"Arles" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 266.
-
PERSOEIRO
Militar e político flamengo. Vicerrei de Nápoles (1522-1524), participou na campaña de Lombardia e na batalla de Pavia (1525). Despois da captura de Francisco I de Francia, conduciuno prisioneiro a Madrid. Conseguiu a sinatura do Tratado de Madrid (1526) pero, trala volta das hostilidades da Liga de Cognac, foi vencido polas tropas pontificias e asinou unha tregua co Papa Clemente VII (1527), pero o condestable de Borbón non respectou a tregua e continuou a súa marcha sobre Roma.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Actor estadounidense. De orixe inglesa, utilizou a súa grande humanidade para matizar personaxes despóticos e repulsivos (Moutiny on the Bounty, 1935; The Hunchback of Notre-Dame, 1939), humorísticos (Ruggles of the Red Gap, 1934; Hobson’s Choice, 1954; Witness for the prosecution, 1957), ou as dúas cousas á vez (The Private Live of Henry VIII, 1933). En 1955 dirixiu The Night of the Hunter.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Médico. Foi director do Instituto Pasteur de París, onde fundou o Laboratorio de Enfermidades Tropicais. Descubriu o axente causal do paludismo e estudiou tamén outras enfermidades tropicais. Escribiu Traité des fièvres palustres avec la description des microbes du paludisme (1884) e Trypanosomes et trypanosomiasis (1904). Recibiu o Premio Nobel de Fisioloxía e Medicina en 1907 polos seus estudios sobre as enfermidades parasitarias.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Eclesiástico francés. Foi bispo de Nancy (1863), arcebispo de Alxer (1867), cardeal (1882) e primado de África (1884). Para gañar a amizade do pobo musulmán fundou os Pais Brancos (1868) e os Irmáns Misioneiros da Nai de Deus de África (1869).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor. Fundador da Académie Royale de Peinture et de Sculpture, ditou as pautas do clasicismo francés. Protexido por J. B. Colbert, foi director da fábrica de tapices Gobelinos (1663) que subministraba ás casas reais. Luís XIV nomeouno primeiro pintor do rei. Das súas obras destacan La descente du Saint-Esprit (1657), a serie Historire d’Alexandre e L’Adoration des bergers (1689). Traballou como decorador na Galerie d’Apollon no Louvre e na Galerie des Glaces e na Escalier des Ambassadeur no palacio de Versailles.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta francés. Coñecido como Leconte de Lisle, foi fourierista e republicano durante a súa mocidade. Da súa produción destacan Poèmes antiques (1852), verdadeiro manifesto da escola parnasiana, en que rexeitou as tendencias románticas e propugnou a inspiración mitolóxica e a ciencia do verso, Poèmes barbares (1862) e Poèmes tragiques (1886).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Historiador estadounidense. Especializado en historia da Igrexa medieval, publicou History of the Inquisition of the Middle Age (1888), The Moriscos of Spain, Their Conversion and Expulsion (1901) e History of the Spanish Inquisition (1906).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escultor francés. Discípulo de Ménard e Rude, creou o tipo de fonte chamada Wallace. Traballou en París nas igrexas de Saint-Eustache e da Trinité.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Botánico flamengo. Coñecido como Clusius, entre 1593 e 1609 ocupou a cátedra de botánica da Universidade de Leiden. Publicou Rariorum stirpium per Hispanias observatorum Historia (1576) e fixo o primeiro tratado de fungos comestibles (1601).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xeneral francés. Foi axudante de campo de Napoleón Bonaparte en Marengo, e ascendeu a brigadier-xeneral (1806) e xeneral de división (1808). Participou nas campañas de Rusia, Alemaña e Francia. Despois da derrota de Waterloo fuxiu a EE UU onde fundou unha colonia de refuxiados franceses. Morreu cando trataba de rescatar a Napoleón de Saint Helena.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Piloto estadounidense. Fixo o primeiro voo directo Nova York-París, o 20 de maio de 1927, en 33 horas e media, co avión Ryan NYP “Spirit or St. Louis”. O rapto e asasinato do seu fillo de dous anos en 1932, tiveron unha gran resonancia. Durante a Segunda Guerra Mundial adoptou unha actidude de non intervención contra Alemaña, e aceptou unha condecoración de H. Göring.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Eclesiástico e político. Bispo de Condom (1760) e arcebispo de Toulouse (1763). En 1787, na asemblea de notables, criticou asperamente a xestión financeira de Calonne, ao que substituíu como ministro de finanzas. Non obstante , continuou coa liña do seu predecesor e en 1788 tivo que convocar os Estados Xerais. Dimitiu ese mesmo ano.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Astrónomo inglés. En 1936 iniciou a docencia en Manchester e, interesado polas primeiras experiencias con radar e coñecedor dos traballos de G. Rever, impulsou a construción do radiotelescopio da estación experimental de Jodrell Bank. Recibiu o título de sir.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xeólogo escocés. Foi un dos creadores da moderna xeoloxía. Estudiou a rexión volcánica de Olot. Segundo as súas teorías (teoría das causas actuais), contrarias ao catastrofismo, as causas operantes na actualidade son idénticas ás de antes, é dicir, suficientes para unha explicación científica da historia xeolóxica da Terra. A súa obra principal é Principles of Geology (1833). Recibiu o título de sir.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Enxeñeiro e arquitecto. En 1791 G. Washington encargoulle o proxecto da capital de EE UU, que non foi posto en práctica, pero que influíu na construción definitiva da cidade.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arquitecto e deseñador escocés. Foi director da Escola de Glasgow, e en 1923 instalouse en Londres, onde deseñou mobles e tecidos e pintou acuarelas. Xunto con Herbert Mac Nair e os irmáns Mac Donald, constituíu o grupo The Four. A súa obra intensificou a articulación interna dos espacios e amosou unha clara ordenación cubista asimétrica en que destacou os elementos construtivos. Realizou o edificio para o diario Glasgow Herald (1894), a Glasgow School of Art (1898-1909) e a casa de campo Hill House (1903).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Histólogo e fisiólogo francés. Introduciu importantes variantes nas técnicas histolóxicas e ideou un procedemento para contar os eritrocitos do sangue. Tamén describiu un quiste de testículo que se coñece como enfremidade de Malassez.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Anarquista francés. Fundou a Ligue Cosmopolite, que defendía o anarquismo insurreccional. Expulsado de Francia (1892), en Londres dirixiu unha campaña internacional en defensa da revisión do proceso de Montjuic (1909). Participou no atentado contra Afonso XIII en París (1905).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Militar inglés. Coñecido como marqués de Cornwallis, durante a Guerra da Independencia estadounidense distinguiuse nos combates de Germantown e de Redbank (1777), pero foi vencido en Yorktown (1781). En 1786 foi nomeado gobernador de Bengala, onde loitou contra Tippu Sāhib, a quen venceu en Seringapatam.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Motociclista. Especialista en probas de resistencia, foi campión de España de Enduro (1979-1985), gañou o Rallye de Tunisia (1987), a Baixa España Aragón (1987) e conseguiu o segundo posto no París-Dakar (1990).
VER O DETALLE DO TERMO