"Berg" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 270.
-
CIDADES
Cidade do land de Baden-Württemberg, Alemaña, na beira do Neckar (139.672 h [2000]). Tradicional cidade universitaria e residencial, adquiriu un carácter máis industrial despois da Segunda Guerra Mundial. Do seu patrimonio cultural destacan o castelo do bosque Königstuhl (s XIV), o palacio de Otto Heinrich (s XVI) e o Kurpfälzisches Museum.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Físico alemán. Considerado un dos fundadores da mecánica cuántica, tivo unha grande incidencia no desenvolvemento da física atómica e nuclear. En 1927 formulou o denominado principio de incerteza. A súa obra básica sobre a teoría dos cuantos ampliouse en sucesivas edicións. Escribiu tamén valiosos ensaios sobre filosofía da ciencia. En 1932 foille outorgado o Premio Nobel de Física, pola mecánica cuántica de matrices.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Fotógrafo. Pertencente ao grupo dos pictorialistas, fundou o Camera Club de Viena, xunto con Kühn e Watzek, organizadores da primeira exposición pictorialista (1891). Participou, con R. Demachy, A. Stieglitz e C. Puyo, na exposición anual do grupo Linked Ring Brotherhood.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Físico. Estudiou a espectroscopia atómica e molecular. Recibiu o Premio Nobel de Química en 1971 polos seus traballos sobre a determinación da estrutura electrónica e a disposición espacial das moléculas, especialmente, dos radicais libres.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor. Formado en Dinamarca, abriu a literatura danesa ás correntes ideolóxicas e estéticas europeas. Historiador e escritor satírico, tivo unha sólida produción dramática, influída pola commedia dell’arte, Molière e os clásicos. Destacan as súas Moralske Tanker (Reflexións morais) e Epistler (Epístolas).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Bloque de xeo que flota no océano despois de desprenderse dos inlandsis como consecuencia da acción erosiva mecánica e térmica das mareas e as ondas mariñas. A proporción do iceberg que permanece mergullada fronte á que sobrepasa a superficie do mar oscila entre 4/5 e 7/8 do seu volume total.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relevo residual illado que, por riba dunha penichaira ou dun glacis, pode acadar alturas superiores aos 500 m. Aparece en rexións de clima seco e caloroso.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Skandërbeg.
-
PERSOEIRO
Romanista suízo. Catedrático da Universidade de Berna, redactou, en colaboración con Jakob Jud, o Sprachund Sachatlas Italiens und der Südschweiz (Atlas lingüístico e etnográfico da Italia e da Suíza meridional, 1928-1940), que inaugurou unha nova época da xeografía lingüística.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Estadista, príncipe de Kanitz-Rietberg (1764). Foi chanceler (1753-1792) baixo os reinados de María Tareixa, Xosé II e Leopoldo II. Foi un clásico representante do despotismo ilustrado.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
(? 1458? - Nuremberg 1513) Impresor alemán. Cara a 1471 estableceuse en Nuremberg, onde se especializou en obras de teoloxía e filosofía escolástica. Representado nas principais cidades europeas, foi o primeiro en posuír unha organización industrial e comercial importante.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome alemán da cidade de Kaliningrad.
-
VER O DETALLE DO TERMO
(Brooklyn, Nova York 1935) Director, actor e escritor cinematográfico. Coñecido como Woody Allen, iniciou a carreira artística como animador de espectáculos e autor de teatro e televisión. O seu primeiro filme, Take the Money and Run (1969), encadrouno na tradición dos clásicos do cinema cómico. En 1977, a súa película Annie Hall obtivo tres Oscar de Hollywood, e tres máis Hannah and her Sisters (1987). Tamén dirixiu Manhattan Murder Mistery (1993), Bullets over Broadway (1995), Mighty Aphrodite (1995), Everyone Says I Love You (1996), Deconstruting Harry (1997), Celebrity (1998) e Anything Else (2003).
