance da cinta que se despraza envolvendo permanentemente unha metade do tambor (rexistro helicoidal). No rexistro transversal, as pistas do sinal de vídeo rexistradas son paralelas e cunha lixeira inclinación respecto á anchura da cinta. No rexistro helicoidal, as pistas son paralelas e oblicuas e cada pista corresponde á información da media imaxe (312,5 líneas) que rexistra cada unha das dúas...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Capa superior da atmosfera da Terra, situada por riba dos 1.000 km de altitude, entre a ionosfera e a magnetopausa, ata onde chega a influencia do magnetismo terrestre. Componse polos electróns e protóns do vento solar e da radiación solar captados polo magnetismo terrestre. Distínguense dous aneis de radiación forte, denominados cinturóns de radiación de Van Allen, cara aos 4.000 e os 15.000-20.000 km, respectivamente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Parte da física que se ocupa do estudo dos campos magnéticos orixinados por imáns permanentes e por electroimáns percorridos por correntes continuas. C. A. Coulomb enunciou a lei, análoga á da electrostática, sobre a forza de tracción dos polos magnéticos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á magnetostática.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Técnica estratigráfica que estudia o magnetismo restante das rochas sedimentarias.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fenómeno que consiste na deformación elástica que presentan as substancias magnéticas ao ser sometidas á acción dun campo magnético. É especialmente notable nalgúns metais, como o níquel e o cobalto, en moitas aliaxes de ferro e nas ferritas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á magnetostrición.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tratamento dun transtorno mediante a aplicación de campos magnéticos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ao interruptor ou disxuntor que protexe as instalacións eléctricas de curtocircuítos ou sobrecargas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tubo electrónico de baleiro, provisto dun cátodo termoiónico e dun ánodo, cilíndricos e coaxiais, que crean un campo eléctrico radial e, ademais, superponse un campo magnético paralelo ao eixe do cilindro. Ideado por A.W. Hull en 1921, empregouse para producir oscilacións de moi alta frecuencia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ou quen comete un magnicidio.

    VER O DETALLE DO TERMO