"Anu" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1145.

  • PERSOEIRO

    Profesor titular de Literatura Inglesa na Universidade de Santiago, doutor en Filoloxía Inglesa e licenciado en Filosofía e Letras. Ademais de exercer a súa actividade docente escribiu: Aplicación de un método dinámico a siete poemas de amor de Auden, In mortal Shakespeare. Radical readines, Paradise lost: The Word, the words, the world, Individuo, orden y mundo moderno, e Arte, sociedad y pensamiento en ‘The nonnes preestes tale’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Empresario hostaleiro. É técnico superior en Relacións Públicas. Foi vicepresidente da Confederación de Empresarios de Hostelería de Galicia (CEHOSGA), fundador e presidente da Asociación de Empresarios de Hospedaje de la Provincia de Pontevedra (ASEHOSPO) e membro da xunta directiva da Federación Española de Hoteles (HAI). Escribiu diversos artigos vinculados ao mundo do turismo nas revistas Informe Gallego e El Pueblo Gallego.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Estudiou Maxisterio na Escola Normal de Pontevedra. Emigrado á Arxentina, estableceuse na cidade de Mercedes, na que traballou como contable. Colaborou en distintos xornais e revistas (La República, El Pueblo, El Eco de Galicia, El Correo de Galicia, etc). Publicou Prosa (1889), Más prosa (1899), La nación española y el nacionalismo vasco (1922) e Las formas de gobierno y la guerra (1921). En 1925 foi elixido socio da Real Academia Galega.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor e ceramista, coñecido co pseudónimo de Paparolo. Licenciado en Ciencias Biolóxicas pola Universidade de Santiago de Compostela. Expuxo tanto en galerías privadas como públicas; así mesmo, ten obras para diversos edificios públicos. Entre as súas exposicións destacan: Trinta artistas en Trinta (Santiago de Compostela, 1986), Tendencias (Santiago de Compostela, 1987), 10 Visións da Arte Compostelá (Museo do Pobo Galego, Santiago de Compostela, 1992) e Esculturas (Santiago de Compostela, 2000).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Membro durante a Guerra de Independencia da Xunta de Corcubión, Cee e Fisterra, estaba encargado da defensa marítima.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pedagogo. Estudiou Filosofía e Letras na Universidade de Madrid (1871-1874) e na Escola Superior de Diplomática (1876-1877 e 1880-1881). Foi director do Museo Pedagógico Nacional (1883-1929), o primeiro catedrático de Pedagoxía en España (1904), conselleiro de Instrución Pública (1921) e presidente do padroado de Misiones Pedagógicas (1931). Foi o principal discípulo de Francisco Giner de los Ríos, fundador da ILE (Institución Libre de Enseñanza), e o principal defensor dos plans que Giner trazara para a reforma da educación e da sociedade española, participando, por exemplo, na Fundación Sierra-Pambley ou na Escuela-Asilo Sotés. Tivo unha forte vinculación coa sociedade e cultura galega a través da súa esposa Carmen López-Cortón Viqueira. A partir de 1890, e acompañado frecuentemente por Francisco Giner e outros profesores institucionistas, pasou os veráns na casa grande de San Vitorio en Vixoi (Bergondo), e influíu nas primeiras experiencias de colonias de vacacións escolares en Galicia,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actor e director cunha longa traxectoria no teatro non profesional, fundamentalmente nos grupos Toxos e Froles e Amistade, de Ferrol; Agustín Iserni, de Redes (Camouco, Ares); ou Luzada, de Betanzos. Co Centro Dramático Galego participou nos espectáculos A fiestra valdeira (1994) e Valle-Inclán 98 (1998).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Médico traumatólogo. Foi médico militar na Guerra de Marrocos (1909). Profesor de Patoloxía e Clínica Cirúrxica da Universidade de Madrid (1928), fundou a Sociedade Española de Cirurxía Ortopédica e Traumatoloxía. Durante a guerra de 1936-1939 foi cirurxián na zona republicana. É autor de tratados médicos (Patología quirúrgica, 1932) e dunhas memorias (De las guerras coloniales a la guerra civil, 1969).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político da Restauración. Fiel a Isabel II, foi elixido deputado polo distrito de Muros en 1864 e 1872. Oposto á Constitución de 1876, defendeu a de 1845.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Foi discípulo de Merclein e de Luzán en Zaragoza. No ano 1757 ingresou na cartuxa de Auladei, onde fixo o noviciado. Logo de realizar pequenos encargos para decorar varias cartuxas, a obra que o acredita como mestre foi a decoración da sancristía da igrexa de San Gil de Zaragoza. No ano 1793 realizou as pinturas do presbiterio da catedral de Jaca e, pouco despois, do ciclo da vida de santo Bruno, para a Cartuxa de Las Fuentes (Colegio Mayor de Santiago, de Huesca). O seu estilo mantense fiel á tradición barroca.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Político e matemático. Despois de estudar na Escuela de Ingenieros Civiles de Madrid, de onde foi expulsado, regresou á súa terra e iniciou a súa andaina no movemento republicano de Galicia. Interveu no proceso revolucionario de 1848 e na revolución de 1854. Durante o bienio progresista (1854-1856) estivo á fronte do Batallón de Ligeros, os chamados señoritos, da Milicia Nacional. Oposto a O’Donell, estivo exiliado e, ao seu regreso, dedicouse ao ensino das Matemáticas; non obstante tras participar nos sucesos de 1866 marchou novamente ao exilio. Deputado nas Cortes trala revolución de 1868 foi ministro de Ultramar no goberno do xeneral Prim (1869-1870), e ministro de Fomento con Ruiz Zorrilla (1873). Membro do partido fusionista de Sagasta ocupou de novo o ministerio de Ultramar (1888, 1890 e 1894). Foi membro da Academia de Ciencias Morales y Políticas (1855) e fillo predilecto da provincia de Lugo (1888). Escribiu Imperio Ibérico. Sus grandezas y decadencias, su influencia en el progreso...