"Bol" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 626.

  • PUBLICACIÓNS

    Publicación que apareceu en Pontevedra no ano 1914.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación que saíu en Santiago no ano 1909 co gallo dunha exposición rexional.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Boletín que apareceu na vila luguesa de Meira en 1910. Esta publicación trataba cuestións agropecuarias, relativas ao mercado gandeiro principalmente, da Federación que unía as Sociedades e Sindicatos agrícolas de Meira, Riotorto e Vilameá.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación que apareceu probablemente nos anos trinta do s XX na cidade da Coruña. Segundo algúns investigadores, foi dirixida por Enrique María Santos Bugallo. A información que contiña referíase ao balance da Federación nos últimos meses e a proxectos inmediatos. Prestaban especial atención á información sobre o gando. Este boletín foi considerado como continuador das revistas Galicia Agraria e Galicia Social Agraria. Publicábase un editorial titulado “Con España y con el caudillo”, xunto cunha serie de slogans de tipo cooperativista e patriótico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Quincenario da cidade de Tui que viu a luz no ano 1919 baixo a dirección de Antonio Cerviño González. Cesou en agosto do ano seguinte. Entre os seus colaboradores figuraban Vicente Rivadeneira e Martín Lázaro Calvo. As diferentes seccións que conformaban esta publicación eran “Artículos divulgativos”, de temática agrícola e pecuaria, “Legislación”, “Noticias generales”, “Conocimientos útiles” e “Mercados”. A pesar de que a tiraxe era de 800 exemplares, a súa difusión real debeu ser moi escasa. Cando deixou de publicarse este boletín, o xornal La Integridad sacou unha especie de suplemento para dar conta dos acordos da Federación; este saíu por primeira vez o 1 de febreiro de 1921. No ano 1922 iniciouse unha segunda etapa do boletín que, a partir dese momento, sería chamado Boletín de la Federación Católico-Agraria de Tuy.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • SEMANARIOS

