"Amil" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 182.
-
PARROQUIA
Parroquia do concello de Viana do Bolo baixo a advocación de san Pedro.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xurista e político. Licenciado en Dereito pola Universidade Complutense, en 1956 converteuse en conselleiro delegado da empresa familiar Ramilo SA. Foi presidente do Sindicato Provincial de la Construción, Vidrio y Cerámica (1966-1970) e da xunta local de Vigo de Acción Social (1969-1970). Alcalde de Vigo (1970-1974), emprendeu o primeiro Plan de Ordenación Urbana da cidade e foi procurador en Cortes en representación dos concellos de Pontevedra (1971-1974). Presidiu a Caixa de Aforros Municipal de Vigo e foi senador por Coalición Popular (1986-1989). Presidente do Consejo Provincial de Empresarios (1974-1976), participou na fundación da Confederación Española de Organizaciones Empresariales (1976), a Confederación de Empresarios de Pontevedra (1977) e a Confederación de Empresarios de Galicia (1981), da que foi presidente (1991-2000).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Actor. Iniciou a súa andaina no mundo do teatro e participou, coa Escola Dramática Galega, en O folión, de M. Lourenzo; e coa Compañía Luís Seoane en A casa das tres lúas (1981), de R. Otero Pedrayo, e A noite dourada de Mimi da Cora (1982), de M. Lourenzo. Neses anos decidiu marchar a Barcelona, onde perfeccionou a súa formación como actor, e logo a Madrid, onde alternou diversos traballos no cine, no teatro e na televisión. Colaborador-director de Héctor Carré nas súas curtametraxes A sorte cambia (1991) e Coitadiños (1992), protagonizou o filme Dáme lume (1993) e participou nas producións Un parell d’ous (1984), Mi hermano del alma (1994) e Hasta aquí hemos llegado! (2002).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escultor. A súa obra insírese na estética barroca de G. L. Bernini. Realizou as estatuas dos Apóstolos de San Giovanni in Laterano (1708-1718), e o monumento a Gregorio XIII (1725), na basílica vaticana.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Templo expiatorio situado en Barcelona. Iniciado pola Associació Josefina, o proxecto oficial fíxoo Francesc de P. Del Villar pero en 1883 fíxose cargo da obra Antoni Gaudí, que optou por modificar o proxecto primario sen facer un de novo. Proxectou un templo de planta basilical con 5 naves e un cruceiro de 3 naves cun ciborio de 170 m de altura, e tres fachadas: a do Nacemento (declarada Patrimonio da Humanidade pola Unesco en 2005), a da Gloria, a principal, e a da Paixón, cada unha con 4 campanarios. Antes da morte de Gaudí construíronse a ábsida e a fachada do Nacemento. Durante a Guerra Civil Española queimáronse a cripta, o taller de Gaudí e as maquetas que este realizara de todo o conxunto. En 1940 comezou a restauración da cripta e a reconstrución das maquetas e a obra reiniciouse en 1954 coa fachada da Paixón. Desde entón continuouse coa construción das naves e do cruceiro. A obra de Gaudí varía dunha libre e imaxinativa interpretación do neogótico, ao modernismo da fachada do...
-
PERSOEIRO
Compositor. Formado con N. H. Reber e J. Halévy, foi organista da Madeleine (1858-1877) e profesor da École Niedermeyer. Como compositor concedeu especial importancia á beleza formal. Compuxo obras para orquestra, como as tres sinfonías, a derradeira con órgano (1886); diversos poemas sinfónicos como Le rouet d´Omphale (1871) ou Danse macabre (1875); cinco concertos para piano (1858-1896), tres para violín e dous para violoncello, ademais da Havanais para violín; o Carnaval des animaux (1886), algunhas óperas como Samson et Dalila (1877), e música de escena, relixiosa e de cámara.
VER O DETALLE DO TERMO -
PRAIAS
Praia da ría de Vigo situada nas parroquias de Alcabre e Navia (Vigo).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Microbiólogo. Estudou medicina nas universidades de Illinois, California e Johns Hopkins, e foi profesor das universidades de Michigan e Johns Hopkins. En 1978 recibiu, xunto W. Arber e D. Nathans, o Premio Nobel de Fisioloxía e Medicina, polos traballos sobre os enzimas de restrición e as súas aplicacións nos problemas de xenética molecular.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Categoría taxonómica inferior á familia e superior ao xénero.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Categoría taxonómica inferior á suborde, que inclúe familias con certa afinidade.
-
-
Relativo ou pertencente aos támiles ou á súa lingua.
