"Ende" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 379.

  • PERSOEIRO

    Director de orquestra, compositor e pianista de jazz estadounidense. En 1932 formou a primeira grande orquestra, na que colaboraron músicos de sona como L. Armstrong e R. Eldridge. A metade da década de 1930 traballou como compositor para outros directores.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ecuación que expresa a variación do valor do pH nun proceso de neutralización en función da constante de acidez K<J>A</J> e da relación C<J>S</J> /C<J>A</J> entre as concentracións de sal e ácido, segundo a fórmula pH = pK<J>A</J> + log (C<J>S</J> /C<J>A</J>). Esta ecuación é só aplicable para os valores de pH entre 4 e 10.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do estado de Missouri, EE UU, situada ao L da aglomeración urbana de Kansas City (112.300 h [1990]).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade de independente.

      1. Situación ou condición de independente.

      2. Situación dunha colectividade, dun pobo ou un país, que non é tributario nin depende doutro.

    2. Relación entre dous acontecementos A e B dun espazo de probabilidade en que se cumpre que a posibilidade de que se dean A e B ao mesmo tempo é igual ao produto das probabilidades de que se dean A e B independentemente, é dicir, P(A3B) = P(A) · P(B). Cando iso se cumpre, os acontecementos A e B denomínanse independentes.

    3. Propiedade da que goza unha familia de funcións f 1 , f 2 ,..., f n cando non existe ningunha función F tal que F(f 1 , f 2 ,...f n ) = 0, onde (F(f 1 ,f 2 ,...,f n )) (x) = F(f 1 (x), f 2 (x),..., f n (x)).

    4. Relación entre un conxunto de vectores nun espazo vectorial E sobre un corpo C,  tales que calquera combinación lineal igual a cero implica que todos os coeficientes son nulos. Os vectores son, daquela, linealmente independentes. Un conxunto de vectores linealmente independentes pódese ampliar para formar unha base dun espazo vectorial. A propiedade oposta á independencia lineal é a dependencia lineal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Provincia da República Dominicana (2.006 km2; 39.541 h [1993]). A súa capital é Jimaní (2.315 h [1975]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conflito armado sostido polos españois fronte á invasión napoleónica, entre 1808 e 1814. A entrada de tropas francesas en territorio español con destino á invasión de Portugal provocou o descontento popular, que se reflectiu no estoupido do Motín de Aranjuez (17-18 de marzo de 1808). A revolta converteuse en guerra tralas abdicacións en Baiona dos monarcas españois (2-6 de maio), que culminou co levantamento do pobo de Madrid o 2 de Maio. Durante o mes de xuño a insurrección estendeuse por todo o país. Xunto ás tropas españolas, que contaban co apoio británico, loitaba un movemento guerrilleiro coñecido en España como tal desde este conflito. A derrota do exército francés na Batalla de Bailén (19 de xullo) provocou o abandono do trono de Xosé I Bonaparte, proclamado rei por Napoleón, e a intervención directa deste no conflito. Coa derrota francesa na Batalla dos Arapiles (xullo de 1812) comezou a grande ofensiva hispano-inglesa, que culminou coas vitorias de Vitoria e San Marcial. Trala...

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Aplícase á cousa que non depende doutra.

      2. Aplícase a unha nación ou a un estado que goza de independencia política.

    1. Que non ten relación ou conexión con outra cousa.

    2. Que pode expresar libremente as súas opinións e actitudes.

    3. Que non necesita da axuda, compañía ou afecto de ninguén.

    4. Que ou quen intervén en política sen pertencer a ningún partido.

    5. Que é propio da persoa ou cousa independente.

    6. Que non depende de ningún outro elemento lingüístico como, por exemplo, a oración principal.

    7. Movemento teatral que se desenvolveu en toda España nas décadas de 1960 e 1970, moi vinculado ao teatro universitario, que supoñía unha resposta ao teatro comercial, ancorado nunha estética anticuada e na produción de textos sen ningunha referencia aos diversos conflitos derivados da ditadura política e militar de F. Franco, da ausencia de liberdades e do atraso social, cultural e económico do país. En Galicia, o movemento iniciou a súa andaina a finais da década de 1960 coa creación na Coruña do grupo O Facho, ao que se sumaron durante a década de 1970 colectivos diversos, como Esperpento Teatro Joven, Teatro Circo, Troula, Teatro Antroido, A Farándula ou Histrión 70. O teatro independente, caracterizado pola creación colectiva e por ser itinerante, foi o motor dunha fonda renovación teatral e da promoción de novos autores, directores, actores e escenógrafos, e de colectivos aínda en activo, como Els Joglars, Els Comediants ou La Cuadra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Movemento que pretende acadar a independencia ou separación dun pobo, país ou nación do estado en que está incluído. As primeiras organizacións independentistas galegas creáronas colectivos galegos no exterior. En 1921 formouse en La Habana o Comité Revolucionario Arredista Galego (CRAG), primeira organización galega declaradamente independentista, liderada por Francisco Gómez. Posteriormente, en 1926, iniciouse en Bos Aires a edición do xornal independentista A Fouce, impulsado por un grupo integrado na Irmandade Nazonalista Galega. En 1930 creouse en Bos Aires a organización independentista Sociedade Nazonalista Pondal, disolta en 1938. Mentres, en Galicia constituíuse a Vangarda Nazonalista Galega (1933), primeira organización independentista do interior. Entre os movementos opositores ao franquismo desde o independentismo constituíuse, en novembro de 1963, a Unión do Pobo Galego (UPG), onde confluíron o galeguismo e o marxismo-leninismo. A UPG estableceu contactos con forzas...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao independentismo.

    2. Seguidor do independentismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Cargo de intendente.

    2. Oficina do intendente.

    3. Circunscrición administrativa dependente do intendente, tamén denominada provincia. Foi introducida na coroa española por Filipe V a imitación das intendencias francesas.

      1. Corpo e servizo dos exércitos encargado de proprocionar alimentos, roupas e materiais ás tropas, ademais de administrar os cartos e realizar os pagos (soldos e adquisicións).

      2. Abastecemento e administración dun grupo de persoas.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Funcionario encargado dunha administración.

      2. Oficial encargado dos servicios de admistración nos exércitos.

    1. Funcionario administrativo, nas monarquías borbónicas de Francia e España, que presidía unha intendencia. A súa función era a de administrar o exército, aínda que posteriormente se lle outorgaron atribucións de tipo fiscal, policiais e de xustiza. Perdeu moitas destas atribucións a partir de 1846 e desapareceu en 1849, ao ser creado o cargo de gobernador civil.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Dependencia recíproca.

    2. En glosemática, dependencia mutua de dous termos, de maneira que un implica o outro e viceversa. Ambos os dous termos son, polo tanto, constantes. O fenómeno chámase de solidariedade cando se produce no texto, e de complementariedade cando se produce no sistema.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ten interdependencia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do verbo dos daordes, ou xerga dos telleiros, que corresponde á voz ‘orella’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calidade de intranscendente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que non é transcendente ou carece de importancia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do il de Hatay, Turquía (160.000 h [estim 2000]). Está situada no extremo NL do Mar Mediterráneo, ao pe dos montes de Amanos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome turco do río Büyük Menderes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado entre as parroquias de Queixeiro, Arcos e Peibás (Antas de Ulla). O seu cumio acada os 649 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Leiro baixo a advocación de san Miguel.

    VER O DETALLE DO TERMO