"BRE" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 949.

  • PERSOEIRO

    Enxeñeiro. Neto de Abraham-Louis Breguet, inventou un aparello capaz de medir a velocidade dos proxectís e fixo os primeiros ensaios de telégrafo do ferrocarril de París a Rouen. Foi membro da Académie des Sciences.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Enxeñeiro e aviador. Fillo de Antoine Breguet, en 1907 construíu o seu primeiro avión, e no 1911 creou a SA des Ateliers d’ Aviation Louis Breguet. Foi o primeiro en estudar sistematicamente os problemas do radio de acción e da autonomía dos avións.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Empresa francesa de construcións aeronáuticas fundada no ano 1911 por Louis Breguet, co nome de SA des Ateliers d’ Aviation Louis Breguet. A partir de 1971 formou parte da sociedade Avions Marcel Dassault-Breguet Aviation.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • FILOSOFOS

    Filósofo francés. Desempeñou os cargos de profesor de filosofía en diversos liceos (1900-1909) e nas universidades de Rennes (1909-1911), Bordeos (1912-1919) e Sorbonne de París (1920-1946). As súas reflexións teóricas centráronse nas cuestións formuladas pola filosofía da historia: a cuestión da existencia dunha filosofía cristiá, o problema da causalidade na historia da filosofía, e a periodización na historia da filosofía. Escribiu diversas obras sobre filosofía grega e medieval e sobre o idealismo alemán, entre as que destacan: Les idées philosophiques et religieuses de Philon d’Alexandrie (As ideas filosóficas e relixiosas de Filón de Alexandría, 1907), Histoire de la philosophie allemande (Historia da filosofía alemana, 1921) e Histoire de la philosophie (Historia da filosofía, 1926-1930).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Historiador e orientalista. Profesor de historia antiga e medieval na Universidade de Clarmont de Auvernia (1898-1938). Dedicouse ao estudo de Bizancio e das relacións Oriente-Occidente. Entre as súas obras destacan: L’Eglise et l’Orient au moyen âge. Les Croisades (A Igrexa e o Oriente na Idade Media. As cruzadas, 1907), L’Art Byzantin (A arte bizantina, 1924) e como síntese dos seus traballos, Le Monde Byzantin (O mundo bizantino, 1947-1950).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pequeno cordel de cánabo que se emprega para atar paquetes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Físico norteamericano de orixe rusa. Traballou no National Bureau of Standards (1920), na Carnegie Institution (1924-1929) e en diferentes universidades norteamericanas (Minnesota, Nova York, Wisconsin, Yale). No 1924 participou no proxecto Manhattan pero máis tarde abandonouno. Interesouse polo estudo do magnetismo terrestre e da ionosfera, e polas resonancias das reaccións nucleares.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fórmula que expresa a sección eficaz da captura radiactiva dunha partícula A (por exemplo, un neutrón) por un núcleo B, cando a enerxía E da partícula incidente A é moi próxima a un nivel excitado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome de dúas accións militares da Guerra dos Trinta Anos, tamén coñecidas como as Batallas de Leipzig. Tiveron lugar preto da localidade de Breitenfeld, en Saxonia (Leipzig), onde as forzas imperiais foron derrotadas. O 17 de septembro de 1631 as tropas de Tilly foron batidas polas de Gustavo Adolfo de Suecia, e o 2 de novembro de 1642 as forzas do xeneral Piccolomini foron vencidas polas do mariscal sueco Torstensson.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antimoniuro de níquel, de fórmula NiSb. Cristaliza no sistema hexagonal, en masas de cor vermella e brillo metálico. Ten dureza 5,5 e peso específico 8,23.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CUMIOS

    Cumio do macizo do Monte Rosa, límite entre Suíza e Italia. Alcanza unha altitude de 4.160 m. Maynard escalouno por primeira vez en 1813.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Crítico literario suízo. En lingua alemá escribiu, en colaboración con Johann Jakob Bodmer, Kritische Dichtkunst (Arte poética crítica, 1740), onde condena a crítica poética de Johann Christoph Gottched ao defender a imaxinación e a fantasía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Casa editora e impresora de música. En 1719 estableceuse en Leipzig da man de Bernhard Christoph Breitkopf (1695-1777) e en 1796 foi adquirida por Gottfried Christoph Härtel (1763-1827), quen fundaría a Allgemeine musikalische Zeitung. Dende 1945 a editorial ten unha sección en Wiesbaden e outra en Leipzig.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor holandés, discípulo de Jozef Israëls. Nas súas obras iniciais percíbense influencias de Franz Hals, Rembrandt, Mesdang e Willem Maris. Nun comezo pintou, en estilo realista, animadas composicións de cabalos. Despois dunha viaxe a París no 1884, na que descubriu a pintura de Manet, orientouse cara a un impresionismo moi persoal. Estableceuse no 1886 en Amsterdam, onde se dedicou a amosar escenas da vida portuaria e da súa arquitectura. O interese deste autor pola fotografía testemúñase nas composicións, instantáneas e directas, como Paleisstraat ou Amsterdam, pintadas no 1896. É coñecido, ademais de polas súas visións de Amsterdam, polos seus espidos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Estadista alemán. Ministro de interior de Prusia (1918-1919) e especialista en asuntos económicos. De ideoloxía liberal, sostivo posicións favorables ao Tratado de Versailles. Morreu nun campo de concentración nazi.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Silleda baixo a advocación de Santiago.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Caída de auga dende unha altura provocada polo desnivel da canle dun río.

    2. freixo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Silleda e documentada dende 1233. De estilo románico, consta dunha nave. O presbiterio salienta pola súa ornamentación; o seu acceso é a través dun dobre arco de medio punto: o maior está decorado con arquiños e o menor é de sección prismática. Os capiteis, canzorros e impostas tamén están decorados, así como os arcos cegos que percorren os muros laterais. Probablemente esta iconografía foi realizada por un artista de orixe non galega na órbita do mestre Mateo ou dos que traballaron no mosteiro de Carboeiro a finais do s XII.

    VER O DETALLE DO TERMO