"Deo" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 204.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Casquete de seda que usan algúns eclesiásticos, de cor negra nos sacerdotes, violeta nos bispos, vermella nos cardeais e branca no papa.
-
PERSOEIRO
Pintor italiano. Seguidor de A. Lorenzetti, divulgou o seu estilo máis alá dos límites de Siena e da mesma Toscana. Ten obras nas catedrais de San Gimignano e de Montepulciano e no Palazzo Pubblico de Siena.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor francés. Estudou leis civís e canónicas en París e exerceu como conselleiro, antes de introducirse nos círculos literarios. Asiduo ao Hôtel de Rambouillet, chegou a ser confidente da marquesa de Rambouillet. As súas Historiettes (1835) reflicten este ambiente mundano.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Que ou quen tondea.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Denominación de Orixe recoñecida pola orde do 24 de febreiro de 1977 do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación (MAPA). A orde do 18 de febreiro de 2000 da consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria modificou o seu regulamento que foi ratificado polo MAPA. A zona amparada para a produción de viño con esta denominación atópase ao NL da provincia de Ourense e abrangue os concellos do Barco de Valdeorras, O Bolo, Carballeda de Valdeorras, Larouco, Petín, A Rúa, Rubiá e Vilamartín de Valdeorras. A variedade de vide branca preferente é godello, e autorízase a Dona Branca e Palomino; de vide negra a preferente é mencía e autorízanse a Garnacha ou Alacante, Gran Negro e María Ardoña ou Merenzao. Os viños son monovarietais de casta Godello en brancos e Mencía en tintos. Os primeiros son de intenso aroma e teñen unha acidez elevada, e os segundos son de cor vermella-cereixa.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xosé Camilo Fernández González.
-
GALICIA
Comarca de tipo rural situada ao NL da provincia de Ourense e ao SL da Comunidade Autónoma de Galicia. Limita ao N coa provincia de León (municipios de Oencia e Sobrado), ao S coa comarca de Viana (concello de Viana do Bolo) e a provincia de Zamora (municipios de Porto e San Justo), ao L, novamente coa provincia de León (municipios de Puente de Domingo Flórez, Benuza e Encinedo), e ao O coas comarcas de Quiroga (concello de Quiroga) e Terra de Trives (concello de Manzaneda). Abrangue unha superficie de 882,4 km2, en que acolle unha poboación de 28.733 h (2001), distribuída entre os concellos do Barco de Valdeorras (85,7 km2, 12.959 h [2001]), O Bolo (91,2 km2, 1.327 h [2001]), Carballeda de Valdeorras (222,7 km2, 2.129 h [2001]), Larouco (23,7 km2, 588 h [2001]), Petín (30,5 km2, 1.131 h [2001]), A Rúa (35,9 km2, 5.041 h [2001]), Rubiá (100,7 km2, 1.734 h [2001]), A Veiga (290,5 km2, 1.367...
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente á comarca de Valdeorras ou aos seus habitantes.
-
Natural ou habitante da comarca de Valdeorras.
-
-
MUNICIPIOS
Municipio de Asturias, situado ao L da ría de Ribadeo, no límite con Lugo (4.561 h [2001]). A agricultura, a gandaría e a industria alimentaria e de maquinaria agrícola son as principais actividades económicas.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Termo da verba dos arxinas que corresponde á voz ‘sangue’.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo da xerga dos cesteiros de Mondariz que corresponde á voz ‘herba’.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo da xerga dos cesteiros de Mondariz que corresponde á voz ‘verdura’.
-
-
Relativo ou pertencente aos vermídeo.
-
Animal do grupo dos vermídeos.
-
Grupo heteroxéneo de animais que teñen en común unicamente a súa semellanza aos vermes. Este grupo inclúe, entre outros, os ectoproctos, os braquiópodos, os gastrotricos ou os quinorrincos.
-
-
-
-
Técnica que permite gravar imaxes e sons nun soporte magnético.
-
Aparato que rexistra e reproduce imaxes e sons.
-
-
Programa de vídeo que pode ser controlado polo mesmo usuario mediante un ordenador. O usuario deixa de ser un receptor, para chegar a ser á vez un emisor de mensaxes que recibe respostas do aparello co que interacciona.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Forma prefixada de orixe latina que se emprega na formación de palabras para facer referencia á imaxe de televisión.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Actividade artística baseada no aproveitamento das posibilidades de comunicación que ofrece o medio televisivo e o vídeo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
cinta de vídeo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Curtametraxe rodada en vídeo que ilustra unha canción, unha composición musical, etc. Adoita ter unha duración duns tres minutos, podendo ter fío argumental ou non. Co paso do tempo converteuse nun produto musical con entidade propia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Tenda que aluga ou vende cintas de vídeo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Modalidade de utilización das redes de ordenadores para permitirlles aos usuarios que se comuniquen en tempo real.