-
Individuo do pobo támil.
-
Pobo de India meridional e do N de Sri Lanka, de raza indomelánida. Falan unha lingua propia e basicamente se dedican á agricultura sedentaria e ao comercio e, na costa, á navegación e á pesca. Calcúlase que son ao redor de 65 millóns de individuos.
-
Lingua do phylum drávida que se fala en Tamil Nadū, onde é oficial, e na península de Jaffna (Sri Lanka), así como nas numerosas colonias támil de Malacca, Fixi, illas Mauricio e África oriental e meridional.
-
Literatura cultivada en támil. É a máis antiga da India despois da sánscrita. Os primeiros documentos, denominados Sangam (desde o ano 200 a C ata o ano 200 d C), forman dúas coleccións: o Pattuppāṭṭu (Conxunto de dez cánticos) e o Eṭṭuttokai (Colección de oito versos). O libro poético máis venerado é o Kuṛaḷ, de Tiruvaḷḷuvar (400?). Outras obras importantes son o Nālaṭiyar (400-800?), de influencia xaina; e a versión do Rāmāyanā de Kamban (s IX). Entre os ss VII e IX recompiláronse as obras dos santos xivaítas, e o Tirumuṛai, antoloxía de 63 místicos xivaítas Na mesma época recóllense os himnos xivaítas (uns 4000) nunha antoloxía denominada Prabandahn. Entre os clásicos inclúese tamén o xesuíta italiano C. Beschi (1860-1747).
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Estado de India (130.058 km2; 62.110.839 h [2001]). A súa capital é Madras. O principal recurso é o regadío, que permite dúas colleitas anuais, e cultívase principalmente arroz. Os bosques proporcionan teca, sándalo e bambú. O subsolo, aínda que pouco explotado, é rico en ferro, bauxita, lignito, cromita, magnesita, xeso e mica. Ata 1968 denominouse Madras.
-
PERSOEIRO
Eclesiástico e revolucionario. Ordenado sacerdote (1954), estudou socioloxía en Lovaina e foi profesor da Universidad de Bogotá. Intentando crear o Frente Unido del Pueblo Colombiano viuse obrigado a pedir a redución ao estado laical (1965). Fracasado o Frente, incorporouse ao movemento guerrilleiro do Ejército de Liberación Nacional (1966) e morreu en combate.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político e patriota colombiano. Participou na Junta Suprema (1810-1811) e foi presidente das Provincias Unidas (1811-1816), que tomaron forma republicana desde 1813. Axudou a Bolívar na campaña venezolana. Durante a contraofensiva española encabezada por Morillo foi perseguido, capturado e executado.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Xosé Camilo Fernández González.
-
GALICIA
Industrial. Presidente do Círculo Mercantil de Vigo (1957-1979), durante o seu mandato o Círculo converteuse nun referente da cultura e do deporte en Vigo, polo que recibiu a medalla de ouro da cidade (1960). Promotor da Gran Ciudad Deportiva, fundou e presidiu a Asociación de Amigos de la Ópera de Vigo (1958), coa que organizou XVIII tempadas líricas.
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia do concello de Ribadeo baixo a advocación de san Lourenzo.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arquiveiro, bibliotecario, anticuario e historiador. Formouse na Escuela Superior de Diplomática de Madrid e doutorouse en Dereito na Universidad Central de Madrid. Foi xuíz municipal e síndico de Mondoñedo e traballou en diversas bibliotecas. Colaborou en diferentes xornais e revistas como El Arte en España, La Ilustración Gallega y Asturiana e Galicia Diplomática e escribiu, entre outras obras, La catedral de Mondoñedo (1865), Los foros de Galicia en la Edad Media (1877), Los pertigueros de la Iglesia de Santiago (1883), Catálogo de los objetos de Galicia (1892) e La catedral de Santiago (1909). Foi socio fundador da Sociedad Geográfica de Madrid, correspondente da Real Academia Galega, da Real Academia de la Historia, da Real Academia de Bellas Artes de San Fernando e socio de mérito da Sociedad Económica de Amigos del País de Santiago. Recibiu, entre outros galardóns, a Gran Cruz de Isabel la Católica.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Pintor. Formado en Madrid, a súa pintura é realista e caracterízase polo dominio técnico, en especial do debuxo, e pola captación da psicoloxía dos personaxes. Cultivou o retrato, as naturezas mortas, sobre todo de animais, a paisaxe e os tipos populares. Destacan as obras, Autorretrato, Muller aldeá e Neno do niño.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
José Pérez-López Villamil.