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Cóengo de Ourense e bispo (1847), foi un dos cregos máis ilustrados de Galicia. Publicou numerosos sermóns e dedicouse aos estudios históricos e biográficos entre os que destacan: Memoria sobre el desastre de la laguna de Antela o de la Limia (1831), Memorias históricas de Berlanga (1840), Vida de D. Pedro Quevedo y Quintano, obispo de Orense (1847), e Instruciones cristianas para militares (1848). Tamén escribiu traballos teolóxicos El pueblo instruído en sus deberes religiosos (1825) ou Manual de ordenados según el pontificial romano (1834). Ademais colaborou no apéndice do Dicionario Geográfico de Miñano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Catedrático de Estrutura Económica na Universidade de Santiago e político nacionalista. Realizou estudios de Dereito e Ciencias Económicas na Universidade de Santiago de Compostela e de Lingua e Literatura Francesa na Université de la Sorbonne. A súa actividade política iniciouse en 1963, cando participou na fundación do Partido Socialista Galego (PSG), no que ocupou o cargo de secretario xeral. Anos máis tarde, integrouse no Bloque Nacionalista Galego (BNG), formación que lidera e á que representa no Parlamento de Galicia dende a segunda lexislatura (1985). O feito máis salientable da súa actividade política é a súa capacidade de reunir nunha mesma formación a diferentes partidos políticos galeguistas (Partido Nacionalista Galego, Esquerda Nacionalista, Unidade Galega, Unión do Pobo Galego, etc) e conducir ao nacionalismo galego dunha presenza marxinal na política galega a ser a segunda forza política do país e alternativa de goberno. Tras ser nomeado académico de número da Real Academia...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor e debuxante. De formación autodidacta, desenvolveu o seu traballo en diversos campos como o xornalismo, a pintura e a creación literaria. Nas súas obras, entre as que cómpre salientar Santa Compaña e María Soliña, conflúen a lóxica e o absurdo xunto co humor sobre a vida cultural e tradicional galega. Realizou exposicións dentro e fóra de Galicia. Así mesmo, é autor dun libro de debuxos titulado Garabullos (1957).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Correspondente da axencia Efe en Galicia, ilustrador e pintor coñecido co pseudónimo de Masito Beiró. Amais de dirixir a revista Petroglifo, participou en numerosas exposicións individuais e colectivas dentro e fóra de Galicia. Obtivo o seu primeiro premio no ano 1966 nun concurso organizado por La Voz de Galicia. Foi finalista do Certame Nacional de Arte Xuvenil (1973), obtivo o Premio Fonseca da Universidade de Santiago de Compostela (1977) e o terceiro Premio Mestre Mateo (1974). Ilustrou os libros: Os cabeiros refolgos, Pasión y vida de un poeta, Antología poética e El hombre, la poesía y la vida.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Filólogo alemán, foi profesor en Berlín. Crítico e hermeneuta, editou autores clásicos, sobre todo gregos e latinos como Platón, Tucídides, Aristófanes e Aristóteles. Publicou Anecdota graeca (1814-1821) e preparou o Corpus inscriptionum graecarum.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xeneral, foi un dos líderes da independencia da Arxentina. Despois de estudar Dereito en Madrid e Valladolid, no ano 1810 formou parte da xunta revolucionaria que substituíu ao vicerrei da Prata. Como militar, en 1813 triunfou en Tucumán e Salta sobre os realistas; sen embargo, foi derrotado en Vilcapujio. Foi destituído e substituído na dirección do exército por José de San Martín. Despois viaxou a Madrid e Londres xunto con Bernardino Rivadavia, co obxectivo de negociar a independencia sudamericana. Do 1816 ao 1819 foi xefe do exército do Norte e pacificador da provincia de Santa Fe, que se alzara contra o goberno de Bos Aires. Creou a actual bandeira nacional arxentina.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Novelista e xornalista. Comezou a súa produción con obras de análise psicolóxica para logo derivar cara a unha temática política. Das súas primeiras novelas destacan, entre outras: Lamentación (1922), En lo más hondo (1923) e El último pirata del Mediterráneo (1934). En 1939 exiliouse en México, onde publicou os quince volumes de Luz sobre España, serie de reportaxes noveladas da Guerra Civil española, escritas desde o punto de vista do Partido Comunista español.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Historiador da arte. Entre a súa obra sobresae o Ditionnaire des peintres, dessinateurs, sculpteurs et graveurs de tous les temps et de tous les pays (Dicionario dos pintores, debuxantes, escultores e gravadores de todos os tempos e de todos os países, 1911-1921), de carácter exhaustivo, ampliado posteriormente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Toureiro. Coñecido no mundo do toureo como o Cordobés, tomou a alternativa en Córdoba en 1963. O seu estilo era escasamente ortodoxo.

    VER O DETALLE DO TERMO