Boletín de la Federación Católico-Agraria de Santiago
Boletín de la Federación Católico-Agraria de Santiago
Semanario que apareceu en Santiago de Compostela probablemente o 1 de novembro do ano 1918, e desapareceu non antes do mes de febreiro de 1923. Como director figuraba Jacobo Varela Limia e entre os colaboradores estaban o galeguista Rof Codina, Mario Labarta e Nicolás García de los Salmones. As diferentes seccións eran “Editorial”, que contiña información sobre a CNCA e artigos de formación sindical, “Noticias” onde se recollía a información sobre actos dos sindicatos federados, artigos técnicos sobre o gando, enfermidades, coidados das terras ou fertilizado, e unha sección de “Avisos” dirixida aos sindicatos con respecto ás mercancías do almacén cooperativo.