Puente Docampo, Xabier
Escritor e mestre. Autor especializado en literatura infantil e xuvenil, traballou como guionista para RNE e presidiu a Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil (GALIX). Publicou O misterio das badaladas (1986), en que introduce o elemento da intriga; Cun ollo aberto e outro sen cerrar (1986), unha serie de relatos; A chave das noces (1988), unha novela xuvenil en que trata o xénero negro; O armario novo de Rubén (1989), en que inclúe elementos humorísticos nun relato áxil; Roxelio e a couza (1991), en que inclúe dous relatos sobre animais dirixidos ao público infantil; O país durminte (1993), unha narración en que se mestura a fantasía e a épica; e Cando petan na porta pola noite (1994, Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil); e as novelas O pazo baleiro (1997), O home que inventou unha maneira de andar (1998) e A casa da luz (2002). Tamén De cores e de amores (2005), A noite das filantes (2009), A illa de todas as illas (2013) e A nena do abrigo de astracán (2017).
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Rábade