Tamil Nadū

Tamil Nadū

Estado de India (130.058 km2; 62.110.839 h [2001]). A súa capital é Madras. O principal recurso é o regadío, que permite dúas colleitas anuais, e cultívase principalmente arroz. Os bosques proporcionan teca, sándalo e bambú. O subsolo, aínda que pouco explotado, é rico en ferro, bauxita, lignito, cromita, magnesita, xeso e mica. Ata 1968 denominouse Madras.

Palabras veciñas

Tamerlán | Támesis | támil | Tamil Nadū | tamiza | tamizo | Tamm, Igor Yevguenevich