-
VER O DETALLE DO TERMO
(Nova York 1918) Bioquímico estadounidense. Estudiou na Universidade de Rochester, onde se graduou (1941). Foi profesor nas universidades de Washington e de Standford. Descubriu os mecanismos de síntese biolóxica dos ácidos nucleicos (ARN e ADN), e obtivo en 1961 a síntese do ADN no laboratorio mediante nucleótidos independentes, un enzima e unha molécula do ADN patrón. En 1959 recibiu o Premio Nobel de Fisioloxía e Medicina, xunto con S. Ochoa, polo descubrimento da ADN-polimerase.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Län de Suecia (8.458 km2; 176.639 h [estim 2000]). A súa capital é Växjö.
-
VER O DETALLE DO TERMO
(Vigo 3.6.1926) Poetisa e escritora. Integrante da Promoción de Enlace, está considerada como unha das máis destacadas autoras galegas da posguerra. A súa obra caracterízase polo intimismo e pola súa inclinación cara ao popular. Despois da súa formación no Colegio Alemán de Vigo, viaxou por Francia e Italia e instalouse en Arxentina, onde coñeceu a diversos escritores e intelectuais, como Castelao, Arturo Cuadrado, Lorenzo Varela, Rafael Alberti, Miguel Ángel Asturias, Jorge L. Borges, Alberto Girri e Olga Orozco. Ademais, no seu regreso a España, trabou amizade con Vicente Aleixandre e Dámaso Alonso, e asistiu aos parladoiros do café Gijón en compañía de Gerardo Diego. Colaboradora en diversos xornais e revistas, realizou as traducións dos libros Cantos del 6° Dalai Lama (1968), traducidos ao galego en 2003. É autora dos libros poéticos Cantigas de vento (1956), Canaval d ouro (1962), A sombra ergueita (1976), Cantigas para un tempo esquencido (1986), Alegoría do ensoño ferido (1992),...
-
FILOSOFOS
Filósofo alemán. Foi profesor na Universidade de Bonn. Xudeu de raza e luterano de relixión, refuxiouse en Barcelona fuxindo dos nazis e co estalido da Guerra Civil Española pasou a París, onde formou parte do grupo de personalistas cristiáns representados por E. Mounier e a revista Esprit. Escribiu Einführung in die philosophische Anthropologie (Introdución á antropoloxía filosófica, 1934) e Die Erfahrung des Todes (A experiencia da morte, 1937).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Musicólogo e político lituano. Editou as biografías dos máis recentes compositores de Lituania. Aproveitando a perestrojka de Mikhail Gorbačov, nas primeiras eleccións libres, foi elixido o 11 de marzo de 1990, novo presidente da república. Esta, segundo decisión do mesmo parlamento, deixou de ser o mesmo día a República Socialista de Lituania, para ser a República de Lituania. Este mesmo ano, Landsbergis esixiu que saíse do seu país o exército soviético, considerado un exército de ocupación. O referendo de 9 de febreiro de 1991 foi decididamente favorable á independencia. En outubro de 1992, nas primeiras eleccións despois da independencia, foi derrotado polo Partido Laborista Democrático de Algirdas Brazauskas. En 1994 recibiu o premio Ramon Llull e en 1996, o seu partido, Unión da Patria, venceu o Partido Democrático do Traballo, dirixido por M. Stankevicius.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Latinista e romanista alemán. Iniciou os seus traballos con temas de lingüística, Die Mundarten Südlukamiens (Os dialectos de Lucania do sur, 1939), Romanische Sprachwissenschaft (Lingüística románica, 1972), pero insistindo cada vez máis nas relacións entre lingua e literatura, Handbuch der literarischen Rhetorik (Manual da retórica literaria, 1973), Elemente der Literischen Rhetorik (Elementos de retórica literaria, 1977).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Biólogo estadounidense. En colaboración con Tatum descubriu a recombinación xenética en E. coli. Xunto con N. D. Zinder, descubriu a transdución bacteriana e realizou experimentos decisivos sobre recombinación xenética ao facer actuar ADN libre sobre determinados virus e bacterias. Foi un dos iniciadores da bioloxía espacial e do estudo das posibilidades de vida noutros planetas. En 1958 recibiu, xunto con George Wells Beadle e Edward Lawrie Tatum, o Premio Nobel de Fisioloxía e Medicina polos seus traballos de xenética bacteriana.
VER O DETALLE DO TERMO