independencia

independencia

(< 1 in- +dependencia)

  1. s f

    Calidade de independente.

    Ex: Apoiamos a independencia das súas decisións.

  2. s f
    1. Situación ou condición de independente.

      Ex: Vive con independencia.

    2. [POLÍT]

      Situación dunha colectividade, dun pobo ou un país, que non é tributario nin depende doutro.

  3. independencia estocástica [MAT]

    Relación entre dous acontecementos A e B dun espazo de probabilidade en que se cumpre que a posibilidade de que se dean A e B ao mesmo tempo é igual ao produto das probabilidades de que se dean A e B independentemente, é dicir, P(A3B) = P(A) · P(B). Cando iso se cumpre, os acontecementos A e B denomínanse independentes.

  4. independencia funcional [MAT]

    Propiedade da que goza unha familia de funcións f 1 , f 2 ,..., f n cando non existe ningunha función F tal que F(f 1 , f 2 ,...f n ) = 0, onde (F(f 1 ,f 2 ,...,f n )) (x) = F(f 1 (x), f 2 (x),..., f n (x)).

  5. independencia lineal [MAT]

    Relación entre un conxunto de vectores nun espazo vectorial E sobre un corpo C,  tales que calquera combinación lineal igual a cero implica que todos os coeficientes son nulos. Os vectores son, daquela, linealmente independentes. Un conxunto de vectores linealmente independentes pódese ampliar para formar unha base dun espazo vectorial. A propiedade oposta á independencia lineal é a dependencia lineal.

Refráns

  • Cada paxariño fai o seu niño.
  • Cada rato ten o seu burato.
  • Cada rato ten o seu niño e cada muller o seu abrigo.
  • Non hai mellar medianeiro que cada un por si mesmo.
  • Vale máis arrieiro dunha besta que criado dunha recua.