"Bié" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 200.

  • GALICIA

    Bordador. Das súas obras destacan diversas pezas para a igrexa de Santa María de Alón en Santa Comba (1630) e para a de Santo Andrés en Santiago de Compostela (1633). Nesta cidade tamén traballou para a capela do Hospital Real (1639), así como para a catedral, entre 1649 e 1658. En 1654 realizou para a confraría de San Tomé un pendón de raso.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Relixioso franciscano. Foi gardián do convento de San Francisco da Coruña e examinador sinodal na diocese de Santiago de Compostela. Apoiou a loita contra os franceses e defendeu a opción dunha monarquía moderada. Publicou El conquistador y defensor de España, Santiago el Mayor. Oración panegírica que en la iglesia de San Felipe el Real de esta corte, por la Real Congregación de naturales y originarios del nobilísimo Reino de Galicia, pronunció en 25 de julio de 1806 el P. Fr. (1806) e Religión y Constitución hermanadas (1820).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Militar e escritor. Comandante de artillaría, tras o seu retiro instalouse en México, onde fundou El Debate e   España con honra. Con motivo da doazón da súa biblioteca particular á Deputación de Lugo, organizouse unha exposición de incunables do s XVI (1952). Publicou Gotas de agua pasada (1929) e La mística democrática. Sus orígenes y sus ilusiones (1943).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Relixioso. Foi inquisidor de Galicia e València e cóengo lectoral e vigairo capitular de Santiago de Compostela. Escribiu Elucida et elegans interpretatio ad Bullam Alexandri III P.M. de Jubileo D. Jacobi unici Hispaniarum Patroni (1628) e Comentarios sobre las Constituciones capitulares.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Asociación que naceu en marzo de 1990 na vila de Corullón co obxectivo inmediato de establecer o galego como materia de aprendizaxe optativa no ensino primario, sen descartar outras reivindicacións como a administración bilingüe e calquera aspecto relativo á promoción do uso social do galego nos concellos próximos a Galicia. Unha das organizacións que participou na creación da MDGB foi a Asociación Cultural Escola de Gaitas de Vilafranca, que naceu en 1981 como aula de música do Instituto de Cultura Popular Gilberno N. Ursino, e que en 1986 se legalizou como asociación cultural. Organizou en 1990, en colaboración co club cultural vigués Adiante, o II Congreso da Lingua e a Cultura Galegas en Asturias, León e Zamora.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Relixioso. Freire desde 1689, foi mestre de obras, arquiveiro do mosteiro de San Martiño ; Pinario, prior e mordomo de Tenorio e prior de Carboeiro (1713-1733).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Soprano. Pasou a primeira infancia en Santiago, pero aos oito anos os seus pais levárona a Italia, xunto coa súa irmá Francisca, tamén cantante. En 1808 debutou en Venecia e, logo de triunfar en Italia, chegou a ser unha das sopranos máis apreciadas en España. As irmás Moreno están consideradas como as introdutoras de Gioacchino Rossini no noso país, con L’Italiana in Algeri, primeira ópera deste compositor que se escoitou en Madrid (1916).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Cantautor e escritor. Formou o grupo Les Mecaniciens en 1990 e posteriormente iniciou unha carreira en solitario con cancións en que introduce poemas de coñecidos autores vascos. Da súa discografía cómpre salientar Boza barruan (1994), Fiordoan (1999) e Enegarren postala (2003). No apartado literario, foi un dos fundadores do club literario Emak Bakia e é autor dos libros infantís Sei lagun, sei sekretu (1994) e Asteburu bat tren zaharrean (2004), e dos relatos Bizitza pusketak (1996) e Laura Kanpoan da (1999).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Ilustrado, conde de Peñaflorida. Dirixiu a Sociedad Económica Bascongada de Amigos del País, centro de pensamento ilustrado. Publicou Los aldeanos críticos (1758) e Ensayo de la Sociedad bascongada de amigos del país (1766).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Relixioso. Ingresou na Congregación da Misión de San Vicente de Paúl en 1907 e dedicouse ao ensino e á investigación histórica. Escribiu numerosas obras, das que destacan Resumen histórico de la Congregación de la Misión en España desde 1704 a 1868 (1923), El Santuario de Nuestra Señora de los Milagros. Apuntes históricos (1929) e Colección de documentos para la Historia de la Congregación en España. T. I. (1702-1835) (1932).