Breitenfeld, Batallas de

Breitenfeld, Batallas de

Nome de dúas accións militares da Guerra dos Trinta Anos, tamén coñecidas como as Batallas de Leipzig. Tiveron lugar preto da localidade de Breitenfeld, en Saxonia (Leipzig), onde as forzas imperiais foron derrotadas. O 17 de septembro de 1631 as tropas de Tilly foron batidas polas de Gustavo Adolfo de Suecia, e o 2 de novembro de 1642 as forzas do xeneral Piccolomini foron vencidas polas do mariscal sueco Torstensson.