independencia
(< 1 in- +dependencia)
-
s
f
Calidade de independente.
Ex: Apoiamos a independencia das súas decisións.
-
s
f
-
Situación ou condición de independente.
Ex: Vive con independencia.
-
[POLÍT]
Situación dunha colectividade, dun pobo ou un país, que non é tributario nin depende doutro.
-
-
independencia estocástica
[MAT]
Relación entre dous acontecementos A e B dun espazo de probabilidade en que se cumpre que a posibilidade de que se dean A e B ao mesmo tempo é igual ao produto das probabilidades de que se dean A e B independentemente, é dicir, P(A3B) = P(A) · P(B). Cando iso se cumpre, os acontecementos A e B denomínanse independentes.
-
independencia funcional
[MAT]
Propiedade da que goza unha familia de funcións f 1 , f 2 ,..., f n cando non existe ningunha función F tal que F(f 1 , f 2 ,...f n ) = 0, onde (F(f 1 ,f 2 ,...,f n )) (x) = F(f 1 (x), f 2 (x),..., f n (x)).
-
independencia lineal
[MAT]
Relación entre un conxunto de vectores nun espazo vectorial E sobre un corpo C, tales que calquera combinación lineal igual a cero implica que todos os coeficientes son nulos. Os vectores son, daquela, linealmente independentes. Un conxunto de vectores linealmente independentes pódese ampliar para formar unha base dun espazo vectorial. A propiedade oposta á independencia lineal é a dependencia lineal.
Refráns
- Cada paxariño fai o seu niño.
- Cada rato ten o seu burato.
- Cada rato ten o seu niño e cada muller o seu abrigo.
- Non hai mellar medianeiro que cada un por si mesmo.
- Vale máis arrieiro dunha besta que criado dunha recua.