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Relixioso dominicano. Estivo destinado en Portugal onde exerceu a cátedra de Teoloxía e foi misioneiro en América Latina. Exerceu de director xeral do Centro Gallego de Bos Aires e colaborou en distintas publicacións. Da súa produción destacan Cosas de ultratumba, Lirios negros e Apología de un ajusticiado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arqueólogo. Director do Museo das Peregrinacións, foi subdirector xeral do Instituto de Conservación e Restauración de Bens Culturais da Xunta de Galicia e dirixiu os traballos arqueolóxicos do xacemento castrexo de San Cibrao de Las (Punxín e San Amaro). Escribiu, entre outros, De ourivesaría castrexa (1982) e Sellos de alfarero en Terra Sigillata Itálica encontrados en Mérida (1990).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xurista e político. Militante do Partido Moderado, foi deputado ás Cortes pola provincia de Lugo (1843-1844), polo distrito da Coruña (1863-1868) e vicepresidente do Congreso de los Diputados. Foi un dos avogados máis acreditados da Coruña e decano do Colexio Provincial de Avogados da Coruña en tres ocasións entre 1858 e 1875. Fundou e dirixiu na Coruña el Boletín Judicial de Galicia (1860).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Sacerdote. Estudou no Seminario Conciliar de Tui e ordenouse presbítero en 1862. En 1867 instalouse en Cuba, onde foi capelán do Hospital Real de San Juan de Dios. Ao longo da súa estancia en América rexeitou diversos curatos e foi tenente-vigairo da cidade de Veracruz (México), derradeiro cargo que ocupou. En 1883 regresou a Salcidos. No seu testamento, despois de facer diferentes legados, destinou parte dos seus bens á fundación en Salcidos dun hospital e asilo de pobres, convertido actualmente en Escola Taller. Publicou Sermón panegírico del glorioso patriarca San José, predicado en Santa Teresa de la Habana el último día de la novena (1875).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor. Estudou na Escuela Superior de Bellas Artes de San Fernando de Madrid e nos anos corenta instalouse en Granada. Destacado debuxante e retratista, revolucionou a arte sacra cos seus Cristos crucificados, caracterizados pola forza e o esgazamento expresivo. Realizou numerosos retratos e grandes lenzos como o de san Damián de Molokai, apóstolo dos leprosos, ademáis de Retrato de gitana (1928) e El peregrino de la paz. Recibiu a primeira medalla da Exposición Nacional de Bellas Artes (1952). Pertenceu á Real Academia de Bellas Artes de Nuestra Señora de la Angustia de Granada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Programa das Nacións Unidas xurdido da Conferencia de Estocolmo (1972) e creado coa finalidade de velar polo equilibrio ecolóxico dos océanos, a prevención da erosión dos solos, a mellora das augas e a calidade da vida rural e urbana. Ten a súa sede en Nairobi.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor e mestre. Autor especializado en literatura infantil e xuvenil, traballou como guionista para RNE e presidiu a Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil (GALIX). Publicou O misterio das badaladas (1986), en que introduce o elemento da intriga; Cun ollo aberto e outro sen cerrar (1986), unha serie de relatos; A chave das noces (1988), unha novela xuvenil en que trata o xénero negro; O armario novo de Rubén (1989), en que inclúe elementos humorísticos nun relato áxil; Roxelio e a couza (1991), en que inclúe dous relatos sobre animais dirixidos ao público infantil; O país durminte (1993), unha narración en que se mestura a fantasía e a épica; e Cando petan na porta pola noite (1994, Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil); e as novelas O pazo baleiro (1997), O home que inventou unha maneira de andar (1998)...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Sindicalista e político. Obreiro metalúrxico de profesión, durante o Franquismo foi detido pola súa afiliación á UGT e desterrado a Las Hurdes. Foi secretario xeral da UGT (1976-1994) e en 1974 rexeitou o cargo de secretario xeral do PSOE, aínda que foi membro da súa comisión executiva (1970-1977) e deputado por Bizkaia no Congreso (1977-1987). Dimitiu como deputado e rompeu as relacións UGT-PSOE por desavinzas coa política económica e laboral do goberno socialista.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Relixioso beneditino. Foi prior e arquiveiro cara a 1721 no mosteiro de San Xián de Samos, onde tamén foi abade (1733-1737). Atribúeselle Relación sucinta de los sucesos principales del Real Monasterio de San Julián de Samos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Crítico da arte. Colaborador de Arte y Hogar, El Español, La Estafeta Literaria e Tajo, foi académico correspondente da Real Academia Galega.

    VER O DETALLE DO TERMO