    Semanario que apareceu en Santiago de Compostela probablemente o 1 de novembro do ano 1918, e desapareceu non antes do mes de febreiro de 1923. Como director figuraba Jacobo Varela Limia e entre os colaboradores estaban o galeguista Rof Codina, Mario Labarta e Nicolás García de los Salmones. As diferentes seccións eran “Editorial”, que contiña información sobre a CNCA e artigos de formación sindical, “Noticias” onde se recollía a información sobre actos dos sindicatos federados, artigos técnicos sobre o gando, enfermidades, coidados das terras ou fertilizado, e unha sección de “Avisos” dirixida aos sindicatos con respecto ás mercancías do almacén cooperativo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación que saíu en Tui no ano 1922. Este boletín representaba a opinión da extrema dereita agrarista, moi influenciada polo Ordoñismo e polo bispado, nuns anos críticos para o campesiñado da comarca.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación de inspiración socialista que apareceu editada en Vigo a finais de decembro de 1905. Este boletín serviu de voceiro da importante federación obreira da cidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación bilingüe que saíu do prelo o día 1 de agosto de 1919 na vila de Mondoñedo. O boletín, de periodicidade quincenal, estaba dirixido por Antonio Maseda Bouso. Como colaboradores figuraban Adalberto Alonso de Llera, Ramón Blanco, Rof Codina e Rivas Moreno. Estaba especializada en temas agrícolas e sindicais, e trataba cuestións técnicas, sobre todo aspectos ideolóxicos e informativos para a revista Acción Social coa que se repartía conxuntamente. O último número coincide coa desaparición da citada revista.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación de periodicidade mensual editado pola Federación Regional Española de Sociedades de Resistencia (FRSER). Durante a etapa aragonesa da federación saíron á rúa 5 números. Posteriormente, editarónse dous máis na Coruña, en novembro de 1905 e xaneiro de 1906, cunha tiraxe de 1.000 exemplares. De carácter estritamente interno para as sociedades, nas súas páxinas colaboraron militantes anarcosindicalistas herculinos como Santiago Serrapio, Juan No e Sabino Alfonsín.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación que se editou na Coruña a comezos do século XX. En 1902 recibiu un premio nun concurso de xornais agrícolas que convocou a Asociación de Agricultores de España e a Cámara Agrícola de Madrid.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Órgano oficial da ILE (Institución Libre de Enseñanza) que saíu á luz o 7 de marzo de 1877, con catro páxinas a dúas columnas. Despois dalgúns cambios, en 1893 adquiriu o formato definitivo de 32 páxinas e periodicidade mensual. O artigo 15 dos Estatutos serve de introdución a todos os boletíns, onde indica os principios ideolóxicos da publicación. O primeiro director foi Francisco Giner de los Ríos (1877-1881), a quen sucederon Joaquín Costa (1881-1884), José de Caso (1884-1904), Ricardo Rubio (1904-1910), Adolfo Posada (1910-1917), outra vez Rubio (1917-1926), continuando posiblemente ata 1934, ano no que parece ser que se fixo cargo Ontañón. Ata 1889 constaba de trece seccións que se reduciron a tres: Pedagoxía, Enciclopedia e Institución. A sección máis favorecida por firmas relevantes foi a de Pedagoxía, na que tiveron cabida as novas correntes pedagóxicas. Destaca o gran número de colaboradores estranxeiros defensores da nova pedagoxía, Claparède, Coussinet, Decroly, Dewey,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación que apareceu en Lugo no ano 1932.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista que saíu na Coruña en outubro de 1958. A súa periodicidade era mensual nun principio e despois pasou a ser bimensual. Figuraban como colaboradores Manuel Santaella, Xosé Luis Mariño Cea e César Martín, entre outros. Como publicación de tendencia falanxista e fascista as noticias que recollía estaban relacionadas con organizacións como Falange, a Sección Femenina, a Frente de Juventudes, a Organización Sindical, etc. As diferentes seccións que recollía eran “La vieja guardia”, “Cruz y espada”, “Noticias trascendentales” e “Doctrina”. A revista, no seu primeiro número, publicou na portada un poema de Manuel Machado titulado “Francisco Franco” xunto cunha fotografía do ditador.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación que apareceu en Vigo no ano 1895.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación aparecida probablemente da Coruña nos anos 1839-1840 e 1842-1845. Foi editada na imprenta do fillo de Pascual Arza, coñecido impresor do século XIX en Galicia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación aparecida en Pontevedra arredor do ano 1864. Foi editada na nova compañía de impresores que formaron os irmáns Vilas, Núñez Pazos e J. Antonio Antúnez, chamada Antúnez, Vilas y Cía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación aparecida na cidade de Lugo a finais do século XIX. Editouse durante varios anos na imprenta de Juan Antonio Menéndez, libreiro de ideoloxía liberal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación aparecida o 20 de maio de 1906 e editada na cidade da Coruña. A partir do 20 de setembro de 1906 (nº 5) titulouse Boletín de la Real Academia Gallega. O seu primeiro director foi Manuel Murguía, e segundo algúns investigadores os primeiros colaboradores foron, case exclusivamente, membros da Real Academia Gallega. Tiña unha estrutura determinada, con seccións organizadas en “Estudios”, “Documentos galegos”, “Bibliografía”, “Sección oficial” e “Publicacións recibidas”. Nos comezos predominaban os discursos e as noticias da “Sección oficial”, pero o boletín foi adquirindo un carácter máis científico. Son de especial interese as numerosas recompilacións de literatura popular (como a serie do cancioneiro de Muros recollida por M. Fabeiro), as transcricións de textos medievais como o Flos sanctorum, estudios de tipo bibliográfico, certas traducións ao galego, etc. Frecuentemente apareceron estudios monográficos sobre autores do século XIX. Algúns monográficos eran...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación de carácter oficial editada na Coruña na primeira década do século XX. Tiña periodicidade mensual. As súas informacións daban conta do estado xeral dos campos e das colleitas en Galicia e Asturias. Incluía tamén datos de producións, feiras e mercados. É significativa a sección relativa a prezos agrícolas.

    VER O DETALLE DO TERMO